Trámites
Matrimonios civís
Que é ? | A modificación do Código Civil pola Lei 35/1994, introduce a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleiro no que delegue. |
---|---|
Quen o pode achegar? | A idade legal mínima para contraer matrimonio son os 18 anos. Os menores terán que presentar autorización paterna ao tramitar o expediente. |
Que documentos hai que aportar ? | – Autorización do Rexistro Civil . – Solicitude de casamento asinada por un dos contraentes, ou polo seu representante, que se presentará no Rexistro Xeral do Concello, na que conste : -Nome, apelidos, D.N.I. de cada contraente e o seu lugar de residencia. -Nome e DNI de dúas testemuñas como mínimo, distintos dos do Rexistro Civil, que poden ser familiares e que deberán ser maiores de 18 anos. -Data e hora desexada para a celebración da cerimonia. – Xustificante do ingreso da taxa. |
Canto custa ? | – 85 euros, se un dos contraentes constase no padrón municipal de habitantes dende un ano antes, polo menos, á celebración. – 120 euros, nos demais casos. |
Cando se pode facer ? | En calquera momento. |
Onde se solicita ? | No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? | Inmediata. |
Que documentación entrega o Concello ? | – Recibo de pagamento das taxas. – Unha vez celebrada a ceremonia, o Alcalde expide un certificado que se pode presentar no Rexistro Civil para a obtención do libro de familia. |
Outras informacións de interese | – Ordenanza da Taxa pola celebración de matrimonios civís na Casa do Concello. – Código Civil – Titulo IV – Instrución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado de data 26.01.1995 (B.O.E. núm. 35 de 10.02.95). |