Concello da Estrada

Trámites

Devolución de ingresos indebidos

Que é ?O dereito de que se lle devolvan aos cidadáns as cantidades cobradas indebidamente polo Concello.
Quen o pode solicitar ?Os cidadáns que fixeran un ingreso no Concello que, por algún motivo legal, sexa incorrecto.
Que documentos hai que presentar ?Os seguintes :
1Solicitude  especificando o solicitado.
2. Fotocopia do NIF do interesado ou do seu representante.
3. Recibo orixinal do pagamento que se considera incorrecto.
4. Un documento xustificativo da petición ( p. ex. : baixa dun vehículo, fotocopia escritura pública, IBI, IAE …)
5. Datos bancarios da conta onde se desexa que se lle retorne o importe.
Canto custa ?Gratuíto.
Cando se pode facer ?Antes dos 4 anos seguintes dende que se produciu o ingreso.
Onde se presenta ?No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no Artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ?3 meses, máximo.
Que documentación entrega o Concello ?– Resgardo de presentación da solicitude, unha vez rexistrada.
– Notificación da denegación ou aceptación da devolución.
– Se a solicitude é aceptada, a devolución farase por transferencia bancaria.

Scroll ao inicio
Skip to content