Concello da Estrada

Uncategorized @gl

Programación Salmón 2024

Programación Salmón 2024 SÁBADO 11 DE MAIO 08:00h: XLVII Concurso de pesca internacional do salmón nos coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde. 09:00h: VII Raid Hípico do Salmón (campionato galego) / Praia fluvial de Liñares VENRES 17 DE MAIO 10:00h: Apertura de GastroTur 11:00h: Inauguración da exposición de bonsais, Expo Bae, na Sala Abanca 12:00h: Pregón do Día das Letras Galegas a cargo de Ana Cela na Alameda municipal 12:30h: Actuación da Banda de Gaitas de Barbude na Alameda municipal 16:30h: Saída da ruta BTT do Salmón dende a Praza da Feira.17:00h: Inauguración de GastroTur do Ulla 17:00h: Actividades de Expo Bae, demostración de formación de árbores a cargo de Juan María Calvo Roi na sala Abanca 20:00h: Carme, o musical no Teatro Principal da Estrada 22:00h: Concerto de Broken Peach na Praza da Farola SÁBADO 18 DE MAIO 09:00h: Raid hípico do Salmón na Praia Fluvial de Liñares 10:00h: Apertura de GastroTur 11:00h: Actividades de Expo Bae, demostración de formación de árbores a cargo de Alberto Baleato-Kingii na sala Abanca 12:00h: Isaura e Tristán. Monicreques con Fantoches Baj diante da sala Abanca 12:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón 16:30h: Rafting do Salmón polo Ulla. 17:00h: Actividades de Expo Bae, demostración de formación de árbores a cargo de Alberto Baleato- Kingii na sala Abanca 19:00h: Festival folclórico do Salmón con Tequexetéldere e a Agrupación Folclórica Tablas de Daimiel (Ciudad Real – Castela)– Teatro Principal 20:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón 22:00h: Salmón Rock – Alameda Municipal DOMINGO 19 DE MAIO (50.ª Festa do Salmón) 09:00h: Trofeo de baile deportivo de Sondodance no pavillón Coto Ferreiro 10:00h: Apertura de GastroTur 11:00h: Actividades de Expo Bae, demostración de formación de árbores a cargo de Juan María Calvo Roi na sala Abanca 12:00h: Pregón a cargo de Luis Ferro, e imposición dos Salmóns de Ouro a Simón Couceiro e Argentinos Burguer 12.30h: Obra de teatro De Vilatriste a Vilalegre diante da sala Abanca (CDG + Teatro ao Cubo) 13:00h: Degustación popular de Salmón – Praza do Mercado 13:00h: Mesa informativa ASANOG – Praza do Mercado 13:30h: Concerto da BigBand Carlos Barruso – Praza do Mercado 17:00h: Actividades de Expo Bae, demostración de formación de árbores a cargo de Juan María Calvo Roi na sala Abanca e posterior entrega de premios 19:00h: Concerto da Coral Polifónica Estradense – Teatro Principal

Programación semanal

Programación semanal Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus) Parladoiro musical DÍA: Xoves 9 maioHORA: 20.30hLUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Parladoiro musicalDURACIÓN: 60 minIDADES: A partir de 12 anosIDIOMA: GalegoPREZO: De balde (recollida de convites no Dpto. Cultura do Concello) SINOPSE: Tonhito de Poi, un dos carismáticos líderes de Heredeiros da Crus vén falarnos da súa traxectoria vital e profesional ao fronte da mítica agrupación. Tamén interpretará algún dos seus temas en vivo nun acto que conducirá Pablo Chichas. De algo hai que morrer Malasombra Producións DÍA: Venres 10 maioHORA: 21.00hLUGAR: Teatro Principal da EstradaELENCO: Marcos Orsi (dirección), Jouse García e Xoque Carbajal (actores)XÉNERO: Conferencia fúnebre-cómico-teatralDURACIÓN: 65 minIDADES: AdultosIDIOMA: GalegoPREZO: 5,00€ (recollida de entradas no Dpto. Cultura do Concello) SINOPSE: Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa? Barquiño de Pau   Tropa de Trapo DÍA: Sábado 11 maioHORA: 12.30hLUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Teatro de obxectos e músicaDURACIÓN: 35 minIDADES: 0-3 anosIDIOMA: GalegoPREZO: 3,00€ (recollida de entradas no Dpto. Cultura do Concello) SINOPSE: Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar ao son do acordeón, recitando poemas e xogando coas palabras.

Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia

Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia O Concello da Estrada, en colaboración coa Universidade de Santiago, acolle a VIII edición do Programa Democratización do coñecemento, dirixido ás persoas de máis de 50 anos. As sesións formativas terán lugar na Biblioteca municipal, segundo o seguinte programa: Descargar díptico. Para máis información e inscrición: 986 677 795 / 986 573 601  

Pablo Meixe

Pablo Meixe Meixeverso   DÍA: Sábado 4 maioHORA: 20.00hLUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Monólogo cómicoDURACIÓN: 80 minIDADES: A partir de 12 anosIDIOMA: CastelánPREZO: 5,00€ (venda Dpto. Cultura do Concello) / 8,00 (ataquilla.com) SINOPSE: Meixeverso é un show de humor. Unha gala de premios. Pero sobre todo unha oportunidade para conectar con un dos creadores de contido máis punteiros do momento. Pablo (Meixe) convídanos a unha viaxe chea de humor na que falará das súas vivencias, explicará as súas desventuras e coñeceremos por que carafio aínda non o botaron echaron do teatro. 

Roi Borrallas

Roi Borrallas Solo   DÍA: Martes 30 abrilHORA: 20.00hLUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: MonicrequesDURACIÓN: 45 minIDADES: A partir de 5 anosIDIOMA: GalegoPREZO: 5,00€ (venda anticipada no Dpto.Cultura do Concello) SINOPSE: O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.

Actividades do Día da Xuventude

Actividades do Día da Xuventude   Este sábado dende as 16 h na Praza do Concello. A Xunta de Galicia e o Concello da Estrada pon en marcha unha nova edición do programa DÍA DA XUVENTUDE, cunha ampla programación formativa e de ocio. – Lecer educativo.– Fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box.– Gastronomía saúdable.– Xogos educativos e showcooking con produtos locais e de tempada.– Información Xuvenil.– Caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.– Sensibilización mediambiental.– Talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.– Igualdade de xénero.– Relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.– Taller de graffiti.– Técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.– Habilidades de empregabilidade.– Dinámicas grupais para a  elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.– Amenización con Dj durante toda a xornada OBXETIVOS Facilitar á mocidade galega a posibilidade de participar nun programa de actividades lúdico-formativas que contribúa ao seu enriquecemento persoal mediante aprendizaxes non formais. Fomentar a participación, o ocio e o lecer saudable entre a mocidade galega. Transmitir valores á xuventude a través de actividades que requiran do traballo en equipo, colaboración mutua e que fomenten o respecto, a igualdade, a inclusión e o espírito deportivo. Achegar ás persoas mozas información dos programas que desenvolve a Xunta de Galicia destinados á mocidade, así como dos recursos públicos que están á súa disposición. Ampliar as ferramentas de conciliación e espazos de coidado a disposición das familias galegas.  

Programación semanal

Programación semanal MANGORETÉ Bea García e Desiré Pillado(Coa colaboración do Obradoiro Municipal Carlos Barruso) DÍA: Venres 26 abrilHORA: 21.00hLUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: MusicalDURACIÓN: 70 minIDADES: Todos os públicosIDIOMA: CastelánPREZO: 5,00€ (venda anticipada no Dpto.Cultura do Concello) SINOPSE: Mangoreté é unha comedia musical sobre mundos modernos. Unha divertida sátira sobre a sociedade actual conducida por dúas azafatas chegadas dun “misterioso” lugar chamado Mangoreté, que fará ao público partícipe dunha experiencia única.       PARLADOIRO ENSALADA DE MOSQUITO 20 ANIVERSARIO Tirinautas Teatro DÍA: Sábado 27 abrilHORA: 20.30hLUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: ParladoiroDURACIÓN: 80 minIDADES: A partir de 12 anosENTRADA: De balde, previa retirada de convites no Dpto. Cultura do Concello ou en Calzados A Esquina SINOPSE: 20 anos despois de encher o Teatro Principal durante 12 actuacións, Os Tirinautas volven reunirse sobre o escenario do Teatro para conversar con Pablo Chichas e Pedro Pérez sobre un dos fenómenos teatrais máis relevantes da historia do teatro estradense e sobre secuelas como O último chimpín e Xamón xamón. Será unha festa de aniversario divertida e chea de sorpresas.

Anuncio información pública – Desafectación camiño público en Zona de Concentración Parcelaria de Lagartóns

Anuncio información pública – Desafectación camiño público en Zona de Concentración Parcelaria de Lagartóns 18 de abril de 2024 O Concello Pleno, na súa sesión celebrada en data 01.02.2024, previos os informes e trámites preceptivos, aprobou inicialmente a desafectación do tramo de camiño público de titularidade municipal radicado entre as leiras núms. 60, 61 e agrupadas 62, 63 e 64 da Zona de Concentración Parcelaria de Lagartóns (de 142,00 m² de superficie), declarándoo provisionalmente como ben patrimonial en calidade de parcela sobrante. Descargar anuncio completo.

Scroll ao inicio
Skip to content