O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e posibilita unha mellora no eido da Literatura e é polo que así entendido, no proceso de normalización cultural, crea: O PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES). Ademais, deste xeito, quere testemuñar a admiración e respecto e manter a presenza do ilustre académico e galeguista DON MANUEL GARCÍA BARROS, mestre e fillo deste Concello, contribuíndo así ao espallamento da súa persoa e máis a importante achega que a súa obra fixo ás Letras Galegas. O Excmo. Concello da Estrada en colaboración coa Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convoca o XXXIX PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES), cunha dotación económica de 9.000 euros, que se rexerá polas seguintes: BASES XXXIX PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” PRIMEIRA  Poderán concorrer ao premio autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega, agás os gañadores das últimas 5 edicións. Os textos presentados deberán ser inéditos e totalmente orixinais.  SEGUNDA  Os orixinais serán presentados por quintuplicado en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo e encadernados en espiral, acompañadas dun CD ou pendrive no que se incluirá a obra en formato PDF, antes do 31 de xaneiro de 2027 na Casa do Concello, Praza da Constitución, 1 – 36680 A Estrada (Pontevedra)  TERCEIRA  Con cada orixinal que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor ou autora, así como o título da novela. Presentarase na plica unha declaración xurada conforme están ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non están incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente. A orixinalidade da obra e a súa autoría xustificarase mediante unha declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos e que ademais non se empregou ningunha clase de IA xenerativa na súa realización.   CUARTA  O premio terá unha dotación económica de 9.000 euros que se outorgará indivisiblemente nun único premio e suxeito ás retencións que, no seu caso, procedan. O premio poderá xestionarse por tramitación anticipada de gastos, co obxecto de iniciar a tramitación no exercicio 2026, e adxudicar (disposición de gastos) e recoñecer o importe da obriga con cargo aos orzamentos de 2027, en concreto, na aplicación orzamentaria 2027/01/330/48100 con data límite o 31/12/2027. As persoas premiadas deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Axencia Tributaria de Galicia, coa Seguridade Social e co Concello da Estrada.  QUINTA  O xurado estará composto por cinco membros escolleitos entre recoñecidos persoeiros do mundo da cultura actuando un deles como secretario/a a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio concederase por maioría de votos. A resolución será notificada ao interesado antes de 01/12/2027. Na valoración das obras presentadas o xurado terá en conta os seguintes criterios: Calidade literaria da obra presentada, en especial, trama, ritmo narrativo e creación de personaxes. Orixinalidade e valor cultural da proposta, en especial, valoraranse as achegas que supoñan unha innovación dentro do panorama da actual narrativa galega. Calidade e coidado da lingua empregada, que supoña un elemento enriquecedor da obra e se adapte a súa trama e estilo. SEXTA As presentes bases publicaranse na web municipal www.aestrada.gal, na app do Concello e nas súas redes sociais. O extracto da convocatoria desta subvención publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Posteriormente, a BDNS dará traslado do extracto desta ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación.   SÉTIMA  A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente.  OITAVA  Unha vez emitida a resolución do xurado, procederase á apertura da plica gañadora no curso dun acto público na data e lugar que se anunciarán oportunamente.   NOVENA O premio poderá ser declarado deserto. Ademais, se o considerase oportuno o xurado poderá destacar unha obra como finalista, abrindo a plica correspondente e, se a persoa autora o permite, darase a coñecer o seu nome e título, obra que será́ publicada por Editorial Galaxia, asinando co seu autor/a un contrato de edición estándar rendendo o 10 por cento de dereitos de autor.  DÉCIMA O acto de entrega do devandito XXXIX PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES), será no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.   UNDÉCIMA  O Excmo. Concello da Estrada resérvase, durante o prazo dun ano, os dereitos de publicar a obra premiada, en todas as linguas do Estado, en formato físico e dixital. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello da Estrada, na primeira edición en papel, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia.  DUODÉCIMA  O procedemento de instrución e resolución levarase a cabo no Departamento de Cultura, nos termos que se regulan nos artigos 23 a 27 da Lei Xeral de Subvencións. Os textos non premiados poderán ser retirados no Departamento de Cultura do Concello da Estrada, previa presentación de solicitude, por correo-e ou teléfono. O impreso de retirada será asinado polo autor ou autora no momento da súa recollida, nun prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da comunicación do xurado. Aqueles que non sexan retirados no prazo indicado serán destruídos, sen que proceda ningunha reclamación ao respecto.   DÉCIMO TERCEIRA A presente subvención será compatible con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público

