Unidade móbil 6 de inspección técnica de turismos
Unidade móbil 6 de inspección técnica de turismos Recordámoslles que desplazarase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e ubicacións: Descargar pdf.
Unidade móbil 6 de inspección técnica de turismos Recordámoslles que desplazarase ao Concello da Estrada, nas seguintes datas e ubicacións: Descargar pdf.
Cursos de natación de verán 2024 Concello da Estrada oferta en colaboración co CNS A Estrada, os cursos de natación de verán 2024, que se levarán a cabo nas piscinas municipais nos meses de Xullo e/ou Agosto. Grupos por idade e nivel. En horario matinal de martes a venres. Prezo:30€ alumno/mesDesconto 20% en familias numerosas e monoparentais Prazo inscricións: do día 19 ata o día 28 de xuño. Descargar ficha de inscrición. Descargar información completa.
3×3 fútbol sala e baloncesto Festas de San Paio Descargar regulamento 3×3 fútbol sala. Descargar regulamento 3×3 baloncesto.
Festa da Bicicleta 2024 Festa da Bicicleta – “Concello da Estrada”XOVES 27 DE XUÑO DE 2024• AEstradaDeporte organiza en colaboración co club Ciclista Estradense e Bikestrada a Festa da Bicicleta o XOVES día 27 de xuño a partir das 11 horas, con saída e chegada na praza do novo mercado. Entrega de dorsais a partir das 10 horas.• Dous circuitos: un para menores de 14 anos e outro para maiores de 14 anos• O circuito para menores de 14 anos é de 800 m aproximadamente, nos arredores da praza do Novo Mercado e de dificultade baixa. Os participantes ata 10 anos teñen a obriga de ir acompañados por un adulto.• O circuito para maiores de 14 anos é de 5 km e de dificultade media para menores e dificultade baixa para adultos. Recoméndase que os nenos de 14 ata 18 anos vaian acompañados dun adulto e teñen que se desenvolver de xeito independente na bicicleta.• Os circuitos poderán ser modificados pola organización, no caso de ter que facelo a causa da programación das festas de San Paio.• É obrigatorio o uso de casco en tod@s @s participantes.• Agasallo de camiseta conmemorativa para tod@s @s participantes ata esgotar existencias.• Sorteo de bicicletas e material deportivo de ciclismo.• Inscrición (NOME E APELIDOS, DATA NACEMENTO E TELÉFONO DE CONTACTO) en: deportes@aestrada.gal. Dende o 13 ata 24 de xuño.
Subvención da Deputación de Pontevedra “Intervención no Cruceiro de Ouzamerxe” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 16 de xuño de 2023, aprobou, entre outros asuntos, a concesión de subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2023 correspondéndolle á Estrada a cantidade de 10.053,09 euros para LIÑA B: “ Intervención no cruceiro de Ouzamerxe”.
Listaxe admisión XV Campus Deportivo de Verán 2024 AEstradaDeporte, en relación a listaxe de admitidos/as do XV Campus Deportivo de Verán do Concello da Estrada informa: Todas as solicitudes presentadas EN TEMPO E FORMA foron admitidas en todas as quendas solicitadas por cada participante. Descargar listaxe. Os/as participantes no XV Campus Deportivo de Verán 2024 deberán de realizar o pagamento antes do comezo da actividade, de xeito presencial ou de xeito telemático no:Nº CONTA PAGO CAMPUS (BANCO SABADELL): ES78 0081 2208 2300 0101 2603indicando no concepto nome e apelidos do/a participante, así como a quenda de asistencia. * O xustificante do pagamento deberá de entregarse o coordinador/a do XV Campus Deportivo de Verán o primeiro día da actividade no punto de chegada e recollida (Piscinas Municipais)
Concesión de subvencións a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados BASES QUE REXEN A CONVOCATORIA EN CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS DO CONCELLO DA ESTRADA PARA A TEMPADA 2023/2024. O prazo para presentar as solicitudes remata o luns dia 1 de xullo. Descargar pdf.
Notificación de Interrupción programada da subministración Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que o próximo día 21 de xuño de 2024, de 8:00 a 9:00 horas, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo. Descargar información completa.
Lista definitiva de admitidos/as e de agarda para o curso escolar 2024/2025 da Escola Infantil Municipal (EIM) da Estrada Descargar listado.