Concello da Estrada

Uncategorized @gl

Unidade móbil inspección técnica vehículos

Unidade móbil inspección técnica vehículos A unidade móbil 10 de inspección técnica de agrícolas, desplazarase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e ubicacións: Descargar pdf. A unidade móbil 6 de inspección técnica de turismos, desplazarase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e ubicacións: Descargar pdf.

Son dos arrieiros

Son dos arrieiros Sempre quixemos ser cabeza de rato, nunca cola de león! E estamos seguros de telo conseguido: fomos o primeiro festival en celebrarse en pé nun recinto pechado trala pandemia (subidón); fixemos, sen sabelo, o concerto de despedida dunha das bandas máis importantes da nosa música: Novedades Carmiña (sic); programamos os indiscutibles cabezas dos carteis dos principais festivais actuais como The Rapants, Grande Amore ou Ortiga. Todo sempre rodeados do cariño e apoio de amigos que comprenderon o proxecto e a sua realidade no contexto. A escena musical galega está vivindo un dos momentos máis vibrantes da súa historia, tanto que os grupos emerxentes fanse oco merecidamente nas programacións habituais. Toca apoialos, mimalos e, por que non, presumir un pouco do nivel acadado pola nosa capacidade de creación. Temos proxectos punta de lanza en todo e canto estilo se vos pase pola cabeza. E eso é o mellor que nos podería ter pasado. Pero esto fai que a nós, na busca dese factor diferencial e xenuino que sempre nos moveu a actuar, se nos abra un periodo de reflexión cos ollos postos no 2025, onde presentaremos un novo formato baseado na escoita do público (vós) e do sector. Un festival máis cercano e participativo cunha experiencia máis personalizada. Non podíamos celebralo doutro xeito que con música, cun formato máis pequeno no continente pero co mesmo talento en contido! Luis Fercán, Carlos Ares e Señora dj daranse cita o 21 de setembro no Teatro Principal da Estrada para dar testemuño, unha vez máis, do incrible nivel que atesoura a nosa música. Seguimos contando co imprescinble patrocinio da Xunta de Galicia e co inestimable apoio do Concello da Estrada. Agardámosvos cos brazos abertos!  21 de setembro| Teatro Principal | entrada libre ata completar o aforo!  

A Estrada despedirá o 2023 coa XIII San Silvestre e a II San Silveira, ambas en favor de Cáritas

A Estrada despedirá o 2023 coa XIII San Silvestre e a II San Silveira, ambas en favor de Cáritas O Concello da Estrada programa unha dobre sesión deportiva para despedir o ano 2023 con actividade física e solidariedade. Deste xeito, o día 31 de decembro abrirá coa II San Silveira, unha subida BTT ao Monte Cabalar programada para dar comezo ás 09:30 horas desde a praza do Concello. A actividade, catalogada de dificultade media, terá un percorrido de 20 quilómetros e a idade mínima para participar é de 10 anos, debendo estar acompañados os menores por un adulto durante o transcurso da mesma. No alto do Monte Cabalar haberá avituallamento con chocolate e churros para as persoas asistentes. O mesmo día, a partir das 16:00 horas, dará comezo a recollida de dorsais para a XIII Milla San Silvestre Estradense. A proba discorrerá nas categorías de pitufos, con inicio ás 17:00 horas e un percorrido polas inmediacións da praza da Feira. Pola súa parte a categoría prebenxamín ata infantil correrá por un circuíto urbano con saída desde a praza do Concello, pasando pola rúa Serafín Pazo, praza da Farola, rúas Calvo Sotelo, Castelao e Irida, e chegada de novo ao punto de comezo. O percorrido terá unha distancia de 800 metros e darase unha soa volta ao mesmo. Os participantes na carreira de cadetes ata veteranos realizarán o mesmo traxecto, ao cal deberán dar 2 voltas, elevando a distancia a 1.6 quilómetros. Ao rematar todas as carreiras das distintas categorías, realizarase o sorteo dos agasallos segundo o número de dorsal. Para participar nos sorteos dos agasallos que se farán na chocolatada é obrigatorio levar o dorsal visible. Ademais, todos os participantes poderán gozar da degustación de chocolate quente e produtos de repostería nos soportais do Concello, e premiaranse tanto o disfrace máis orixinal como o grupo máis numeroso co mesmo disfrace. Recollida de alimentos para Cáritas A recollida dos dorsais para ambas actividades deberá ser precedida da doazón dun quilogramo de alimentos non perecedoiros que serán destinados a Cáritas Parroquial A Estrada, dentro da Operación Quilo de Nadal 2023.As inscricións serán de balde e poderán realizarse ata o vindeiro 27 de decembro a través da web http://www.emesport.es.

