Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024
Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 Axuda plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 (AGADER) Descargar pdf.
Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 Axuda plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 (AGADER) Descargar pdf.
A EMAE despide o curso 23-24 cun roteiro escénico Este sábado 1, coincidindo coa Feira da Sidra, a Escola Municipal de Artes Escénicas celebra un roteiro de fin de curso que levará o teatro e a danza a distintos puntos do noso centro urbano. Alameda, Rúa Calvo Sotelo (á altura de sala Abanca) e a Praza do Mercado son os lugares elixidos para os catro eventos que os grupos Infantil, Xuvenil, Teatro +18 e Danza-Teatro +40 realizarán nas súas exhibicións de fin de curso.
Unidade Móbil – Doazón de Sangue O venres 7 de xuño das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:
Unidade móbil 6 de inspección técnica de turismos Desplazarase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e ubicacións: Descargar pdf.
XI Feira da Sidra da Estrada Coma sempre, se se merca o vaso conmemorativo da edición poderedes enchelo tantas veces como queirades. Lembra!! Este ano hai 𝗩𝗘𝗡𝗧𝗔 𝗔𝗡𝗧𝗜𝗖𝗜𝗣𝗔𝗗𝗔 dos vasos!! O próximo mércores 29 no Novo Mercado! E no día da festa haberá tamén venta de pinchos e tapas a cargo da Asociación de Hosteleiros da Estrada. A maiores Concerto do grupo Pants Off na Zona dos Viños ás 23:30 horas.
XV Campus Deportivo de Verán 2024 O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, o Campus Deportivo de Verán do Concello da Estrada 2024. As solicitudes de inscrición deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal/), ou no seu defecto no Rexistro Xeral do Concello da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. PRAZO DE INSCRICIÓN: DO MARTES DÍA 28 DE MAIO ATA O LUNS DÍA 10 DE XUÑO DE 2024. Descargar información completa. Descargar ficha inscrición.
Concello da Estrada convoca as Axudas Municipais á Creación de Empresas 2024 Requisitos xerais: Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-). Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada. O importe máximo destas axudas é de 2.000 € por empresa/autónomo.*Nota: é suficiente con presentar facturas por importe de 2000 euros PRAZO DE SOLICITUDE: DO LUNS 27 DE MAIO AO VENRES 7 DE XUÑO DE 2024 (ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE) Se tes calquera dúbida podes contactar co departamento de emprego do Concello da Estrada, chamándonos ao teléfono 986 677 740 o pasándote directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas. Descargar bases. Descargar anexo I (.odt) Descargar anexo I (.doc) Descargar anexo II (.odt) Descargar anexo II (.doc) Descargar anexo III (.odt) Descargar anexo III (.doc) Descargar anexo IV (.odt) Descargar anexo IV (.doc) Descargar anexo V (.odt) Descargar anexo V (.doc)
Campamentos de verán 2024 A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. DATAS E HORARIO: mes de xullo, agosto e ata 10 de setembro. En horario de 9:00 a 14:00, de luns a venres (con posibilidade de ampliación segundo necesidades das familias) PRAZAS: 20 rapaces/as por quincena (agás no CEIP Pérez Viondi que son 40 prazas por quincena) LUGAR DE CELEBRACION: instalacións dos CEIP de Oca, Foxo, Cabada Vázquez, Villar Paramá e Pérez Viondi. PRAZO DE INSCRICIÓN: do 4 ó 17 de xuño (ambos incluídos) COTA DE INSCRICIÓN: O prezo será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto) e 25€ por participante durante os días do mes de setembro. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€ nas quincenas de xullo e agosto, e 20€ os días de setembro), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal). A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte: D.N.I do pai, nai ou titor Libro de familia (só si solicita bonificación por 2º/3º irmán participante) Descargar ficha de inscrición No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades: Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal. Familias nas que os seus pais ou titores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades. Familias con renda máis baixas (IPREM) Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa. Orde de entrada das solicitudes. Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.
GastroTur do Ulla Os vindeiros 17, 18 e 19 de maio terá lugar o I Salón de recursos turísticos, gastronómicos e deportivos das Terras do Ulla. Estará ubicado na Fundación de Exposicións e Congresos sita na Zona Deportiva do Concello da Estrada. A entrada será de balde. Descargar programación.