Concello da Estrada

Trámites

Imposto sobre bens inmobles - IBI

Que é ?É un tributo directo sobre a propiedade ou titularidade dun dereito real (usofructo, superficie ou concesion administrativa) dos bens inmobles de natureza urbana ou rústica sitos no término municipal.
Quen ten que pagalo ?O propietario ou titular do dereito sobre o inmoble.
Hai algunha exención ou bonificacion ?– Si, as contempladas noartigos 4 e 9 da correspondente Ordenanza.
Como se tramita ?Os trámites varían segundo se trate dunha :
– Alta ou Modificación
– Cambio de nome do titular do inmoble.
– Solicitude exención ou bonificación
Canto custa ?A base liquidable deste imposto e o valor catastral do ben inmoble coas reduccións que legalmente lle correspondan.
A cota ven dada pola aplicación á base liquidable dos seguintes tipos de gravame :
  – Bens inmobles urbanos : 0,4 por cento.
  – Bens inmobles rústicos : 0,3 por cento.
  – Bens inmobles de características especiais : 0,6 por cento.
A cantidade resultante poderá minorarse co importe das bonificacións previstas no artigo 9 da Ordenanza.
Cando hai que pagalo ?Calendario do Contribuinte.
Como se paga ?– Nas oficinas do ORAL – Av. Benito Vigo, 51 – A Estrada.
– Mediante Domiciliación bancaria.
Onde podo atopar máis información ?– Na páxina do Catastro.
– Consultando a Ordenanza fiscal.
– Na Lei de Facendas Locais artigos 61 a 78.
 

Scroll ao inicio
Skip to content