Trámites
Imposto sobre Construccións, Instalacións
Que é ? | Un tributo indirecto que grava a realización dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda ao Concello. |
---|---|
Quen pode solicitar ? | O promotor da obra. |
Que documentación hai que presentar ? | A documentacion varía segundo se trate dunha: Obra maior. Obra menor. |
Canto custa ? | – Un 2 % sobre orzamento da obra polo que a o ICIO se refire. Tamén procede a liquidación da Taxa por Licenzas Urbanísticas Se a execución das obras precísase da ocupación da vía pública (colectores, andamios, reservas de espazos …) tamén se liquidará a Taxa correspondente. |
En que datas se pode facer ? | Sempre. |
Como e onde hai que presentalo ? | No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? | 20 días aproximadamente. |
Que documentación entrega o Concello ? | – Xustificante da solicitude – Liquidación do pagamento das taxas e impostos. – Notificación definitiva da resolución do expediente. – Licenza de obras. |
Onde se pode atopar máis información ? | – No Servizo Municipal de Urbanismo – Casa do Concello. – Solicitude licenza Obra maior. – Solicitude licenza Obra menor. – Ordenanza fiscal do Imposto sobre Contrución, Instalacións e Obras. – Ordenanza fiscal da Taxa por Licenzas Urbanisticas. – Ordenanza fiscal da Taxa por Ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materias de construción, …– Lei 1/97 do Solo de Galicia e Lei 30/92 de Procedemento Administrativo Común. |