Concello da Estrada

Uncategorized @gl

Estrada Escena Primavera 2024

Estrada Escena Primavera 2024 MARZO Xoves 21 (20.30h) Go home! DAVID AMOR (estrea) Venres 22 (21.00h) 50+1 MONCHO BORRAJO Sábado 23 (18.00h) Festival de Acordeóns Música no Camiño Domingo 24 (19.00h) Concerto de solistas da Banda Municipal da Estrada ABRIL Sábado 6 (20.30 h) Bailar agora, Marta Alonso Domingo 7 (19.00h) Un médico na aldea, Emae + Tequexetéldere Venres 12 (21.00h ) FRANCISCO CASTRO e a Banda dos Borges en concerto Sábado 13 (12.30h) Mamut, Markeliñe Xoves 18 (19.00h / MOME) Faladoiro sobre Avelina Valladares Venres  19 (21.00h)  O porco de pé, Producións Excéntricas Venres 26 (21.00h) Mangoreté, Bea Pillado e Desiré Pillado coa colaboración do Obradoiro Carlos Barruso Sábado 27 (20.30h) Parladoiro Ensalada de Mosquito XX Aniversario   MAIO Sábado 4 (20.00 h) Meixeverso, PABLO MEIXE Xoves 9 (20.30h) Parladoiro musical con HEREDEIROS DA CRUS Venres 10 (21.00 h) De algo hai que morrer, Malasombra Teatro Sábado 11 (12.30h) Barquiño de pau, Tropa de Trapo Sábado 11 Concerto Orquestra Suso Vaamonde (rúa Calvo Sotelo) Venres 17 (21.00 h) Musical Carme sempre túa, Banda Municipal da Estrada + EMAE Domingo 19 (19.00h) Concerto do Salmón, Coral Polifónica Estradense Venres 24 (21.00h) Concerto A Música dos Valladares

Xunta de Galicia convoca as axudas do plan estatal para a mellora da accesibilidade nas vivendas no ano 2024

Xunta de Galicia convoca as axudas do plan estatal para a mellora da accesibilidade nas vivendas no ano 2024 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2024 con carácter plurianual (código de procedemento VI435B). Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada: a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila. b) As persoas propietarias ou usufrutuarias de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva. c) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva. d) As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. e) As sociedades cooperativas de vivendas integradas por socios cooperativistas que precisen aloxamento para si ou os seus familiares, as sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo. f) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios, que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal. g) As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa. h) As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria custee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo á parte ou á totalidade da renda arrendaticia. As vivendas unifamiliares, illadas ou agrupadas en fila, para as que se solicite a axuda deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Estar rematadas antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non se exixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. b) Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar as axudas. A dita circunstancia acreditarase mediante o empadroamento. Os edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva que se acollan ás axudas deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Estaren rematados antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non obstante, non se exixirá este requisito no suposto de que no edificio habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. b) Que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda. Esta circunstancia poderá acreditarse mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. c) Que, polo menos, o 30 % das vivendas constitúan o domicilio habitual dos seus propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios no momento de solicitar as axudas deste programa. A dita circunstancia acreditarase mediante o empadroamento. Este requisito non se terá en conta nos seguintes casos: – Cando se trate de propietario/a único/a que tivese que proceder ao realoxo das persoas inquilinas para realizar as obras de mellora da accesibilidade, caso en que deberá As vivendas unifamiliares, illadas ou agrupadas en fila, para as que se solicite a axuda deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Estar rematadas antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non se exixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. b) Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar as axudas. A dita circunstancia acreditarase mediante o empadroamento. 2. Os edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva que se acollan ás axudas deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Estaren rematados antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non obstante, non se exixirá este requisito no suposto de que no edificio habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. b) Que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda. Esta circunstancia poderá acreditarse mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. c) Que, polo menos, o 30 % das vivendas constitúan o domicilio habitual dos seus propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios no momento de solicitar as axudas deste programa. A dita circunstancia acreditarase mediante o empadroamento. Este requisito non se terá en conta nos seguintes casos: – Cando se trate de propietario/a único/a que tivese que proceder ao realoxo das persoas inquilinas para realizar as obras de mellora da accesibilidade, caso en que deberá. Consideraranse subvencionables as actuacións para a mellora da accesibilidade. En particular, as seguintes: a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas, incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida, tanto en edificios como en vivendas unifamiliares, incluíndo os dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial

Rosalía Morlán presentará no MOME ‘Cando o avó esqueceu o meu nome’, obra galardoada nos premios Simbad para o Recordo e o Alzhéimer do 2022

