- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de ximnasia para persoas con discapacidade auditiva
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
- Actividade de piscina para persoas maiores – segunda quenda 2026
- Campamentos de verán 2026
- Campamento do mar 2026
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Trámites
Home » Bonificacións para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida
Bonificacións para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida
Exención do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida.
O Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) é o tributo anual que grava a titularidade dos vehículos aptos para circular polas vías públicas. A ordenanza fiscal do Concello de A Estrada recolle unha exención do pagamento deste imposto para determinados vehículos vinculados a persoas con discapacidade ou mobilidade reducida.
Vehículos aos que se aplica a exención
Están exentos do pagamento do IVTM:
- Os vehículos adaptados para persoas con mobilidade reducida, conforme ao definido no Regulamento Xeral de Vehículos (Real Decreto 2822/1998).
- Os vehículos matriculados a nome de persoas cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, cando estean destinados ao seu uso exclusivo, ben sexa para a súa condución ou para o seu transporte.
Esta exención non pode aplicarse a máis dun vehículo por titular de forma simultánea.
Documentación necesaria
Para tramitar a solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
- Fotocopia do permiso de circulación.
- Fotocopia do certificado de características técnicas do vehículo.
- Fotocopia do DNI (anverso e reverso).
- Certificación do grao de discapacidade expedida polo órgano competente da Comunidade Autónoma.
- Declaración xurada do/da titular ou do/da seu/súa representante legal, acreditando que o vehículo se destina ao uso exclusivo do/da titular.
Prazo de solicitude e efectos
Con carácter xeral, a exención produce efectos a partir do exercicio seguinte ao da presentación da solicitude. Non obstante, se esta se presenta antes de que a liquidación correspondente adquira firmeza, a exención aplicarase ao propio exercicio en curso, sempre que na data de devengo se cumpran os requisitos esixidos.
Recoméndase, polo tanto, presentar a solicitude con suficiente antelación ao remate do período de pagamento voluntario do imposto.
Máis información e tramitación
O texto íntegro da ordenanza fiscal que regula este imposto está dispoñible no apartado de Facenda da web municipal:
Para calquera consulta ou para a presentación da solicitude, pode dirixirse ao Organismo de Recadación e Atención Local (ORAL):
Enderezo: Avenida Benito Vigo, 47 baixo — 36680 A Estrada
Teléfonos: 886 211 400 / 886 211 420
Horario de atención: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h