Concello da Estrada

Uncategorized @gl

Unidade Móbil – Doazón de Sangue

Unidade Móbil – Doazón de Sangue O venres 26 de xullo das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 27 de xullo das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

Listado admitidos / reservas Campamento no Mar 2024

Listado admitidos / reservas Campamento no Mar 2024 Listado de admitidos e reservas, para o Campamento no Mar 2024 que se celebrará no Campamento Xuvenil “Virxe de Loreto” (Porto do Son) do 26 de agosto ó 4 de setembro. (Descargar listado) Documentación a presentar (en caso de non presentala no momento de facer a solicitude): Foto recente do/a participante Cuestionario informativo (descargar cuestionario) Tarxeta sanitaria do/a menor (por ambas caras) Fotocopia do libro de familia (só se solicita bonificación por 2º irmán/á participante) Título de familia numerosa (si se solicita bonificación por familia numerosa) Acreditación de ser familia monoparental, en caso de solicitar bonificación. O pago poderán facelo de duas maneiras: Con tarxeta (no departamento de Servizos Sociais) Transferencia bancaria (recollendo a carta de pago no departamento de Servizos Sociais) e presentando o xustificante no mesmo departamento. O pago realizarase do 29 de xullo ó 5 de agosto. NOTA:O martes 20 de agosto ás 20:30 horas celebrarase no Salón de Plenos do Concello a reunión informativa coas familias.

Notificación de Interrupción programada da subministración

Notificación de Interrupción programada da subministración Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que o próximo día 15 de xullo de 2024, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo. Descargar información interrupción zona Soutiño. Descargar información interrupción zona Alto da Cruz. Descargar información interrupción zona Vinseiro.  

A Rapa das Bestas 2024

A Rapa das Bestas 2024 Edición 2024 – 5,6,7, e 8 de xullo   XOVES 4 DE XULLO 21:00Gala na honra dos “aloitadores”   VENRES 5 DE XULLO 06:30Tradicional misa na honra de San Lourenzo, patrón de Sabucedo 07:00Saída dende o Celeiro a buscar as bestas 20:00Pasarrúas a cargo de “A Tralha da Terra de Montes” 17:00Chegada ao cierre coas bestas 22:30Festival Rapasons: Roi Casal (no Curro) O Sonoro Maxín A Quinkillada Adri Cumbia (Dj)   SABADO 6 DE XULLO 11:00Recollida das Bestas no Castelo 14:00Chegada das bestas por Sabudedo 15:00Alvariza 16:00Comando Curuxás 17:00Pasarrúas a cargo dos Airiños de Caldelas. 17:30Apertura de portas do Curro 18:30Tequexetéldere (no Curro) 19:00Primeiro Curro 21:00Mekánika Rolling Band 23:00Verbena popular no Campo do Medio: Pendente confirmación grupos: Miramar América S.L.   DOMINGO 7 DE XULLO 11:00Apertura de Portas do Curro 11:30Proxecto Valladares (no Curro) 12:00Segundo Curro 14:00Festicultores Troupe 16:00Festival de música no palco da fonte: 16:00 Pandereteiras do Val de Quireza 17.30 Peter Punk 18.30 Lidia India 23:00Verbena popular no Campo do Medio: New York Los Coleguitas   LUNS 8 XULLO 11:00Apertura de portas do Curro 11:30Airiños de caldelas (no Curro) 12:00Terceiro Curro   HORARIOS RAPABUS Venres  21.00 h saída praza do Concello da Estrada  05.00 h volta dende Sabucedo  Sábado  16.30 h saída praza do Concello da Estrada  21.30 h volta dende Sabucedo  22.30 h saida praza do Concello da Estrada  05.00 h volta dende Sabucedo Domingo  11.00 h saída praza do Concello de A Estrada  17.00 h volta desde Sabucedo   Toda a información en : https://rapadasbestas.gal/

