Trámites
Imposto sobre Vehículos - Exencións ou bonificacións
Que é ? | A dispensa de pagar o imposto sobre vehículos do que se poden beneficiar, entre outros, os coches adaptados para minusválidos ou os vehículos con un antigüidade superior aos 30 anos. |
---|---|
Quen o pode solicitar ? | Os propietarios dos vehículos. A lista completa de exencións ou bonificación pode consultarse no artigo 4 da Ordenanza fiscal |
Que documentación hai que presentar ? | A solicitude cuberta. – No caso de vehículos con antigüidade superior aos 30 anos, acreditación da mesma. Os anos contaranse a partir da data da súa fabricación, se esta non se coñecese tomarase como tal a súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar. |
Canto custa ? | A tramitación é gratuíta. |
Cando se pode facer ? | Antes do 31 de decembro de cada ano. A exención terá efectos no exercicio seguinte ao que se fixo a solicitude. |
Como e donde hai que presentalo ? | No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? | 45 días. |
Que documentación entrega o Concello ? | Comunicación do decreto de concesión da exención. |
Onde podo atopar máis información ? | – Consultando a Ordenanza fiscal. |