Concello da Estrada

Trámites

Recollida e Tratamento de Lixo - Alta no servizo

Que é ?

A recollida e tratamento de lixos domiciliarios e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos e unha prestación de recepción obrigatoria.

Considérase lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal dos locais ou vivendas.

Exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, entullos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos, e que a súa recollida ou vertido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade

Os materiais voluminosos son obxecto dun servizo especial publicitado a través de Bandos, nos que se indica as datas e condicións de uso do mesmo.

Quen o pode solicitar ?As persoas físicas ou xurídicas que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nos que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufrutuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.
Onde se solicita ?Nas Oficinas Xerais do Concello.
Que documentos hai que
presentar ?
Solicitude de alta dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello.
Canto custa ?

As tarifas para as vivendas e locais de aplicación nas zonas urbanas e rural figuran no artigo 6 da ordenanza correspondente

Existen bonificacións do 50 % para parados ou xubilados que cumpran determinadas condicións e do 95% para as persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal.

Cando se pode solicitar ?En calquer momento.
Outra información de interesePola súa comodidade, suxerímoslle a conveniencia de cumprimentar o impreso de domiciliacion bancaria.
– Baixa no servizo de recollida de lixo.
– Servizos de suministro de auga e sumidoiros.
– Na zona urbana o recibo ten periodicidade bimestral e comprende xunto coa taxa de recollida de lixo, a da auga e a da rede de sumidoiros. Na zona rural o recibo e semestral.
– Ordenanza fiscal da taxa de recollida e tratamento de lixo.
 

Scroll ao inicio
Skip to content