Rosalía Morlán presentará no MOME ‘Cando o avó esqueceu o meu nome’, obra galardoada nos premios Simbad para o Recordo e o Alzhéimer do 2022 O MOME acollerá o mércores 20 de marzo a presentación de Cando o avó esqueceu o meu nome, o libro de Rosalía Morlán publicado pola editorial Galaxia. O acto levarase a cabo ás 20.00 horas e contará coa presenza da propia autora, así como do concelleiro de Cultura, Juan Constenla e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Á presentación asistirán, así mesmo, o editor de Galaxia, Suso Domínguez, e o escritor Xosé Luna. Durante a presentación, unha pequena representación do alumnado do CEIP do Foxo lerá varias pasaxes da obra de Morlán. Así mesmo, o cantante e compositor Manoele interpretará varias cancións durante o acto. A entrada á actividade é libre ata completar a capacidade da sala. Cando o avó esqueceu o meu nome conta a historia dun avó que deixa de lembrar as caras dos seus seres queridos, quedando perdido no mundo do nada. Na obra, a neta loita por el, axudándoo a recuperar esas lembranzas agochadas que compartiron e evitando así que se perdan para sempre. O traballo de Rosalía Morlán gañou o accésit do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer do 2022.

“Bagaxe” no Principal

“Bagaxe” no Principal Este vindeiro domingo ás 18.30h, o actor Arturo Cobas e a actriz Natalia Outeiro farán unha preestrea do seu espectáculo BAGAXE. Unha montaxe onde dous pallasos gardan en 60 maletas as súas ilusións, emocións e vivencias máis íntimas. A entrada serrá libre ata completar a capacidade da sala. Descargar dossier.  

Chega a II Andaina ‘Camiño Miñoto en Flor’ ao concello da Estrada

Chega a II Andaina ‘Camiño Miñoto en Flor’ ao concello da Estrada O Concello da Estrada organiza a segunda edición do roteiro ‘Camiño Miñoto en Flor’ para dar a benvida á primavera. A cita terá lugar o domingo, 24 de marzo, con saída ás 9:30 horas desde a igrexa de Pardemarín. O itinerario da ruta terá unha distancia total de 15 quilómetros, divididos en dous tramos con percorrido circular. O primeiro deles, cunha lonxitude aproximada de 7 quilómetros, corresponde ao Camiño Miñoto, e desenvolverase desde o punto de encontro, na parroquia de Pardemarín, ata o viveiro de fruticultura de Biofruitgalicia, no lugar de Ancorados. O segundo tramo, cunha distancia aproximada de 7,5 quilómetros, correspóndese coa Ruta da Sidra e transcorrerá desde o lugar de Ancorados ao lagar de Sidra Rabiosa, en Pardemarín. Ambos os dous tramos contarán ao remate cunha etapa de avituallamento, nas que se degustarán diversos produtos estradenses, sidras e zumes da localidade. Ademais, as persoas participantes na andaina, gozarán da paisaxe conformada polos arandos en flor no lugar de Ancorados. As persoas interesadas en asistir, poderán inscribirse a través de WhatsApp, contactando cos teléfonos 657 185 557 ou 686 413 824.

A Estrada acolle este venres un obradoiro de alimentación saudable

A Estrada acolle este venres un obradoiro de alimentación saudable Coincidindo co mes no que se conmemora o Día Mundial da Obesidade, o Concello da Estrada promove este venres, 15 de marzo, un obradoiro de alimentación saudable, que terá lugar ás 11:00 horas, na Sala MOME. O taller porá o foco de atención na consciencia real sobre a alimentación, tentando resolver preguntas como: ‘Sabes realmente o que comes?’. As persoas participantes aprenderán, entre outras cousas, a descifrar unha etiqueta nutricional para coñecer os compoñentes que se atopan nos produtos que consomen. As persoas encargadas do faladoiro serán Paula Mariño, dietista nutricionista e investigadora posdoctoral; María Amosa Serto e María Francisca Leis Moledo, enfermeiras especialistas en atención familiar e comunitaria; e Montserrat Seoane Bello, enfermeira residente en atención familiar e comunitaria. O obradoiro, que conta coa colaboración do Concello da Estrada, está organizado polo centro de saúde da localidade. O pasado 4 de marzo, conmemorouse o Día Mundial da Obesidade, que busca concienciar sobre o dano que provoca no organismo unha dieta alta en graxas e azucres. Os alimentos ultra procesados están á orde do día e é importante coñecer os produtos que inxerimos para poder levar unha alimentación sa e consciente. O obradoiro achegará as chaves principais para unha nutrición equilibrada, en prol do beneficio da nosa saúde.

