Concello da Estrada

Campamentos de verán 2024

A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

DATAS E HORARIO: mes de xullo, agosto e ata 10 de setembro. En horario de 9:00 a 14:00, de luns a venres (con posibilidade de ampliación segundo necesidades das familias)

PRAZAS: 20 rapaces/as por quincena (agás no CEIP Pérez Viondi que son 40 prazas por quincena)

LUGAR DE CELEBRACION: instalacións dos CEIP de Oca, Foxo, Cabada Vázquez, Villar Paramá e Pérez Viondi.

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 4 ó 17 de xuño (ambos incluídos)

COTA DE INSCRICIÓN:

  • O prezo será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto) e 25€ por participante durante os días do mes de setembro.
  • O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€ nas quincenas de xullo e agosto, e 20€ os días de setembro), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).

A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte: 

No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:

  1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
  2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
  3. Familias nas que os seus pais ou titores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
  4. Familias con renda máis baixas (IPREM)
  5. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.
  6. Orde de entrada das solicitudes.

Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.

Scroll ao inicio
Skip to content