Concello da Estrada

Programación semanal

MANGORETÉ

Bea García e Desiré Pillado
(Coa colaboración do Obradoiro Municipal Carlos Barruso)

DÍA: Venres 26 abril
HORA: 21.00h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Musical
DURACIÓN: 70 min
IDADES: Todos os públicos
IDIOMA: Castelán
PREZO: 5,00€ (venda anticipada no Dpto.Cultura do Concello)

SINOPSE: Mangoreté é unha comedia musical sobre mundos modernos. Unha divertida sátira sobre a sociedade actual conducida por dúas azafatas chegadas dun “misterioso” lugar chamado Mangoreté, que fará ao público partícipe dunha experiencia única.

 

 

 

PARLADOIRO ENSALADA DE MOSQUITO 20 ANIVERSARIO

Tirinautas Teatro

DÍA: Sábado 27 abril
HORA: 20.30h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Parladoiro
DURACIÓN: 80 min
IDADES: A partir de 12 anos
ENTRADA: De balde, previa retirada de convites no Dpto. Cultura do Concello ou en Calzados A Esquina

SINOPSE: 20 anos despois de encher o Teatro Principal durante 12 actuacións, Os Tirinautas volven reunirse sobre o escenario do Teatro para conversar con Pablo Chichas e Pedro Pérez sobre un dos fenómenos teatrais máis relevantes da historia do teatro estradense e sobre secuelas como O último chimpín e Xamón xamón. Será unha festa de aniversario divertida e chea de sorpresas.

Scroll ao inicio
Skip to content