Concello da Estrada

Programación semanal

Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus)

Parladoiro musical

DÍA: Xoves 9 maio
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Parladoiro musical
DURACIÓN: 60 min
IDADES: A partir de 12 anos
IDIOMA: Galego
PREZO: De balde (recollida de convites no Dpto. Cultura do Concello)

SINOPSE: Tonhito de Poi, un dos carismáticos líderes de Heredeiros da Crus vén falarnos da súa traxectoria vital e profesional ao fronte da mítica agrupación. Tamén interpretará algún dos seus temas en vivo nun acto que conducirá Pablo Chichas.

De algo hai que morrer

Malasombra Producións

DÍA: Venres 10 maio
HORA: 21.00h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
ELENCO: Marcos Orsi (dirección), Jouse García e Xoque Carbajal (actores)
XÉNERO: Conferencia fúnebre-cómico-teatral
DURACIÓN: 65 min
IDADES: Adultos
IDIOMA: Galego
PREZO: 5,00€ (recollida de entradas no Dpto. Cultura do Concello)

SINOPSE: Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?

Barquiño de Pau

 

Tropa de Trapo

DÍA: Sábado 11 maio
HORA: 12.30h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro de obxectos e música
DURACIÓN: 35 min
IDADES: 0-3 anos
IDIOMA: Galego
PREZO: 3,00€ (recollida de entradas no Dpto. Cultura do Concello)

SINOPSE: Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar ao son do acordeón, recitando poemas e xogando coas palabras.

Scroll ao inicio
Skip to content