Curso Escolar 2024-2025 Escola Infantil Municipal. Información solicitude de novo ingreso Prazo de presentación de solicitudes: Primeira quincena do mes de abril. Os impresos de solicitude recolleranse na propia escola, que unha vez cumprimentados serán entregados na EIM, xunto coa documentación solicitada: Fotocopia do documento nacional de identidade da nai, pai e, se é o caso, dos representantes legais. Fotocopia e orixinal do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. Fotocopia e orixinal do título de familia numerosa de ser o caso. Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota da S.S. No réxime especial de traballadores por conta propia. Fotocopia e orixinal da declaración do IRPF de ambos os proxenitores. Fotocopia do xustificante ou certificación de ser demandante de emprego. Fotocopia do documento que acredite ser beneficiario/a do tramo de inserción (RISGA). Fotocopia do certificado do recoñecemento do grao de discapacidade alegada polos membros da unidade familiar. Documentación acreditativa en caso de acollemento. Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar. Informe do equipo de valoración e orientación das Delegacións Provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Servizos Especializados de Atención Temperá da administración local ou autonómica, ou órganos competentes na materia na administración do estado ou nas correspondentes comunidades autonómicas, sobre a necesidade de integración no caso de nenas/os con necesidades de apoio específico. Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación do cónxuxe, abandono do fogar, maltrato, etc. Informe dos servizos sociais do concello correspondente no suposto de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar. Volante de empadroamento familiar.