Concello da Estrada

Programación semanal - Teatro Principal

OS TRES PORQUIÑOS
Educa Teatro

 

DÍA: Mércores 27 de decembro
HORA: 17.30 h e 19:30 horas
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical infantil
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: Público familiar
LINGUA: Galego
ENTRADA: 6,00 € (Entrada anticipada en Cultura e ataquilla.com)

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus porquiños preferidos.

Concerto tributo a Phill Collins

 

DÍA: Venres 28 de decembro

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal da Estrada

XÉNERO: Música pop-rock

CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS

DURACIÓN: 90 min

ENTRADA: 5,00 (venda de entradas no Dpto. Cultura)

SINOPSE: Esta banda compostelá creada por Carlos “Pájaro” Arévalo recrea a música de Phil Collins na súa faceta solista e na súa etapa con Genesis. Temas como In the air tonight, Another day in paradise, You can’t hurry love, Sussudio, Easy lovers ou You’ll be in my heart, Dance on a Volcano, etc… serán tocados e cantados en riguroso directo por sete músicos que traerán ao Principal algúns dos mellores temas da historia do pop-rock internacional.

Scroll ao inicio
Skip to content