Concello da Estrada

Uncategorized @gl

Actividade de piscina para persoas maiores terceira quenda 2024

Actividade de piscina para persoas maiores terceira quenda 2024 PRAZO DE INSCRICIÓN Dende o 09/09/2024 ata o 18/09/2024 (Ambos incluídos) REQUISITOS PARA PARTICIPAR Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos Terán prioridade as persoas que non participaron en quendas anteriores, despois o criterio de selección establecerase polo número de rexistro de entrada. LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE Departamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada DATAS DA ACTIVIDADE Dende o 01/10/2024 ata 30/12/2024 HORARIOS / GRUPOS Luns de 09:15h a 10:00h Luns de 16:30h a 17:15h Luns de 19.30h a 20.15h Mércores de 09:15h a 10:00h Venres de 09:00h a 09:45h Venres de 09:45h a 10:30h Nº DE ALUMNOS POR SESIÓN Mínimo 7 alumnos/sesión e máximo 12 alumnos/sesión DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE SE FOSE O CASO Descargar ficha de inscrición.

36º Feira do Moble de Galicia

36º Feira do Moble de Galicia O certame acada a súa 36ª edición e nela ofrecerá un amplo escaparate de exposición e comercialización de mobles, complementos, artigos de  decoración e outros útiles e prestacións para o equipamento do fogar nun amplo espazo de exposición distribuído en 4 pavillóns. O horario de visita terá carácter ininterrompido, entre as 11.00 e as 20.00 horas durante as catro xornadas de duración da feira. Con máis de tres décadas de traxectoria, esta cita estradense supón un escaparate de referencia para o sector do moble, a decoración e os artigos do fogar. Así, a Feira do Moble de Galicia está orientada tanto á satisfacción do público particular -que atopará un amplo abano de posibilidades para amoblar ou equipar o seu fogar- coma ao profesional, con atención neste último caso á ampliación de mercados e carteiras de clientes nun momento no que o auxe do sector inmobiliario está a realzar a comercialización de mobles e produtos afíns. Entre os sectores representados no  certame, xunto coas propostas de mobiliario o visitante atopará tamén decoración, descanso, tapicería, electrodomésticos, automatismos ou enerxías renovables, entre outras áreas de equipamento do fogar. Data: do 19 ao 22 de setembro de 2024 Horarios: de 11 a 20 horas ininterrompido. Localización: 5 pavillóns do Recinto Feiral de A Estrada

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais Comdix no seu nivel de iniciación

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais Comdix no seu nivel de iniciación AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2024 pola que se anuncia a convocatoria do Programa de autoformación e das probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix no seu nivel de iniciación. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web do CeMIT https://cemit.xunta.gal  Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.  O prazo para a inscrición estará aberto para as dúas (2) edicións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e irase pechando secuencialmente para cada unha das edicións co obxecto de permitir que as persoas interesadas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria: Edición de outubro: ata o 18 de setembro, inclusive. Edición de novembro: ata o 18 de outubro, inclusive. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240902/AnuncioG0177-060824-0002_gl.pdf

Xunta de Galicia convoca as axudas do programa Emega para o fomento de emprendemento feminino en Galicia

Xunta de Galicia convoca as axudas do programa Emega para o fomento de emprendemento feminino en Galicia CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE ORDE do 13 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI429A). O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres. Con esta finalidade, o programa Emega comprende as seguintes liñas de axuda: a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. b) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora. En ningún caso as ditas medidas poderán consistir na destrución do emprego existente por conta propia e allea. c) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. d) Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea. Beneficiarias Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nesta orde, así como na normativa xeral de subvencións, en particular, as exixencias establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento. Cando se trate de empresarias individuais, a solicitude deberá ser presentada pola traballadora autónoma. Cando a actividade empresarial sexa realizada por unha sociedade civil, comunidade de bens, entidade sen personalidade xurídica, sociedade mercantil, cooperativa ou sociedade laboral, a solicitude de subvención deberá ser presentada por esta, e non serán válidas nin admisibles as solicitudes presentadas polas socias ou comuneiras a título persoal. En todo caso, unha mesma persoa non pode solicitar a axuda como empresaria individual e ao mesmo tempo formar parte dunha empresa de tipo societario que tamén solicita a axuda. Requisitos: Liña Emprende: requisitos específicos e contía dos incentivos 1. Poderán acollerse aos incentivos da liña Emprende as empresas de nova creación constituídas por mulleres sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5, cumpran os seguintes requisitos específicos: a) O inicio da actividade económica para a cal solicita a axuda ten que producirse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous incluídos. b) Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras. c) As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprila, como mínimo, o 50 % das promotoras. Para estes efectos, entenderase por persoa desempregada aquela que careza de ocupación durante un período mínimo dun mes inmediatamente anterior á data de efectos da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional, segundo os datos que consten no informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, no certificado da mutualidade do colexio profesional. d) A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous incluídos. No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, a correspondente alta na Seguridade Social deberá formalizarse, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación da axuda. e) Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data de efectos da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional da nova actividade para a cal se solicita a axuda, segundo os datos que consten no informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, no certificado da mutualidade do colexio profesional. Liña Activa: requisitos específicos e contía dos incentivos 1. Poderán acollerse aos incentivos da liña Activa as empresas constituídas por mulleres que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego e para asegurar o necesario equilibrio empresarial ou un proxecto de mellora sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5, cumpran os seguintes requisitos específicos: a) No mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes, debe acreditarse un período mínimo de

