Turismo A Estrada
Turismo Menu Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Turismo A Estrada
Turismo Menu Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Turismo A Estrada
Turismo Menu Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Rapa das Bestas
Turismo Menu Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Concesión de subvencións en oficinas de turismo adheridas á rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas ano 2023 Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao público en oficinas de turismo adheridas á rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas no ano 2023. Descargar información completa.
Turismo Menu Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Festas Festa do Salmón Celébrase no pobo da Estrada. A primeira Edición do Salmón celebrouse na Estrada no ano 1974. Se vai bo tempo sitúase unha carpa na Alameda do Concello e se, pola contra, vai mal tempo este festexo celébrase dentro da Praza de Abastos. Ten o seu día marcado no calendario, xa que é sempre a terceira fin de semana do mes de maio. A Degustación Popular é o evento principal da festa. O domingo pola mañá entre as 12 e as 15 horas todo aquel que se achegue ao pobo pode degustar por un módico prezo simbólico por bono que vale para a degustación dun prato. Unha gran cantidade de bandexas son expostas para que a xente poida elixir e saborear. Asociacións, panaderías e restaurantes son os principais colaboradores que presentan todos os anos innovadores delicatessens elaborados a base de salmón como principal ingrediente. Rapa das Bestas Rapa das Bestas de Sabucedo é o nome do curro que cada ano se celebra en Sabucedo durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. Na actualidade ten máis de 600 cabalos, chamadas bestas ás femias e garañóns aos machos, divididos en 14 mandas, que viven libres nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, como noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos no curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a máis importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os “aloitadores”, que son os que se encargan de suxeitar á besta ou garañón mentres se procede a rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar o seu labor. Outra especificidade de Rapa das Bestas de Sabucedo é que a “Baixada” ou actividade de xuntanza e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galicia e de fóra da comunidade. Outra tradición dentro da gran tradición que é rapa das Bestas de Sabucedo consiste en que o sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lorenzo (patrón de Sabucedo) para que non ocorra ningún accidente ou desgraza durante a festa. San Paio – Festas Patronais O día 26 de xuño teñen lugar, na honra a San Paio, as festas patronais da vila da Estrada ao que se lle dedica unha misa seguida dunha numerosa procesión. Durante eses días o pobo vístese de gala para acudir a todo tipo de festexos. Ao longo do día teñen lugar pasarrúas de bandas e grupos de gaitas. Realízanse tamén actividades para maiores e cativos como as atraccións ás que se pode acudir tanto de día como de noite. Xa de noite os concertos, as orquestras e demais actuacións enchen o pobo de xente ata altas horas da madrugada, cun ambiente festivo e de troula. Feira da Sidra A Feira naceu como un vehículo para dar visibilidade aos produtores que recuperaron a tradición ancestral do cultivo da mazá e a producción de Sidra, que tradicionalmente se relaciona con comunidades como Asturias ou País Vasco, e sin embargo ten en Galicia unha histórica tradición que se perdiera esquezida durante moitos anos e que dende hai varias décadas rexurdiu con forza.
Turismo Menu Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Close Turismo Festas Rapa das Bestas Subvención Oficinas Turismo Turismo …casonas e pazos, igrexas e arte sacra. Fervenzas e coutos de pesca, cabalos e homes. Cruceiros e castros, xardíns e bosques. Deportes de aventura e tranquilos paseos,… Para acceder á información turística prema no seguinte enlace: https://turismo.aestrada.gal/