Concello da Estrada

A Estrada será unha das paradas da última xira de Moncho Borrajo logo de 50 anos de traxectoria

  • O Principal acollerá o espectáculo ¡Se Acabó! o venres 22 de marzo ás 21.00 horas.
  • As entradas poranse á disposición do público desde este xoves, 1 de febreiro, e poderán adquirirse tanto no departamento de Cultura como no portal ataquilla.com

Logo de máis de 50 anos facendo rir polos milleiros de escenarios de toda España, Moncho Borrajo di adeus co seu último espectáculo, ¡Se acabó!, un show cargado de humor, tenro, divertido e moi especial. ¡Se acabó! son 90 minutos de humor con algún dos seus mellores textos, algunha cousa nova e un final do máis sorprendente.

Deste xeito, o polifacético artista chegará ao Teatro Principal da Estrada o venres 22 de marzo ás 21.00 horas nunha xira que comezou en Vigo e que percorrerá cidades como Zamora, Valladolid, Sevilla, Córdoba, Burgos ou Elche. Dita actividade está enmarcada na programación de primavera que a área de Cultura presentará ao longo do mes de febreiro.

As entradas poderán mercarse na web ataquilla.com ou no departamento de Cultura do Concello da Estrada a partir do xoves día 1 de febreiro. O prezo por entrada será de 10 euros.

Scroll ao inicio
Skip to content