Concello da Estrada

A vixésimo sexta Miscelánea foi presentada con doce novos artigos que afondan na cultura e identidade estradense

O MOME acolleu onte a presentación do vixésimo sexto número da Miscelánea, a publicación presentada polo Museo do Pobo Estradense ‘Manuel Fernández Portela’ suma ao seu xa amplo arquivo doce novos artigos que afondan no patrimonio local.

O acto estivo conducido polo presidente do patronato e director da publicación, Juan Andrés Fernández Castro, quen foi o encargado de introducir a relación de autores e autoras que interviñeron no novo número da publicación. No acto tamén estivo presente a concelleira Amalia Goldar quen louvou “o traballo de todas as persoas que coa súa investigación permiten preservar a historia da nosa localidade e os seus tesouros naturais, patrimoniais e culturais”.

O actual impreso conta coa participación de Carlos Miramontes Seijas, sacerdote nas parroquias de Arnois e Oia; de Luis Ferro Pego e Xosé Troiano Carril; Guillermo González Raviña ; Javier García Gómez; Henrique Neira; Ariadna Silva Fernández; Carmen María Sánchez Arines e Marga Fraga; José Bértolo Ballesteros; Juan Andrés Fernández Castro; e Ofelia Rey Castelao.

Entre as temáticas tratadas inclúense estudos sobre elementos patrimoniais como a sepultura románica presente na igrexa de Arnois, análises de toponimia, a tradición dos campaneiros ou personalidades como as de Jacoba Ozores ou a mestra María del Carmen Castro Dono.

Scroll ao inicio
Skip to content