Unidade Móbil – Doazón de Sangue

Unidade Móbil – Doazón de Sangue O venres 22 de marzo das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e sábado 23 de marzo das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

Moción conxunta aprobada polos grupos municipais do Partido Popular, PSdeGPSOE e Mixto (MOVETE)

Moción conxunta aprobada polos grupos municipais do Partido Popular, PSdeGPSOE e Mixto (MOVETE) Moción conxunta aprobada no Pleno do 7 de marzo de 2024 polos grupos municipais do Partido Popular, PSdeGPSOE e Mixto (MOVETE) con motivo da conmemoración do 8 de Marzo como Día Internacional da Muller:“O 8 de marzo foi proclamado o Dia Internacional polos dereitos da Muller pola Organización das Nacións Unidas en 1975. Dende entón, é un día de celebración polos avances que se conseguiron ao longo da historia e de reivindicación polo que queda por facer en materia de igualdade entre homes e mulleres.Desde o Concello da Estrada queremos sumarnos a este dia  conmemorativo e reivindicativo centrándonos sobre todo nas  administracións, xa que consideramos que as administracións públicas deben adoptar as medidas oportunas para garantir o exercicioefectivo por parte de mulleres e homes, en condicións de igualdade, dos dereitos políticos, civís, económicos, sociais e culturais en virtude do artigo 9.2 da Constitución.A igualdade xurídica ten que manifestarse en todas as esferas e deben levarase a cabo medidas co obxectivo de corrixir os esequilibrios existentes e que imposibilitan a consecución da igualdade real.Os concellos somos a Administración da cidadanía, a que lle xera maior confianza.Temos un papel relevante na construción social en igualdade ao sermos quen ten máis capacidade para chegar aos corazóns e ás conciencias, cimentos estes máis determinantes no comportamento. Para avanzar dun xeito contundente e efectivo na igualdade de xénero, precísase da implicación activa de toda a poboación. Para iso, é fundamental tomar conciencia das desigualdades de xénero que perduran na nosa sociedade e nos diferentes ámbitos da nosa vida. É fundamental que a Administración promova iniciativas, pero tamén que conte co compromiso da sociedade na que pretende incidir. Seguimos co firme compromiso de continuar avanzando neste camiño, o que supón continuar planificando accións que dean continuidade ao traballo previo, incidindo na información nos diversos ámbitos da sociedade, dende a educación nos centros de ensino ata os distintos colectivos e asociacións civís, pois o seu compromiso e apoio é fundamental para estender e implantar políticas de igualdade na nosa sociedade. O Concello de A Estrada, proclama en firme a seu compromiso por defender a apoiar a igualdade de todas as persoas independentemente do seu sexo, reiteramos o noso compromiso coa defensa dos dereitos das mulleres e co obxectivo de que ocupen o lugar que lles corresponde (o mesmo que os homes). Por iso: – Instamos a todos os organismos e entidades públicas e privadas, axentes sociais, sectores produtivos e á sociedade en xeral a subscribir esta declaración e aplicar os principios de igualdade de dereitos e responsabilidades entre mulleres e homes.– Salientamos o inestimable e imprescindible valor da muller no desenvolvemento das persoas, da xeración de riqueza e do progreso da humanidade, e instamos á súa visibilidade.– Denunciamos a inxustiza da desigualdade que persiste ata o de agora na sociedade que pon ás mulleres en situación de vulnerabilidade en múltiples eidos da vida, especialmente no laboral comprometémonos a empregarnos activamente e a fondo paraa súa corrección.– Manifestamos o noso compromiso por aplicar todas as medidas posibles no seo das nosas organizacións e nos nosos ámbitos de influencia.– Reclamamos a dotación apropiada para tal fin segundo a lexislación vixente a todas as administracións competentes nesta materia.– Sinalamos a obrigatoriedade de coordinar e sumar as máximas sinerxías posibles na busca da igualdade, aumentar esforzos e medios e dar prioridade a este obxectivo.– Comprometémonos a aportar e impulsar este proceder dentro das nosas posibilidades.”

Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2024

Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2024 PRAZO DE INSCRICIÓNDende o 11/03/2024 ata o 18/03/2024 (Ambos incluídos) REQUISITOS PARA PARTICIPAR Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos Terán prioridade as persoas que non participaran na primeira quenda, despois o criterio de selección establecerase polo número de rexisto de entrada. LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDEDepartamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada DATAS DA ACTIVIDADEDende o 01/04/2024 ata 21/06/2024 HORARIOS / GRUPOS Luns de 09:15h a 10:00h Luns de 16:30h a 17:15h Luns de 19.30h a 20.15h Mércores de 09:15h a 10:00h Venres de 09:00h a 09:45h Venres de 09:45h a 10:30h Nº DE ALUMNOS POR SESIÓNMínimo 7 alumnos/sesión e máximo 12 alumnos/sesión DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE Certificado de discapacidade se fose o caso Descargar solicitude

A gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira, visita o Teatro Principal da Estrada

A gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira, visita o Teatro Principal da Estrada O concello da Estrada acolle este xoves, 7 de marzo, un parladoiro coa gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira. A actividade enmárcase dentro dos actos programados polo Día Internacional da Muller, que se conmemora este venres, 8 de marzo. A autora, falará sobre o seu libro ‘As alumnas’, polo que recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Ao remate do faladoiro, a escritora asinará exemplares do obra. O evento terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Principal do municipio. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. ‘As alumnas’ constrúe o seu relato arredor da educación para o desenvolvemento e a liberdade das persoas, especialmente das mulleres. As dúas protagonistas femininas da obra representan a dúas mozas no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que contan a súa historia a través das transformacións sociais do momento.

Scroll ao inicio
Skip to content