Concello da Estrada

Trámites

Ocupación de voo de toda clase de vías públicas

Que é ?A utilización, aproveitamento ou ocupación do voo de toda clase de vías públicas municipais mediante elementos construtivos pechados, terrazas, miradores, balcóns, marquesiñas, toldos, paraventos, e outras instalaccións semellantes voadizas sobre a vía pública ou que sobresain da liña da fachada.
Quen o pode solicitar ?Calquera persoa física ou xurídica interesada.
Que documentos hai que
aportar ?
– Unha solicitude asinada.
– Un plano da instalación e o detalle da superficie do aproveitamento solicitado e a súa situación dentro do termo municipal.
Canto costa ?O que se indica no anexo da Ordenanza fiscal reguladora.
Cando se pode facer ?En calquera momento.
Onde se solicita ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ?Un máximo de 15 días.
Que documentación entrega o Concello ?– Unha copia da resolución adoptada.
– Recibo de pagamento das taxas.
Outras informacións de intereseO solicitante debe cumprir as normas de seguridade vixentes en cada momento.

 

 

Scroll ao inicio
Skip to content