GALERÍA: Cabalgata de Reis 2024
GALERÍA: Cabalgata de Reis 2024 Repasa aquí algunhas das mellores imaxes que nos deixaron as súas Maxestades de Oriente ao seu paso pola Estrada.
GALERÍA: Cabalgata de Reis 2024 Repasa aquí algunhas das mellores imaxes que nos deixaron as súas Maxestades de Oriente ao seu paso pola Estrada.
Avanza a reparación dos desperfectos ocasionados polas obras en Nigoi e Tabeirós logo de que a veciñanza os comunicara ao Concello Os traballos para a reparación dos distintos desperfectos ocasionados durante o desenvolvemento das obras para dotar de abastecemento as parroquias de Tabeirós e Nigoi avanzan a bo ritmo e na actualidade xa se atopan próximas ao seu remate. O Concello da Estrada, malia non tratarse dunha actuación municipal, levou a cabo os trámites pertinentes coa empresa responsable da mesma para pórlle solución ás incidencias ocasionadas tanto en terreos públicos como privados. Ditas reparacións xa se atopan nun estado moi avanzado e agárdase que logo dos festexos de Reis poidan resolverse todas aquelas incidencias que xa foron pertinentemente notificadas e identificadas. Ademais, desde o goberno local indican que toda a veciñanza afectada e que aínda non trasladara a súa problemática poderá facela poñéndose en contacto co Concello para deste xeito trasladarlle a notificación á empresa encargada dos traballos. O edil Gonzalo Louzao remarca que aínda que os traballos non sexan de titularidade municipal “o Concello fará sempre todo o posible para que a veciñanza poida dispor das mellores condicións”, e incide en que os veciños que sufriran desperfectos “se poñan en contacto co concello para poder darlle solución”.
Os Reis Magos percorrerán as rúas estradenses acompañados polo Carboeiro e diversa animación musical • As súas Maxestades de Oriente iniciarán a súa cabalgata ás 18:00 horas xunto coa Banda Municipal da Estrada, o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso e Banda de Gaitas de Barbude. • Tamén haberá cabezudos e lanzaranse caramelos sen glute para garantir o consumo de todas as persoas. • En caso de que as condicións meteorolóxicas impidan realizar a cabalgata realizarase unha recepción no Teatro Principal. O Concello da Estrada acollerá o vindeiro venres, 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos que percorrerán as rúas do casco urbano estradense antes de visitar os fogares para deixar os agasallos. A cabalgata dará comezo a partir das 18:00 horas coa saída da comitiva real desde o centro de saúde, na zona da Baiuca, para percorrer nun total de cinco carrozas un itinerario que abarcará a rúa Varela Buxán, avenida Fernando Conde, rúa Ulla, rúa Calvo Sotelo, Praza de Galicia, rúa Peregrina, rúa Capitán Bernal, avenida de América, avenida Benito Vigo e recepción na praza do Concello. Na súa visita á Estrada estarán acompañados pola música dos integrantes do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, a Banda Municipal e a Banda de Gaitas de Barbude. Ademais nunha das carrozas irá o Carboeiro para identificar a eses cativos e cativas que non se portaron ben durante o ano e tamén acompañarán o desfile cabezudos. No desenvolvemento da cabalgata lanzaranse caramelos sen glute aptos para ser consumidos por persoas que padezan da enfermidade celíaca. Desde o Concello infórmase que no caso de choiva leve, e sempre cando as condicións así o permitan, as súas Maxestades realizarán a cabalgata sen o acompañamento musical, e no caso de que a climatoloxía impida a realización da xornada, realizarase unha recepción no Teatro Principal.
