Concello da Estrada

Os Reis Magos serán os protagonistas da programación cultural na primeira semana do 2024

O Concello da Estrada inaugura o 2024 cunha ampla variedade de actividades culturais que terá a cabalgata de Reis do vindeiro venres como acto central.
Deste xeito, logo da representación da obra ‘Cuento de Navidad’ e a actividade ‘Galegas de Bailables’, programadas para a tarde do martes, mañá mércores será quenda para o obradoiro de música tradicional, que encherá de ritmo a rúa Ulla desde as 18:30 horas.
O xoves haberá unha dobre sesión de actividades que darán comezo con ‘Paxes Reais’ de Troula Animación, ás 18:30 horas nas rúas Calvo Sotelo; Serafín Pazo; e na Prazoleta. Pola súa parte, a rúa Principal contará, tamén ás 18:30 horas, co espectáculo ‘Fartura de Nadal’, por conta de Rilo & Penadique.
A cabalgata das súas Maxestades de Oriente, programada para dar comezo ás 18:00 horas deste venres, 5 de xaneiro, porá o punto e final á programación cultural desta semana inicial do 2024.

Scroll ao inicio
Skip to content