Concello e ACOE dinamizarán o Nadal estradense con numerosas actividades e máis de 20.000 euros en premios

Concello e ACOE dinamizarán o Nadal estradense con numerosas actividades e máis de 20.000 euros en premios O Concello da Estrada e ACOE presentaron esta mañá a programación de actividades coas que dinamizar a actividade cultural e comercial durante este Nadal. Os edís, Juan Constenla e Óscar Durán, acompañados polo secretario de ACOE, Jorge Fuentes, foron os responsables de despezar a ampla gama de propostas que terán lugar desde o vindeiro 19 de decembro ata o 5 de xaneiro. Deste xeito, a V Gala do Deporte, programada para o 19 de decembro ás 20:00 horas no Teatro Principal dará comezo á programación de Nadal. Un día máis tarde, o 20 de decembro, celebrarase o Concerto de Nadal da escola da banda no Teatro Principal ás 19:00 horas. O 22 de decembro haberá pasarrúas con Brassica Rapa a partir das 18:30 horas na rúa Calvo Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta e Concerto de Nadal do Obradoiro Carlos Barruso no Teatro Principal ás 20:30 horas. O 23 de decembro haberá animación da man de ‘Os Piñeiriños’ na rúa Principal e Sala Abanca ás 18:30h e un novo Concerto de Nadal, desta vez por conta da Coral Polifónica Estradense no Teatro Principal ás 20:30 horas. O día de Noiteboa, 24 de decembro, Papá Noel percorrerá as rúas estradenses desde as 18:00 horas. O 26 de decembro terá lugar a presentación da Miscelánea no MOME ás 20:00 horas e De Cotío Gaiteiros animará o serán na rúa Principal desde as 18:30 horas. A actuación de Moa Quinteto na Prazoleta ás 18:30 horas e a representación de Os 3 Porquiños, de Educa Teatro, no Teatro Principal ás 17:30 e 19:30 horas serán os animadores do 27 de decembro. Pola súa parte, o 28 de decembro, a diversión virá da man de Filipa co Nadal, de Bandullo Azul na rúa Principal ás 18:00 e con Ce Orquestra Pantasma na rúa Principal, Sala Abanca ás 19:00 horas. O 29 de decembro haberá dobre ración de actividades con O dentista, de Troula animación, na rúa Principal ás 18:30 e O Apalpador, de Os Monifates, na Prazoleta ás 19:30 horas. O día 30 de decembro Fanfarria Taquikardia estará na rúa Calvo Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta ás 18:30 horas e o 31 de decembro A Estrada despedirá o ano con deporte da man da San Silveira BTT, con saída dende a Praza do Concello ás 09:30 e coa popular carreira de San Silvestre, ás 17:00 h no Concello. O 2 de xaneiro daráselle a benvida ao novo ano con Galega de Bailables, na Prazoleta, ás 18:30 e coa obra Cuento de Navidad, no Teatro Principal, ás 17:30 e ás 19:30 horas. Pola súa parte, o 3 de xaneiro, haberá un Obradoiro de música tradicional na rúa Ulla ás 18:30 horas, mentres que o día seguinte, 4 de xaneiro, o público poderá goozar con Paxes Reais, de Troula animación, na rúa Calvo Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta ás 18:30 horas e con Fartura de Nadal, de Rilo&Penadique, na rúa Principal, Abanca, ás 18:30 horas. O véspera de Reis, 5 de xaneiro, as súas Maxestades de Oriente farán a súa cabalgata pola Estrada desde as 18:00 horas. Sorteos de agasallos por un valor de máis de 20.000 euros O secretario de ACOE, Jorge Fuentes, sinalou que este ano sortearanse premios por un valor superior aos 20.000 euros, cos que o Concello colabora a través dunha aportación extraordinaria a ACOE, entre os consumidores dos negocios locais. Polo tanto as persoas que realizan unha compra de 20 euros recibirán unha participación enviando unha fotografía lexible do ticket por Whatsapp ao número 613 885 082. Na imaxe debe verse o nome do local, o importe e a data de compra. Os premios incluirán un Audi A1 seminovo, que permanecerá exposto na praza do Concello, unha viaxe valorada en 1.000 euros, escoba aspiradora con autovaciado, un iPhone14, un portátil gaming, unha Nintendo Switch, un carro da compra valorado en 300 euros, unha tarxeta de combustible valorada en 300 euros e dúas cestas de nadal valoradas cada unha delas en 600 euros. Tamén se habilitará unha ludoteca para os máis cativos no segundo andar do novo mercado e presentando os recibos de compra faranse descontos nas entradas tanto a este espazo como ao parque de Nadal que se instalará na Alameda. Ademais, o concelleiro, Óscar Durán, adiantou que a previsión é que o alumeado de Nadal sexa inaugurado este vindeiro martes, 5 de decembro, a partir das 18:30 horas.