Os Reis Magos serán os protagonistas da programación cultural na primeira semana do 2024 O Concello da Estrada inaugura o 2024 cunha ampla variedade de actividades culturais que terá a cabalgata de Reis do vindeiro venres como acto central.Deste xeito, logo da representación da obra ‘Cuento de Navidad’ e a actividade ‘Galegas de Bailables’, programadas para a tarde do martes, mañá mércores será quenda para o obradoiro de música tradicional, que encherá de ritmo a rúa Ulla desde as 18:30 horas.O xoves haberá unha dobre sesión de actividades que darán comezo con ‘Paxes Reais’ de Troula Animación, ás 18:30 horas nas rúas Calvo Sotelo; Serafín Pazo; e na Prazoleta. Pola súa parte, a rúa Principal contará, tamén ás 18:30 horas, co espectáculo ‘Fartura de Nadal’, por conta de Rilo & Penadique.A cabalgata das súas Maxestades de Oriente, programada para dar comezo ás 18:00 horas deste venres, 5 de xaneiro, porá o punto e final á programación cultural desta semana inicial do 2024.
Unidade móbil inspección técnica vehículos A unidade móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desplazarase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e ubicacións: Descargar pdf. A unidade móbil 10 de inspección técnica de agrícolas, desplazarase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e ubicacións: Descargar pdf. A unidade móbil 6 de inspección técnica de turismos, desplazarase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e ubicacións: Descargar pdf.
A vixésimo sexta Miscelánea foi presentada con doce novos artigos que afondan na cultura e identidade estradense O MOME acolleu onte a presentación do vixésimo sexto número da Miscelánea, a publicación presentada polo Museo do Pobo Estradense ‘Manuel Fernández Portela’ suma ao seu xa amplo arquivo doce novos artigos que afondan no patrimonio local. O acto estivo conducido polo presidente do patronato e director da publicación, Juan Andrés Fernández Castro, quen foi o encargado de introducir a relación de autores e autoras que interviñeron no novo número da publicación. No acto tamén estivo presente a concelleira Amalia Goldar quen louvou “o traballo de todas as persoas que coa súa investigación permiten preservar a historia da nosa localidade e os seus tesouros naturais, patrimoniais e culturais”. O actual impreso conta coa participación de Carlos Miramontes Seijas, sacerdote nas parroquias de Arnois e Oia; de Luis Ferro Pego e Xosé Troiano Carril; Guillermo González Raviña ; Javier García Gómez; Henrique Neira; Ariadna Silva Fernández; Carmen María Sánchez Arines e Marga Fraga; José Bértolo Ballesteros; Juan Andrés Fernández Castro; e Ofelia Rey Castelao. Entre as temáticas tratadas inclúense estudos sobre elementos patrimoniais como a sepultura románica presente na igrexa de Arnois, análises de toponimia, a tradición dos campaneiros ou personalidades como as de Jacoba Ozores ou a mestra María del Carmen Castro Dono.
A Estrada despide o 2023 cunha semana chea de actividades varias para todos os públicos O Concello da Estrada poralle esta semana o punto e final ao 2023 cunha ampla oferta de actividades culturais e deportivas dirixidas para todo tipo de públicos. Mañá, mércores 27 de decembro, o Teatro Principal acollerá desde as 17:30 horas a representación da obra ‘Os Tres Porquiños’, por conta de Educa Teatro. A obra, dirixida ao público familiar, narra a popular historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus porquiños preferidos. Tamén mañá, a partir das 18:30 horas, Moa Quinteto levará a cabo unha actuación na Prazoleta.O xoves, día 28, a diversión virá da man de Filipa co Nadal, de Bandullo Azul na rúa Principal ás 18:00 e con Ce Orquestra Pantasma na rúa Principal e na Sala Abanca ás 19:00 horas. Pola súa parte, ás 21:00 horas, o Principal será o escenario do concerto tributo a Phill Collins por conta do grupo ‘In the Air Tonight’. A animación na rúa será a encargada de animar as tardes do venres e o sábado cos espectáculos O dentista, de Troula animación, na rúa Principal ás 18:30 e O Apalpador, de Os Monifates, na Prazoleta ás 19:30 horas, ambos o venres, e coa Fanfarria Taquikardia, o sábado nas rúas Calvo Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta desde as 18:30 horas. Finalmente, o domingo 31 será o protagonista da despedida do 2023 cunha dobre cita que se iniciará ás 09:30 horas coa saída da III San Silveira BTT e terá continuidade ás 17:00 horas co inicio da XIII San Silvestre Estradense. Ambas probas son de carácter non competitivo e para participar haberá que doar un kg de alimentos non perecedoiros.
