Bernarda pecha a súa longa e exitosa xira coa visita obrigada á nosa vila dentro do ciclo da muller que organiza o Concello da Estrada. Unha montaxe que reflicte a unha muller dura e loitadora que debe sacar adiante a educación das súas fillas. O choque xeracional será o epicentro dun drama que ás veces nos fará rir e outras conter o pranto. Un espectáculo, en todo caso, inesquecible.
Coma todos os anos, a Banda Cultural da Estrada celebra o día de Sta Cecilia, patroa dos músicos, cun concerto no que dará a coñecer o seu novo repertorio.
XOGAMOS EN COUSO! O sábado 28 de novembro volvemos a ter unha tarde de xogos, creatividade e diversión na Casa Escola de Couso. Un espazo para compartir, aprender e, sobre todo, pasalo en grande xogando en igualdade. Teremos dúas grandes actividades: – O gran Xogo da Oca, un xogo no que cada casiña será un novo reto. Poñeremos a proba as nosas destrezas, a imaxinación e o traballo en equipo, ao tempo que descubrimos, a través de preguntas e desafíos, como construír relacións máis igualitarias e libres de estereotipos. – Chapas creadas por nós: deseñaremos chapas personalizadas con lemas e mensaxes a prol da igualdade. Unha oportunidade para expresar as nosas ideas, reivindicar o bo trato e levar connosco pequenas mensaxes que poden xerar grandes cambios. 📅 Sábado 28 de novembro 🕓 De 16:00 a 20:00 h 📍 Casa Escola de Couso Idades de 3 a 12 anos Prezos: • 15 € tarifa xeral • 10 € tarifa reducida para socias, segunda inscrición e familias numerosas. Inscricións e información: – info@axesteira.gal – 722 31 76 56
A Banda de Música Municipal da Estrada celebra o día da súa patroa cun concerto no que dará a coñecer o seu novo repertorio e aos novos integrantes desta agrupación.
Seleccionada pola Mostra de Teatro Clásico de Almagro, esta peza ofrece a posibilidade de gozar desde o teatro da música barroca e de facelo dun modo divertido e alonxado de academicismos. A obra musical acontece no salón real dunha monarquía europea do século XVIII. Nel danse cita, o rei, a raíña, o compositor da corte e un bufón que non deixará títere con cabeza.
Chega á Estrada Goyo Jiménez, o actor que nos ensinou que ser americano non é só falar con maiúsculas, almorzar gofres con bacon, resolvelo todo botando man dunha metralleta repetidora ou debuxando no rostro un sorriso Profident. Goyo recupera neste novo show os seus momentos máis celebrados para amosarnos o soño americano convertido en insomnio global.
Coma todos os anos, a Escola da Banda de Música Municipal da Estrada recibe o nadal cun concerto no que participará o seu alumnado, ademais do Grupo de Música e Movemento, da Banda infantil e a Banda Escola.
Despois dun ano repleto de actuacións e clases, o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso celebra o seu habitual concerto de nadal coa actuación da big band e do coro.
Coma todos os nadais, o concerto de Fin de Ano reunirá sobre o escenario do Principal á Coral Polifónica Estradense, a Coral Polifónica de Soutomaior, ao pianista Alejo Amoedo e o contrabaixista Carlos Méndez cun repertorio que incluirá cancións de nadal, musical e bandas sonoras.
Coma todos os anos, o Encontro de coros de nadal reunirá na igrexa parroquial a varios dos coros parroquiais activos no municipio cun repertorio composto por panxoliñas e cancioneiro litúrxico.