Concello da Estrada

Trámites

Información xeral

Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

O Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR) constitúe o núcleo do Fondo de Recuperación e está dotado con 672.500 millóns de euros, dos cales 360.000 millóns destinaranse a préstamos e 312.500 millóns de euros constituiranse como transferencias non reembolsables. A súa finalidade é apoiar o investimento e as reformas nos Estados Membros para lograr unha recuperación sostible e resiliente, á vez que se promoven as prioridades ecolóxicas e dixitais da UE.

O criterio de repartición do MRR garante un apoio financeiro maior a aqueles Estados Membros cuxa situación económica e social deteriorouse máis como consecuencia da pandemia e as medidas de restrición da actividade económica necesarias para combater á COVID-19.

Os fondos do MRR asígnanse en dous tramos: un 70% sobre indicadores económicos anteriores á emerxencia sanitaria e o restante 30% decidirase en 2022 cos datos que reflictan a evolución económica entre 2020 e 2022.

O MRR ten catro obxectivos principais: promover a cohesión económica, social e territorial da UE; fortalecer a resiliencia e a capacidade de axuste dos Estados Membros; mitigar as repercusións sociais e económicas da crise da COVID-19; e apoiar as transicións ecolóxica e dixital. Todos eles van dirixidos a restaurar o potencial de crecemento das economías da UE, fomentar a creación de emprego tras a crise e promover o crecemento sostible.

Para alcanzar eses obxectivos, cada Estado Membro debe deseñar un Plan Nacional de Recuperación e Resiliencia que inclúa as reformas e os proxectos de investimento necesarios para alcanzar eses obxectivos.

O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da economía española prevé a mobilización de máis de 140.000 millóns de euros de investimento público ata 2026, cunha forte concentración dos investimentos e reformas na primeira fase do plan Next Generation EU, que cobre o período 2021-2023, co fin de impulsar a recuperación e lograr un máximo impacto contracíclico.

O Plan ten catro eixos transversais que se vertebran en 10 políticas panca, dentro das cales se recollen trinta compoñentes, que permiten articular os programas coherentes de investimentos e reformas do Plan:

• a transición ecolóxica
• a transformación dixital
• a cohesión social e territorial
• a igualdade de xénero

Todos os importes en euros son valores a prezos de 2018

(Máis información: https://commission.europa.eu/business-economy-euro/economic-recovery/recovery-and-resilience-facility)

O 21 de xullo de 2020, o Consello Europeo acordou un instrumento excepcional de recuperación temporal coñecido como Next Generation EU (Próxima Xeración UE) por un importe de 750.000 millóns de euros. O Fondo de Recuperación garante unha resposta europea coordinada cos Estados Membros para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais da pandemia.

Os fondos poden utilizarse para conceder préstamos reembolsables por un volume de ata 360.000 millóns de euros e transferencias non reembolsables por unha cantidade de 390.000 millóns de euros.

Os dous instrumentos de maior volume do Next Generation EU son os seguintes:

O Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR), constitúe o núcleo do Fondo de Recuperación e está dotado con 672.500 millóns de euros. A súa finalidade é apoiar o investimento e as reformas nos Estados Membros para lograr unha recuperación sostible e resiliente, á vez que se promoven as prioridades ecolóxicas e dixitais da UE.

O Fondo REACT-EU, está dotado con 47.500 millóns de euros. Os fondos de REACT-EU operan como fondos estruturais, pero con maior flexibilidade e axilidade na súa execución. REACT-EU promoverá a recuperación ecolóxica, dixital e resiliente da economía.

Next Generation EU tamén achegará fondos adicionais a outros programas ou fondos europeos, como o Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER) e o Fondo de Transición Xusta (FTJ), dos cales España recibirá 720 e 450 millóns de euros, respectivamente.

Dentro do MRR, España recibirá un total de aproximadamente 140.000 millóns de euros, dos que 60.000 millóns corresponden a transferencias non reembolsables. Ademais, poderá acceder a un volume máximo de 80.000 millóns de euros en préstamos.

En canto ao Fondo REACT-EU, España recibirá algo máis de 12.000 millóns de euros para a súa execución no período 2021-22.

Todos os importes en euros son valores a prezos de 2018

Más información sobre o Fondo de Recuperación NextGenerationEU : https://planderecuperacion.gob.es/

O Concello da Estrada, mediante unha declaración institucional aprobada o 14 de abril de 2023, sobre a loita contra a fraude, manifesta a súa decidida vontade de combater a fraude, a corrupción e os conflitos de intereses na xestión de fondos públicos.
O obxectivo desta declaración é promover e consolidar unha cultura na nosa institución que exerza un efecto disuasorio para realizar calquera tipo de actividade fraudulenta e conseguir que as nosas actividades sexan percibidas como opostas á fraude e a corrupción en calquera das súas formas.
Pódese consultar o contido íntegro da declaración aquí:

Así mesmo, na sesión do 13 de abril de 2023, O Pleno municipal aprobou por unanimidade o Plan de medidas antifraude do Concello da Estrada, para da cumprimento ao deber que impón o artigo 22 do Regulamento (EU) 2021/241, do 12 de febreiro, do Parlamento Europeo e do Consello, e co obxectivo de establecer os principios e as normas que serán de aplicación e observancia en materia
antifraude, corrupción e os conflitos de intereses, en relación cos fondos provenientes do MRR, ao tempo que supón un punto de inflexión como modelo de referencia a adoptar de forma estable na xestión dos restantes recursos públicos asignados a este Concello.

O Código ético e de conducta do Concello da Estrada forma parte do seu Plan de medidas antifraude. É de obrigado cumprimento para todas e todos os empregados públicos e determinará o seu comportamento ante posibles circunstancias que puideran dar lugar a fraude.

 

Denuncia externa
Calquera cidadán da Unión Europea pode informar á Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF) daquelas sospeitas de fraude que afecten ós intereses financeiros da UE, e poderá dirixirse a esa entidade en todas as linguas oficias da Unión.

https://anti-fraud.ec.europa.eu/olaf-and-you/report-fraud_es

Ademais, o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) habilita unha canle de denuncias externa para a comunicación de información sobre fraudes ou irregularidades que afecten a fondos europeos, o cal dispón dun apartado específico relativo ao MRR, tendo conta do disposto na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, sobre a forma na que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea.

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-es/snca/Documents/ComunicacionSNCA06-04-2017Canaldenuncias.pdf

https://planderecuperacion.gob.es/buzon-antifraude-canal-de-denuncias-del-mecanismo-para-la-recuperacion-y-resiliencia

Denuncia interna
A denuncia interna sobre posibles sospeitas de fraude, corrupción ou conflitos de interese non declarados nos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia poderá facerse ante o Comité Antifraude do Concello.

Proxectos
No apartado de Proxectos, na sección de Fondos NextGenerationEU, pódese atopar información sobre todos os proxectos, axudas e subvencións, executados polo Concello da Estrada con cargo a fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Scroll ao inicio
Skip to content