VII Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado BASES PRIMEIRA Poderán optar ao VII Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia. O(s) autor(es) ou autora(s) garantirán a autoría e orixinalidade da obra presentada ao premio, así como que non é copia ou modificación de ningunha obra allea nin integral nin parcialmente. SEGUNDA Poderán concorrer ao premio tanto unha soa persoa autora da parte textual e da gráfica coma dúas ou máis persoas coautoras da parte textual e/ou gráfica. TERCEIRA As obras serán presentadas co texto en lingua galega, seguindo a normativa oficial establecida pola RAG/ILG. CUARTA As obras a concurso deberán cumprir tamén as seguintes condicións: – Poderase presentar obra completa ou proxectos, que consistirán nun dossier cun mínimo de 8 páxinas rematadas, tamaño tamaño de 240×210 mm en formato horizontal ou 170×240 mm en formato vertical, formato PDF, e escaleta completa do guión ou storyboard completo da obra. – O texto do álbum poderá presentarse xa incorporado á parte gráfica ou tamén por separado dela. En caso de presentarse o texto por separado enviaranse cinco copias impresas deste e outro xogo doutras cinco copias a cor do conxunto de ilustracións. Tamén deberán achegarse indicacións precisas de onde debe figurar o texto en cada páxina ilustrada. En caso de presentarse o texto xa incorporado á parte gráfica deberán enviarse cinco copias impresas a cor do álbum. – As obras deberán ter unha extensión, sen incluír a cuberta e contracuberta e as gardas, dun mínimo de 24 páxinas e un máximo de 48 páxinas cun un tamaño de 240×210 mm en formato horizontal ou 170×240 mm en formato vertical. – Os álbums presentaranse con título e baixo pseudónimo. Nun sobre á parte e cerrado figurarán o nome completo, DNI, enderezo postal e electrónico e máis o teléfono do autor ou autora. Todos estos datos de cada un dos autores da obra. – O autor/a ou autores/as presentarán na plica unha declaración xurada conforme de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non estar incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente. – A orixinalidade da obra e a súa autoría xustificarase mediante unha declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos e que ademais non se empregou ningunha clase de IA xenerativa na súa realización. QUINTA O prazo de admisión de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2027. Os álbums deberán enviarse ao seguinte enderezo:VII Premio Alberte Quiñoi de Álbum IlustradoConcello da EstradaPraza da Constitución, 136680 A Estrada (Pontevedra) SEXTA Establécese un premio único de 4.000 euros para o gañador ou gañadora, suxeito ás retencións que, no seu caso, procedan. De seren dúas ou máis as persoas gañadoras, a contía do premio repartirase equitativamente entre todas elas.O premio poderá xestionarse por tramitación anticipada de gastos, co obxecto de iniciar a tramitación no exercicio 2026, e adxudicar (disposición de gastos) e recoñecer o importe da obriga con cargo aos orzamentos de 2027, en concreto, na aplicación orzamentaria 2026/01/330/48100 con data límite o 31/12/2027. As persoas premiadas deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Axencia Tributaria de Galicia, coa Seguridade Social e co Concello da Estrada. SÉTIMA O álbum gañador será publicado pola Editorial Galaxia.Ademais, se o considerase oportuno o xurado poderá destacar unha obra como finalista, abrindo a  plica correspondente á obra  e, se a/as persoa/as autora/as o permite, darase  a coñecer o seu nome e título, obra que será publicada por Editorial Galaxia, asinando co seu autor/a un contrato de edición estándar rendendo o 10 por cento de dereitos de autor. OITAVA O xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio vinculadas ao mundo da creación e/ou da crítica literaria ou artística e será designado polo Concello da Estrada (tres membros), a Secretaría Xeral de Política Lingüística (un membro) e a Editorial Galaxia (un membro). Actuará como secretario ou secretaria do xurado, un dos membros do xurado a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio outorgarase por maioría simple de votos, podendo ser declarado deserto se o xurado así o estima. A decisión do xurado será inapelable. A resolución será notificada ao interesado antes de 01/12/2027. Na valoración das obras presentadas o xurado terá en conta os seguintes criterios:1.º Calidade textual e visual da obra presentada, en especial, trama, ritmo narrativo, estrutura narrativa e creación de personaxes. Prestarase especial atención á interacción entre texto e imaxe.2.º Orixinalidade e valor cultural da proposta, en especial, valoraranse as achegas que supoñan unha innovación dentro do panorama da actual narrativa galega. Terase en conta, ademais, a capacidade do álbum para xerar educación en valores.3.º Calidade e coidado da lingua empregada, que supoña un elemento enriquecedor da obra e se adapte a súa trama e estilo. NOVENA As presentes bases publicaranse na web municipal www.aestrada.gal, na app do Concello e nas súas redes sociais.O extracto da convocatoria desta subvención publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Posteriormente, a BDNS dará traslado do extracto desta ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación. DÉCIMA O procedemento de instrución e resolución levarase a cabo no Departamento de Cultura, nos termos que se regulan nos artigos 23 a 27 da Lei Xeral de Subvencións. Os textos non premiados poderán ser retirados no Departamento de Cultura do Concello da Estrada, previa presentación de solicitude, por correo-e ou teléfono. O impreso de retirada será asinado polo autor