Torneo benéfico VEA C.F.

Torneo benéfico VEA C.F. Este domingo día 25 o Vea C.F. e o C.D. Lalín disputarán un partido amistoso no Campo de Fútbol de San Martiño en Callobre a partir das 18 horas. O Vea C.F. fará entrega dunha camiseta e un balón asinado polos xogadores que será sorteado nunha andaina no noso Concello o vindeiro día 15 de setembro. O Vea C.F. doará toda a recadación das entradas e das rifas que será á vontade dos asistentes, á asociación Asanog (Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia)  

Unidade Móbil – Doazón de Sangue

Unidade Móbil – Doazón de Sangue O venres 30 de agosto das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 31 de agosto das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

Programa “+Benestar”2024 (antigo Depotermal)

Programa “+Benestar”2024 (antigo Depotermal) ORGANIZA: Deputación Provincial de Pontevedra en Colaboración co Concello da Estrada. Consiste na estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de comer) en un hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural. BENEFICIARIOS: Estar empadroadas na provincia de Pontevedra Ter 55 anos ou máis No suposto de ter menos de 55 anos, deberá darse algunha das seguintes circunstancias: Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ó 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade. Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez e outras pensións. Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do Concello, un respiro familiar. Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa. Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio. Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma. PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES: O prazo de presentación da solicitudes permanecerá aberto dende 16/08/24 ata 05/09/24 PRESENTACION DAS SOLICITUDES: Por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) No departamento de Servizos Sociais do Concello de A Estrada de maneira presencial. Cada participante deberá presentar unha solicitude individual, incluso naqueles supostos nos que sexan persoas casadas, parellas de feito ou situacións análogas, conviventes no mesmo domicilio, persoas con vínculos familiares, de amizade ou afinidade, entre outros. Deberán cubrirse todos os apartados da solicitude, sinalar unicamente un establecemento termal para cada modalidade do programa e asinar debidamente.Independentemente da obriga de que cada persoa formule a súa propia solicitude de xeito individual, quen desexe participar nas mesmas datas e no mesmo establecemento hostaleiro debe indicar no apartado “Observacións” da solicitude o nome, os apelidos e o DNI da persoa ou persoas coas que quere coincidir. Estes datos utilizaranse unicamente para xestionar as habitacións nos establecementos elixidos. Para máis información diríxase ó Departamento de Servizos Sociais, na planta baixa do Concello de 9:00 a 14:00 ou chamando ao teléfono 986573265. Descargar díptico.

Concello da Estrada en colaboración con Acción contra a Fame abren proceso para que te inscribas para participar na scape room

Concello da Estrada en colaboración con Acción contra a Fame abren proceso para que te inscribas para participar na scape room Por mor da alerta meteorolóxica aplázase a Escape Room para o venres 13 de setembro. A Concellería de Xuventude en colaboración coa Fundación Acción Contra a Fame, abre prazo para participar na Escape Room que desenvolveremos ao aire libre na Estrada (centro urbán) o día 6 de setembro a partires das 18.00 horas. A actividade está dirixida a persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos e ten a finalidade de descubrir as HABILIDADES PARA RESOLVER CONFLICTOS E SITUACIÓNS COMPLICADAS que moitas veces temos pero que descoñecemos. O número máximo de participantes será de 60 persoas e traballarase en grupos que deberán resolver 10 retos. As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través da seguinte ligazón: https://bit.ly/escaperoomtalento Se algunha persoa desexa recibir máis información ou quere inscribirse directamente no concello, tamén o pode facer chamándonos ao teléfono 986 677 740. Non é requisito estar empadroado/a na Estrada para participar nesta actividade.  Data e hora: 6 de setembro a partir das 18.00 horas  Lugares: A Estrada, centro urbán  Idades: 18-35 anos

Scroll ao inicio
Skip to content