Concello da Estrada

A Estrada reforza o seu compromiso co deporte coa acollida do Campionato Galego junior e o torneo Concello da Estrada de Judo

  • O Campionato de Judo do Concello da Estrada contará con maís de 400 inscricións e terá lugar o domingo 11 de febreiro.
  • Ademais, o Campionato Galego Junior (Sub 21) contará coa participación de 150 judocas de 24 clubs, e celebrarase o sábado 10 de febreiro.

O Concello da Estrada ratifica o seu compromiso cos eventos e actividades deportivas a través da acollida de dúas citas de referencia no judo base como son o Campionato de Judo do Concello da Estrada e o Campionato Galego Junior Sub 21.

O Campionato Galego Junior será a primeira cita, celebrándose o sábado 10 no pavillón Manuel Coto Ferreiro. A cita terá lugar de 16:00 a 20:00 horas. A participación para a competición será de 150 deportistas desta arte marcial, que ademais, representarán a un total de 24 clubs.

A competición é clasificatoria para o Sector Oeste do Campionato de España Junior Sub 21 e funcionará cunha eliminatoria directa con repesca dobre cruzada, realizándose un combate para lograr o bronce.

Por outra banda, o día seguinte, domingo 11 de febreiro, tamén no Coto Ferreiro, celebrarase o VII Campionato Infantil de Judo Concello da Estrada, que terá cinco categorías: a Biberón (para nados no 2020), a Pre-Benxamín (2018/2019), a Benxamín B (2016/2018) a Benxamín A (2014/2015) e a Alevín (2012/2013).

A competición contará coa participación de clubs de toda a xeografía galega e portuguesa, incluíndose o; Judo Club BASE; o Judo Club Hércules; a Escola Judo Club, o club San Francisco – Teo; o Colexio M. Peleteiro; o Vilas Alborada, o Terras de Santiago; o Baixo Miño, o J.C. Pontevedra, o J.C Campolongo; o J.C. Senín; o Senra Vilagarcía; o LUGOKAN; o Juviana; e o Juliana.

O horario das contendas será polas mañás, de 10:30 a 12:00 horas e polas tardes, de 16 a 17:30 horas.

Na presentación das probas, o alcalde, José López Campos, puxo en valor o crecemento do judo como un deporte cun “arraigo cada vez maior no catálogo deportivo estradense”, e tamén reafirmou a importancia de “dispor dunha sólida infraestrutura deportiva coa que confirmar A Estrada como un núcleo deportivo no ámbito autonómico, infraestrutura que moi cedo se ampliará co novo módulo
deportivo cuberto, o cal mellorará substancialmente as condicións para as diferentes prácticas deportivas”.

Scroll ao inicio
Skip to content