Xogamos
XOGAMOS EN COUSO! O sábado 28 de novembro volvemos a ter unha tarde de xogos, creatividade e diversión na Casa Escola de Couso. Un espazo para compartir, aprender e, sobre todo, pasalo en grande xogando en igualdade. Teremos dúas grandes actividades: – O gran Xogo da Oca, un xogo no que cada casiña será un novo reto. Poñeremos a proba as nosas destrezas, a imaxinación e o traballo en equipo, ao tempo que descubrimos, a través de preguntas e desafíos, como construír relacións máis igualitarias e libres de estereotipos. – Chapas creadas por nós: deseñaremos chapas personalizadas con lemas e mensaxes a prol da igualdade. Unha oportunidade para expresar as nosas ideas, reivindicar o bo trato e levar connosco pequenas mensaxes que poden xerar grandes cambios. 📅 Sábado 28 de novembro 🕓 De 16:00 a 20:00 h 📍 Casa Escola de Couso Idades de 3 a 12 anos Prezos: • 15 € tarifa xeral • 10 € tarifa reducida para socias, segunda inscrición e familias numerosas. Inscricións e información: – info@axesteira.gal – 722 31 76 56

