Concello da Estrada

Anuncio información pública - Desafectación camiño público en Barcala

18 de abril de 2024

O Concello Pleno, na súa sesión celebrada en data 01.02.2024, previos os informes e trámites preceptivos, aprobou inicialmente a desafectación do tramo de camiño público de titularidade municipal que discorre entre as leiras núms. 569, 570, e remata no linde coa núm. 568 da Zona de Concentración Parcelaria de Barcala (de 130,00 m² de superficie), declarándoo provisionalmente como ben patrimonial en calidade de parcela sobrante.

Scroll ao inicio
Skip to content