Concello da Estrada

Novas

Listado de admitidos e reservas - Campamento no Mar 2023

Listado de admitidos e reservas, para o Campamento no Mar 2023 que se celebrará no Campamento Xuvenil “A Devesa” (Ribadeo) en dúas quendas:

  • 1ª quenda do 26 ao 30 de agosto , para rapaces de idades entre os 8 e 12 anos.
  • 2ª quenda do 30 de agosto ao 4 de setembro , para rapaces de idades entre os 13 e 16 anos.
  • Descargar listado.

Tamén se xunta o cuestionario informativo que deberán presentar cuberto e asinado xunto coa seguinte documentación (en caso de non tela presentado no momento de facer a solicitude):

  • Tarxeta sanitaria do menor (por ambas caras)
  • Título de familia numerosa (se se solicita bonificación por familia numerosa)
  • Foto recente do participante
  • Descargar cuestionario.

O pagamento poderán facelo de dous xeitos:

  • Con tarxeta (no departamento de Servizos Sociais)
  • Transferencia bancaria (recollendo carta de pago no departamento de Servizos Sociais) e presentando o xustificante no mesmo departamento ou ben envialo ao seguinte correo electrónico: servizossociais@aestrada.gal

O pagamento realizarase antes do día 28 de xullo.

NOTA

O xoves 17 de agosto as 20:30 horas celabraráse no Salón de Plenos do Concello a reunión informativa coas familias.

Scroll ao inicio
Skip to content