A Xunta arquiva o expediente da gasolineira da Baiuca

A Xunta de Galicia vén de resolver o arquivo do expediente ambiental para a instalación dunha gasolineira na contorna da Baiuca, entre a Avenida Benito Vigo e a Avenida da Torre.

A resolución fundamenta expresamente a súa decisión nos informes técnicos emitidos polo Concello da Estrada, que concluíron que o proxecto non era compatible co PXOM e cuestionaron que puidese acollerse á excepción normativa prevista para a integración dunha estación de servizo nun establecemento comercial.

Deste xeito, a Xunta declara que non procede formular a declaración de incidencia ambiental, pon fin ao procedemento e arquiva as actuacións.

O expediente contou tamén cunha importante participación cidadá, con 730 alegacións particulares, ademais das presentadas por diferentes entidades e colectivos.

Scroll ao inicio
Ir o contido