Programación semanal – Teatro Principal OS TRES PORQUIÑOSEduca Teatro DÍA: Mércores 27 de decembroHORA: 17.30 h e 19:30 horasLUGAR: Teatro PrincipalXÉNERO: Musical infantilDURACIÓN: 50 minCATALOGACIÓN: Público familiarLINGUA: GalegoENTRADA: 6,00 € (Entrada anticipada en Cultura e ataquilla.com) Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus porquiños preferidos. Concerto tributo a Phill Collins DÍA: Venres 28 de decembro HORA: 21.00 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Música pop-rock CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS DURACIÓN: 90 min ENTRADA: 5,00 (venda de entradas no Dpto. Cultura) SINOPSE: Esta banda compostelá creada por Carlos “Pájaro” Arévalo recrea a música de Phil Collins na súa faceta solista e na súa etapa con Genesis. Temas como In the air tonight, Another day in paradise, You can’t hurry love, Sussudio, Easy lovers ou You’ll be in my heart, Dance on a Volcano, etc… serán tocados e cantados en riguroso directo por sete músicos que traerán ao Principal algúns dos mellores temas da historia do pop-rock internacional.
GALERÍA: Cabalgata de Papá Noel 2023 Papá Noel percorreu en cabalgata as rúas estradenses antes de visitar os fogares para agasallar aos máis cativos. Se estiveches no recibimento ao veciño máis ilustre de Laponia podes buscarte na seguinte galería!
A veciñanza estradense poderá seguir os plenos en directo grazas á implantación dun sistema de streaming O Concello da Estrada anuncia a implantación dun novo sistema de gravación e retransmisión dos plenos municipais. Este sistema, que entrará en vigor coa celebración da vindeira sesión plenaria, permitirá a todos os veciños e veciñas acceder ás mesmas en directo, promovendo unha maior transparencia. O novo sistema de gravación e retransmisión dos plenos fai emprego de tecnoloxía de última xeración para garantir a calidade e a fiabilidade das gravacións. As sesións plenarias gravaranse en alta definición e retransmitiranse en tempo real a través da páxina web municipal http://www.aestrada.gal. Este novo sistema de gravación e retransmisión dos plenos ofrece numerosos beneficios para os veciños. En primeiro lugar, aumenta a transparencia e a accesibilidade das sesións plenarias, o que permite á cidadanía estar mellor informada sobre todas as decisións tomadas. Ademais, o sistema tamén permite aos cidadáns acceder ás sesións plenarias desde calquera lugar e en calquera momento, o que aumenta a participación cidadá na vida política do municipio. O novo equipamento está composto por 4 cámaras; 2 cámaras PTZ (Pan-Tilt- Zoom) situadas nos laterais para primeiros planos ou planos cortos; unha cámara Panorámica; unha cámara para votacións. Ademais tamén inclúe un sistema de microfonía con unidade de debates dixital, unha plataforma de gravación e reprodución de vídeo. Tamén se xerará unha vídeoacta en formato electrónico cos documentos integrados e asinada de xeito electrónico, un portal de reprodución de vídeos onde visualizar as gravacións, minutadas por intervención e puntos. O edil de Novas Tecnoloxías, Conectividade e Reto Demográfico, Manuel Magariños, indica que con este novo sistema “búscase implicar á veciñanza nas sesións plenarias, co fin de que estean informados e sexan partícipes das decisións que se adoptan nestas”. Tamén recordou que coa implementación da retransmisión en directo “facilitamos o achegamento de todos os veciños e veciñas, evitando desprazamentos e garantindo que calquera persoa das 51 parroquias que integran o municipio poida ver os plenos desde o seu fogar”.