‘Conductores Suicidas’ traerán á Estrada a música máis emblemática de Sabina
‘Conductores Suicidas’ traerán á Estrada a música máis emblemática de Sabina O sábado, 9 de marzo, ás 21:00 horas o grupo tributo de Joaquín Sabina, ‘Conductores Suicidas’, actuará no Teatro Principal da Estrada. O Principal acollerá o concerto da agrupación musical tributo a Joaquín Sabina, ‘Conductores Suicidas’, o vindeiro9 de marzo, ás 21:00 horas. O concerto, dunha duración de arredor de 120 minutos, contará cunha selección das cancións máis emblemáticas de Sabina, como Princesa, Peces de ciudad, Por el boulevard de los sueños rotos, Pirata Cojo, Y nos dieron las diez ou Juana la Loca, facendo un percorrido pola súa traxectoria musical. As entradas para a actuación no Principal serán de 10 euros, para aproximadamente 400 localidades. Poderán retirarse na plataforma de pago de ataquilla.com ou no Departamento de Cultura e no Bar As Tres Portiñas da Estrada. A banda, formada no ano 2020, está integrada por oito músicos e un vocalista, Roberto Ramos, quen destaca por ter unha voz moi semellante ao cantautor, facendo desta banda tributo unha das máis exitosas de España.