Programa Festas de San Paio 2024

Programa Festas de San Paio 2024   SÁBADO, 22 DE XUÑO 12.00 h-Partido 50.º aniversario do C.D. Estradense / Campo Novo Municipal da Estrada 12.15 h-Xuntanza da Asociación de Fillos e Amigos da Estrada 15.00 h-Gala 50.º aniversario do C.D. Estradense de Veteranos / Pazo de Xerlís 22.00 h-Acendido de iluminación e Carreira Nocturna Estradense   DOMINGO, 23 DE XUÑO     MARTES, 25 DE XUÑO 10.00 h-Bombas de palenque 11.30 h-Pasarrúas da charanga Tíralle do Aire 12.30 h-Pregón a cargo de Lito Garrido e César Romero, cantantes das orquestras Panorama e Cinema e presentadores da TVG / Balcón do Concello 13.00 h-Foguetazo de comezo de festas e brinde con sidra estradense 14.00 h-Sesión vermú co dúo Punto Zero / Aparcadoiro do Invictus 17.00 h-Pasarrúas da Charanga Tíralle do Aire 19.00 h-Exhibición da Escola de Baile Stradanza e Lil-Kids (gañadores de Got Talent 2023) /  Alameda municipal 20.00 h-Concerto de Doctor Zaius / Zona dos Viños 21.30 h-BROKEN PEACH en concerto / Praza da Farola 23.00 h-THE RAPANTS en concerto / Praza do Concello 00.30 h-Orquestra GALILEA / Praza da Porta do Sol   MÉRCORES, 26 DE XUÑO 10.00 h-Bombas de palenque 11.00 h-Pasarrúas coa Banda Cultural da Estrada 11.30 h-Charanga MIL 9 11.30 h-Torneo de Fútbol 3×3 / Alameda municipal 12.30 h-Misa rezada / Igrexa de san Paio 13.00 h-Concerto Banda Cultural da Estrada / Alameda municipal 14.00 h-Sesión vermú cos Chiky´s / Aparcadoiro do Froiz 17.00 h-Pasarrúas MIL 9 17.30 h-Torneo de Fútbol 3×3 / Alameda municipal 19.00 h-Concerto da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense 19.45 h-Desfile da Banda Militar da Brilat / Concello-Igrexa parroquial 20.00 h-Misa solemne de San Paio cantada polo coro Támega de Verín e procesión a cargo da Banda de Música Militar da Brilat e da Banda Cultural da Estrada. A continuación concerto da Banda Militar da Brilat / Praza da Igrexa 21.30 h-Actuación de batucada da Escola Latexo Percusión / Praza da Porta do Sol 22.00 h-Pasarrúas da Charanga Támega 23.00 h-Actuación do DJ Marcos Magán / Praza da Farola 00.30 h-Orquestra PANORAMA / Praza do Concello   XOVES, 27 DE XUÑO 10.00 h-Bombas de palenque 10.00 h-Festa da Bicicleta / Saída da praza do Novo Mercado 11.00 h-Pasarrúas coa Banda Municipal da Estrada 11.30 h-Pasarrúas da Charanga Os Jaláticos 12.00 h-Pasarrúas coa Banda de Gaitas san Xoán de Páramos (Tui) e, a continuación, concerto na Porta do Sol 12.00 h-Exhibición da Escola de Esgrima da Estrada / Praza do Concello 13.30 h-Concerto da Banda Municipal da Estrada / Alameda municipal 14.00 h-Sesión vermú co dúo Punto Zero / Rúa do Muíño 17.00 h-Pasarrúas da Charanga Os Jaláticos 19.30 h-Exhibición da Escola de Baile Sondodance  / Alameda municipal 20.00 h-Misa solemne do Santísimo cantada pola Coral Polifónica Estradense e procesión acompañada pola Banda Municipal da Estrada e a Banda de Gaitas de san Xoán de Páramos (Tui) 22.30 h-Grupo ASSIA / Praza da Farola 00.00 h-Grupo AMÉRICA / Praza da Porta do Sol   VENRES, 28 DE XUÑO 10.00 h-Bombas de palenque 10.00 h-Torneo de baloncesto 3×3 / Alameda municipal 11.00 h-Pasarrúas coa Banda de Música Municipal de Agolada 11.30 h-Pasarrúas do xigante Barriga Verde acompañado pola charanga NBA 13.30 h-Concerto da Banda de Música Municipal de Agolada / Alameda municipal 14.00 h-Sesión vermú con Wyygga / Zona dos Viños 17.00 h-Inchables na praza do Concello 17.00 h-Torneo de baloncesto 3×3 / Alameda municipal 17.30 h-Pasarrúas da charanga NBA 18.30 h-Teatro na rúa “Isaura e Tristán. Contahistorias” / Diante da sala Abanca 19.30 h-Música flamenca con Sara e Kike (finalistas 4.ª edición Got Talent) / Zonas dos Viños  20.00 h-Festa infantil da Espuma / Praza do Mercado 21.00 h-Concerto da Big Band do Obradoiro Carlos Barruso / Praza da Porta do Sol 22.30 h-ORQUESTRA CINEMA / Praza da Farola 00.00 h-Tributo a Juan Pardo “Xuntos pola música” de ANTONIO BARROS E LIS PARDO / Praza do Concello   SÁBADO, 29 DE XUÑO 10.00 h-Bombas de palenque 11.00 h-Pasarrúas charanga 12.00 h-Pasarrúas “Pé tras pé” coa Banda de Gaitas de Barbude, o Centro Cultural A Ponte Vella e o Rancho Típico da Amorosa (Portugal) 13.30 h-Concerto da agrupación Rancho Típico da Amorosa (Portugal) 14.00 h-Sesión vermú a cargo de Willington Mariachi / Rúa Antón Losada 17.00 h-Pasarrúas charanga 18.00 h-Música flamenca con Sara e Kike (finalistas 4.ª edición Got Talent) / Praza do Mercado 19.30 h-Concerto de Pants Off / Zona dos Viños 20.00 h-4.º Festival de Música Tradicional coa Banda de Gaitas de Barbude, Centro Cultural A Ponte Vella e Rancho Típico da Amorosa (Portugal) / Praza da Farola 22.30 h-De Ruada na Estrada con Tequexetéldere, Agrupación Donaire (A Coruña) e Cantigas e Flores (Lugo) / Praza da Farola 00.00 h- Fogos de artificio Fin de Festa na Cañoteira 00.30 h- Concerto de MILLADOIRO / Praza do Concello 02.00 h- Concerto de GIN TONI´S / Praza da Porta do Sol   DOMINGO, 30 DE XUÑO 10.00 h- Finais do Torneo Municipal de Tenis / pistas da zona deportiva 13.00 h- Concerto da Banda Municipal da Estrada “A Rapa das Bestas” / Praza do Concello 18.00 h- Día do Neno no parque de atraccións da Feira

