Concello da Estrada

Curso Escolar 2024-2025 Escola Infantil Municipal. Información solicitude de novo ingreso

Prazo de presentación de solicitudes

  • Primeira quincena do mes de abril.

Os impresos de solicitude recolleranse na propia escola, que unha vez cumprimentados serán entregados na EIM, xunto coa documentación solicitada:

  • Fotocopia do documento nacional de identidade da nai, pai e, se é o caso, dos representantes legais.
  • Fotocopia e orixinal do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Fotocopia e orixinal do título de familia numerosa de ser o caso.
  • Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota da S.S. No réxime especial de traballadores por conta propia.
  • Fotocopia e orixinal da declaración do IRPF de ambos os proxenitores.
  • Fotocopia do xustificante ou certificación de ser demandante de emprego.
  • Fotocopia do documento que acredite ser beneficiario/a do tramo de inserción (RISGA).
  • Fotocopia do certificado do recoñecemento do grao de discapacidade alegada polos membros da unidade familiar.
  • Documentación acreditativa en caso de acollemento.
  • Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
  • Informe do equipo de valoración e orientación das Delegacións Provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Servizos Especializados de Atención Temperá da administración local ou autonómica, ou órganos competentes na materia na administración do estado ou nas correspondentes comunidades autonómicas, sobre a necesidade de integración no caso de nenas/os con necesidades de apoio específico.
  • Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación do cónxuxe, abandono do fogar, maltrato, etc.
  • Informe dos servizos sociais do concello correspondente no suposto de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.
  • Volante de empadroamento familiar.

 

Scroll ao inicio
Skip to content