Cultura
Cultura - Premios literarios - Xornalístico
Menu
Close
Xornalístico
Premio Xornalístico “Manuel Reimondez Portela”
BASES
- Convócase a XXVIII edición do Premio Xornalístico “Manuel Reimóndez Portela”.
- O Premio outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de cinco), publicados en lingua galega en calquera dos medios de comunicación escritos.
- A dotación económica do Premio será de 1.000 €. O Premio estará suxeito ás correspondentes obrigas tributarias.
- Ao Premio poderán presentarse traballos publicados ata o 31 de setembro de 2023. O prazo de recepción rematará o 1 de novembro de 2023.
- Os autores e autoras ou calquera lector poderá enviar un exemplar dos traballos no que conste a data de publicación, autor ou autora e o medio ao seguinte enderezo electrónico: pxornalisticoreimondezportela@gmail.com
- O xurado cualificador estará integrado por membros do Comité de Seguimento do Premio, actuando un deles como presidente ou presidenta e outro como secretario ou secretaria con voz pero sen voto.
- A resolución do xurado cualificador será inapelable e darase a coñecer no seu momento. O premio entregarase na data e lugar que oportunamente se anunciará.
- O xurado poderá declarar deserto o Premio.
- A organización do Premio resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados.
- A participación nesta convocatoria supón a aceptación das bases.