Unidade Móbil – Doazón de Sangue

Unidade Móbil – Doazón de Sangue O venres 5 de xullo das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 6 de xullo das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

Notificación de Interrupción programada da subministración

Notificación de Interrupción programada da subministración Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que os próximos días 1, 2 e 3 de xullo de 2024, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo. Descargar información interrupción zona Os Bolos. Descargar información interrupción zona rúa San Antón. Descargar información interrupción zona Vilafruxil. Descargar información interrupción zona San Antonio. Descargar información interrupción zona O Cruceiro. Descargar información interrupción zona Soutiño. Descargar información interrupción zona Mouteira. Descargar información interrupción zona San Paio.

Campamento do Mar 2024

Campamento do Mar 2024 O Campamento do Mar 2024 realizarase nas instalacións do Campamento Xuvenil Virxe de Loreto en Porto do Son, do 26 de agosto ó 4 de setembro. Disponse de 52 prazas , para rapaces/zas de idades entre os 8 e 16 anos. CUSTE DO CAMPAMENTO: – PARTICIPANTES EMPADROADOSInscrición xeral -100 euros Familias Numerosas – 70 euros (3º irmán gratuito cando participen os 3 na actividade)Familias Monoparentais – 70 euros Varios irmáns1º irman – 100 euros2º irman – 70 euros – PARTICIPANTES NON EMPADROADOS: Sen bonificación xeral- 200 euros O número máximo de participantes será de 52.Terán preferencia os menores empadroados no Concello da Estrada.No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas existentes, atenderáse segundo a seguinte orde de prioridade:1. Familias con valoración de risco e /ou especial vulnerabilidade que conten con prescrición técnica das UTS ou Educadora Familiar.2. Rapaces/zas que acrediten a condición de familia numerosa.3. Orde de entrada no Rexistro do Concello. No suposto de que se dispoña de prazas vacantes poderán participar no campamento nenos/as non empadroados pero non terán bonificación. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O prazo de inscrición será do 1 ó 5 de xullo.O dia 10 de xullo publicaráse na páxina web e no tabolerio de anuncios do concello a listaxe de admitidos e reservas.As persoas admitidas deberán facer o pago dende o 29 xullo ó 5 de agosto e presentar o xustificante de pago e a seguinte documentación no departamento de servizos sociais: Descargar ficha inscrición. Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor. Foto recente do participante. Fotocopia do libro de familia(só se solicita bonificación por 2º irmán participante) Fotocopia da cartilla de familia numerosa (só se solicita bonificación por familia numerosa) Acreditación de ser familia monoparental, no caso de solicitar bonificación. Cuestionario sanitario (facilitado no departamento de servizos sociais) Cartilla de vacinacións ou certificado médico acreditativo das mesmas. Xustificante de pago, o ingreso realizaráse na seguine conta bancaria: O INGRESO EFECTUARASE NO SEGUINTE NÚMERO DE CONTATITULAR: CONCELLO DE A ESTRADAABANCA: ES27 2080 0506 2231 1000 0108 O martes 20 de agosto as 20:30 horas celebrarase no Salón de Plenos do Concello a reunión informativa coas familias, na que a concelleira e persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais presentará a empresa que desenvolverá o campamento e se dará a información básica de horarios de saída e volta, normas do campamento…etc.

Scroll ao inicio
Skip to content