Concello da Estrada

Trámites

Subvencións

Concello da Estrada convoca as axudas municipais á creación de empresas 2023

Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias

1.—Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.

2.—Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.

3.—Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.

4.—Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.

5.—Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

O importe máximo destas axudas é de 2 000 € por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra: LUNS 6- VENRES 17 DE MARZO. 

http://emprego.aestrada.gal/index.php/services/6559-deputacion-de-pontevedra-convoca-setima-edicion-dos-cursos-de-espanol-para-persoas-inmigrantes-para-a-preparacion-do-dele-a2

ANEXOS PARA A SOLICITUDE:

Podes realizar a solicitude de maneira presencial no REXISTRO DO CONCELLO DA ESTRADA ou a través da nosa sede electrónica:

Preme aquí: https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0;

clica en INSTANCIA XERAL: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=x72gMo55SS0vZ*G*iFhy8Mvx2N6qFikthrsfRN5X7ICvuprCiDCfSg9aFiePrdS0PdUEP4IcvaZbU0GYhIoTJJtcFqjCa7EDFUnsfBhqSV6EQSGznY2gLCRguCjyvL5ooAJE8Akt2eli-tph75Gk8Bh0qabMfmA8rMu2QZIKOOa9wlX7DgBykcyipC1HBbEwqY7x8tiZ8CTfpXV8N5hy*w;

TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA;

cubre a instancia e sube os anexos como documentación complementaria.

Recomendación: Usa google Chrome. 

Se precisas axuda ou máis información contacta co departamento de emprego do Concello da Estrada chamando ao 986 677 740

 

Scroll ao inicio
Skip to content