A Estrada publica o listado de clubs e deportistas nominados na ‘V Gala do Deporte Concello da Estrada 2023’

A Estrada publica o listado de clubs e deportistas nominados na ‘V Gala do Deporte Concello da Estrada 2023’ O Concello da Estrada fai públicos hoxe os candidatos e candidatas que optarán ás diferentes categorías na V Gala do Deporte, o vindeiro 19 de decembro. O xurado reuniuse onte para aprobar as nominacións propostas polo departamento de Deportes en cada categoría e para deliberar o gañador en cada unha delas. Os resultados daranse a coñecer na gala, sumados ao xa coñecido recoñecemento ao doutor Juan José Cota, xefe dos servizos médicos do Real Club Celta de Vigo. Ademais, concederanse tres mencións honoríficas a tres persoas ou clubs vencelladas co ámbito deportivo local que tamén se farán públicos durante a gala. Deste xeito, o triatleta, Adrián Picallo, o piloto, David Vázquez e o atleta, El Mehdi El Nabaoui pelexarán por facerse co galardón ao mellor deportista masculino deste ano. Pola súa parte, Carmen Escariz, Dori Carbia e Raquel Miguens farán o propio na modalidade de mellor deportista feminina.Na categoría de mellor deportista masculino sub-18 concorrerán Darío Míguez, do Club Bádminton A Estrada, Samuel Tato, atleta do Club Judo Base, e Pablo López do Club Tenis RC. Pola contra, en feminino, as candidatas son Iziar Barcala, do Club Bádminton A Estrada, África Loureiro, do Club Budoyama Kárate e Natalia Rivas, atleta de marcha atlética. Os propostos para a distinción de deportista ou club revelación 2023 son a atleta, Arauia Al Bachere, a tenista Candela Fajardo e o loitador Joel Castro. Pola súa parte, Xaquín Baldomir, técnico do Club Judo Base, Miguel Sánchez, do Club Tenis RC, e Manu Brea, do Club Bádminton da Estrada, son os nominados a mellor adestrador. No referente ao mellor clubs de base, os candidatos son o Club Tenis de Mesa Top Spin, que durante este ano contou con 30 licencias, o Atletismo A Estrada, con 106 licencias, e o Club Judo Base, que dispuxo de 90. O premio ao mellor equipo rifarase entre o CNS cadete masculino, o equipo máster do Sincroburbullas e o conxunto benxamín A do EEFB. As entidades nominadas para recoñecer o seu apoio ao deporte local son Strada CB, Edente Estudio Dental e Grupo Habita Servicios/Inversia Insurance. Finalmente, tamén se resolverá cal foi o mellor evento deportivo do 2023 entre o XVIII Memorial Manuel Coto Ferreiro que enfrontou ao Estrada Futsal co Pescados Rubén Burela F.S, a XXV Ruta BTT do Salmón, na que este ano se deron cita 520 participantes, ou o Campionato Galego de Ximnasia de Trampolin que contou coa participación de ximnastas mundialistas. Descargar listado de candidatos.

Programación semanal

Programación semanal SAL – Joan Estrader    DÍA: venres 1 de decembro HORA: 21.00 h LUGAR: Escenario do Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Comedia contemporánea CATALOGACIÓN: ADULTOS LINGUA: Castelá DURACIÓN: 55 min ENTRADA: 5,00€ (Entrada reducida / venda anticipada no Dpto. Cultura do Concello da Estrada) SINOPSE: O rei do humor do absurdo, o catalán Joan Estrader, presenta no Principal a súa última creación: Sal. Un espectáculo que intenta sorprender ao espectador cunha receita de xogo verbal e humor. Un espectáculo de sal refinada, de sal gorda, sal de dúbidas, sal de casa, sal de aí, sal mariña, sal de Ibiza… Un espectáculo que te deixa cravado na butaca sen poder de reacción. Sabes que vai en serio, pero e se non? HUGO – Náufragos Teatro   DÍA: sábado 2 de decembro HORA: 12.30 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Obra infantil CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS LINGUA: Galego DURACIÓN: 55 min ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Dpto. Cultura do Concello da Estrada) SINOPSE: Hugo non é só a proposta infantil máis contratada en Galicia este ano, senón o espectáculo galego máis vendido fóra de Galicia que acadou o premio María Casares ao mellor espectáculo para público familiar. A obra, dirixida por Gustavo del Río, fala do trastorno do espectro autista (TEA) desde a mirada de Hugo e Laia, os seus protagonistas.

