- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de ximnasia para persoas con discapacidade auditiva
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
- Actividade de piscina para persoas maiores – segunda quenda 2026
- Campamentos de verán 2026
- Campamento do mar 2026
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Trámites
Home » Bonificación do Imposto sobre Bens Inmobles para familias numerosas
Bonificación do Imposto sobre Bens Inmobles para familias numerosas
As familias numerosas poden beneficiarse dunha bonificación na cota do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) correspondente ao inmoble que constitúa a súa residencia habitual, sempre que todos os membros da unidade familiar estean empadroados nel.
A porcentaxe de bonificación depende da categoría de familia numerosa e do valor catastral do inmoble:
Valor catastral do inmoble Categoría xeral Categoría especial
Igual ou inferior a 60.000 € 70% 90%
Entre 60.000,01 € e 100.000 € 35% 50%
Superior a 100.000 € 20% 35%
Documentación necesaria
- Para tramitar a solicitude deberá achegarse:
Acreditación do empadroamento dos membros da unidade familiar no inmoble obxecto da solicitude. - Título oficial de familia numerosa, que acredite a categoría (xeral ou especial).
Prazo de solicitude e renovación
A solicitude deberá presentarse antes do 1 de abril de cada ano para que a bonificación teña efectos no padrón do exercicio en curso. A bonificación non se renova automaticamente: os interesados deberán solicitar a súa prórroga antes do 1 de abril de cada ano, achegando a documentación xustificativa actualizada.
Esta bonificación non pode aplicarse a máis dunha vivenda por titular.
Tramitación
Para calquera consulta ou para a presentación da solicitude, pode dirixirse ao Organismo de Recadación e Atención Local (ORAL):
Enderezo: Avenida Benito Vigo, 47 baixo — 36680 A Estrada
Teléfonos: 886 211 400 / 886 211 420
Horario de atención: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h
O texto íntegro da ordenanza fiscal que regula este imposto está dispoñible no apartado de Facenda da web municipal: