Trámites
Ocupación da vía pública con mercadorías, materiais de construcción, ...
Que é ? | A autorización para a ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construción, refugallos, valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas. |
---|---|
Quen o pode solicitar ? | Calquera persoa física ou xurídica interesada. |
Que documentos hai que achegar? | – Unha solicitude asinada. – Memoria con plano, detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do termo municipal. – Medidas de seguridade previstas. – Xustificante de pagamento do importe da taxa en calidade de depósito previo. |
Canto costa ? | A tarifa cos distintos tipos e zonas de de ocupación figura no anexo da Ordenanza fiscal reguladora. |
Cando se pode facer ? | En calquera momento. |
Onde se solicita ? | No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? | De 7 a 30 días. |
Que documentación entrega o Concello ? | – Unha copia da resolución adoptada. – Unha vez autorizada ou concedida a licenza de aproveitamento, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado. – No caso de denegarse a autorización, os interesados poderán solicitar a devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo. |
Outras informacións de interese | O solicitante deberá cumprir as normas de seguridade e demais regulacións vixentes en cada momento. |