Campamentos de nadal 2023

Campamentos de nadal 2023 A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos(escolarizados) e empadroados no Concello da Estrada. DATAS E HORARIO: 22,26,27,28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro. En horario de 8:30 a 14:30. PRAZAS: 30 rapaces/as nas instalacións de SOEI e 10 rapaces/as no Espazo Concilia. LUGAR DE CELEBRACION: Instalacións de SOEI Espazo Concilia (Novo Mercado) PRAZO DE INSCRICIÓN: do 27 de novembro ó 15 de decembro (ambos incluídos) COTA DE INSCRICIÓN:  O prezo será de 26€ por participante  O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (20€), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).  A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte:  Descargar ficha inscrición Libro de familia (só si solicita bonificación por 2º/3º irmán participante)  Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia. No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades: Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición da actividade. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa ou monoparental. Orde de entrada das solicitudes.  

A Estrada promove unha serie de actividades reivindicativas de cara ao Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller

A Estrada promove unha serie de actividades reivindicativas de cara ao Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller O día 24 de novembro terá lugar un acto institucional ás 20:30 horas na praza do Concello, onde a concelleira, Amalia Goldar, lerá un manifesto en contra das violencias machistas. Ademais tamén se realizará un scape room reivindicativo nos centros de ensinanza secundaria do municipio. Un ano máis, o Concello da Estrada conmemorará o 25 de novembro, Dia Mundial da eliminación da violencia contra a Muller, promovendo unha serie de actividades reivindicativas entre a veciñanza e o alumnado local. O acto principal desta programación terá lugar este venres, 24 de novembro, e como tódolos anos, celebrarase unha concentración simbólica as 20:30 horas diante do Concello en recordo das vítimas e a modo de repulsa da violencia machista. Para dar unha maior visibilidade, colgarase unha pancarta na fachada do consistorio durante esta semana e pola noite iluminarase a fachada con luces violeta, cor simbólica desta loita social. Desde o goberno local anímase a que todas as persoas participen e se sumen a esta concentración, incidindo en que a violencia machista é un problema que necesita que toda a cidadanía se implique na súa erradicación. No mesmo acto, a edil, Amalia Goldar, será a encargada de ler un manifesto institucional aprobado polos grupos PP, PSOE e MÓVETE no pleno ordinario do mes de novembro, e no que se mostrará o compromiso unánime destas tres agrupacións nesta loita que ano tras ano non cesa. Igualmente, conscientes da importancia da prevención e da detección precoz das condutas violentas, desde o CIM do Concello da Estrada impulsarase unha actividade subvencionada a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero sobre a sensibilización en violencia de xénero. Dita proposta, enmarcada dentro da posta en marcha do Plan de Igualdade Municipal, consistirá este ano nun scape room realizado co alumnado de educación secundaria dos IES Manuel García Barros, IES Antón Losada Diéguez, IES número 1 e CPR Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes. Realizaranse entre os días 27 de novembro e 5 de decembro de 2023 nos horarios que cada centro dispuxo. A maiores, promoveranse outras iniciativas como a disposición dunha mesa informativa no Centro de saúde para dar visibilidade aos recursos existentes en contra da violencia de xénero e mostrar a importancia da colaboración e coordinación entre o CIM e os servizos sanitarios. Asemade, desde o CIM tamén se informa que se está a traballar na actualización do protocolo da Mesa Local contra a violencia de xénero, polo que nas vindeiras datas convocarase a todos os participantes para a presentación das novas incluídas neste protocolo, que leva en funcionamento desde 2010. Finalmente, tamén se dará continuación á difusión da APP Benquéro (ME) Ciclo teatral no Teatro Principal durante o mes de novembro Durante o mes de novembro o Concello da Estrada, a través da área de Cultura en colaboración co Centro de Información á Muller, puxo en marcha un ciclo teatral para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra a Muller. En total a programación incluíu cinco os eventos cun prezo reducido de 3,00€ e cunha oferta de convites dirixida a todas asociacións de mulleres do Concello da Estrada. As propostas deste ciclo foron o parladoiro coa poeta Yolanda Castaño e as representacións das obras Great Greta, Santa Inés, As Alumnas e Brokeback Sabucedo, programada para este venres, 24 de novembro.

Recollida de cartas coa preferencia de destinos para a viaxe do IMSERSO

Recollida de cartas coa preferencia de destinos para a viaxe do IMSERSO Todas as personas que estean anotadas para participar nas viaxes do Imserso 2023/2024 poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais, durante esta semana(desde o 20 ata o 25 de novembro) a recoller a carta coa cita para elexir o destino. O departamento de Servizos Sociais informa da imposibilidade de enviar as cartas por correo certificado debido aos problemas de prazo co Imserso

Notificación de Interrupción programada da subministración

Notificación de Interrupción programada da subministración Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que o próximo día 26 de novembro de 2023, de 6:00 a 7:30 horas, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo. Descargar información completa.

Scroll ao inicio
Skip to content