Trámites

Bonificación do Imposto sobre Bens Inmobles para familias numerosas

As familias numerosas poden beneficiarse dunha bonificación na cota do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) correspondente ao inmoble que constitúa a súa residencia habitual, sempre que todos os membros da unidade familiar estean empadroados nel.

A porcentaxe de bonificación depende da categoría de familia numerosa e do valor catastral do inmoble:

Valor catastral do inmoble    Categoría xeral    Categoría especial
Igual ou inferior a 60.000 €              70%                    90%
Entre 60.000,01 € e 100.000 €         35%                    50%
Superior a 100.000 €                          20%                    35%

Documentación necesaria
  • Para tramitar a solicitude deberá achegarse:
    Acreditación do empadroamento dos membros da unidade familiar no inmoble obxecto da solicitude.
  • Título oficial de familia numerosa, que acredite a categoría (xeral ou especial).
Prazo de solicitude e renovación

A solicitude deberá presentarse antes do 1 de abril de cada ano para que a bonificación teña efectos no padrón do exercicio en curso. A bonificación non se renova automaticamente: os interesados deberán solicitar a súa prórroga antes do 1 de abril de cada ano, achegando a documentación xustificativa actualizada.
Esta bonificación non pode aplicarse a máis dunha vivenda por titular.

Tramitación

Para calquera consulta ou para a presentación da solicitude, pode dirixirse ao Organismo de Recadación e Atención Local (ORAL):

Enderezo: Avenida Benito Vigo, 47 baixo — 36680 A Estrada
Teléfonos: 886 211 400 / 886 211 420
Horario de atención: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h

O texto íntegro da ordenanza fiscal que regula este imposto está dispoñible no apartado de Facenda da web municipal:

https://aestrada.gal/facenda/

Scroll ao inicio
Ir o contido