Concello da Estrada

Uncategorized @gl

JOSÉ CORBACHO – “Ante todo mucha calma”

JOSÉ CORBACHO – “Ante todo mucha calma” 13 Marzo 2023 Facebook Twitter JOSÉ CORBACHOAnte todo mucha calma   DÍA: Sábado 18 de marzoHORA: 20.00 hLUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Monólogo cómicoCATALOGACIÓN: +16DURACIÓN: 80 minENTRADA: 10,00 (recollida Dpto. Cultura ou woutick.es)   SINOPSE:  Este é un monólgo no que Corbacho se ri de todo, pero, basicamente… de si mesmo! E tamén dos seus pais, da súa muller, do seu fillo, do seu can, e… dos seus principios. Principios que por certo van cambiando en cada función. Posto a rirse, rise ata dos espectadores que van velo, pero sobre todo o que pretende é que os que máis rían sexan eles. Porque está a cousa como para deixar de rirse.

Actividade piscina (segunda quenda)

Actividade piscina (segunda quenda) 20 Marzo 2023 Facebook Twitter Dende o 21 ó 28 de marzo de 2023 (ambos incluídos) estará aberto o prazo para anotarse na “ACTIVIDADE DE PISCINA (segunda quenda 2023)” para persoas maiores de 50 anos.   Actividade: PISCINA (SEGUNDA QUENDA 2023) Lugar para anotarse: Departamento de Servizos Sociais e Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas; e pola sede electrónica do Concello da Estrada Prazo para anotarse: do 21 ó 28 de marzo de 2023 (ambos incluídos) Período de actividade: do 3 de abril de 2023 ó 23 de xuño de 2023 (ambos incluídos) O importe da actividade é de 20€ O criterio de selección de participantes será o seguinte: 1º Persoas empadroadas no Concello de A Estrada 2º Número de rexistro de entrada. Horarios Luns de 09:15h a 10:00h Luns de 16:30h a 17:15h Luns de 19:30h a 20:15h  Mércores de 09:15h a 10:00h Venres de 09:00h a 09:45h Venres de 09:45h a 10:30h   Descargar modelo de solicitude.

Eleccións Municipais do 28 de maio de 2023

Eleccións Municipais do 28 de maio de 2023 10 Abril 2023 Facebook Twitter Servizo de consultas/reclamacións ao censo electoral no Departamento de Estatística do 10 ao 17 de abril de 2023 de 09:00h a 14:00h.

Corte suministro eléctrico – Rúa Irida – 13 maio

Corte suministro eléctrico – Rúa Irida – 13 maio 05 Mai 2023 Facebook Twitter Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que o próximo día 13 de maio de 2023, de 9:00 a 10:30 horas, imos proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.   Descargar información completa.

Corte suministro eléctrico – Praza Abastos – 14 maio

Corte suministro eléctrico – Praza Abastos – 14 maio 10 Mai 2023 Facebook Twitter Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que o próximo día 14 de maio de 2023, de 7:00 a 9:00 horas, imos proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.   Descargar información completa.

Proxecto de renovación parcial da iluminación pública exterior municipal no concello da Estrada.

Proxecto de renovación parcial da iluminación pública exterior municipal no concello da Estrada. 24 Mai 2023 Facebook Twitter Proxecto de mellora e renovación da iluminación pública exterior no municipio, renovando os antigos puntos de luz con tecnoloxías de descarga por novas luminarias de alta eficiencia en tecnoloxía LED, ademais de renovación dos centros de mando, redes eléctricas, incorporación de sistema de telexestión etc. Actúase sobre unha rede de iluminación formada por 11.432 puntos de luz, a cal se moderniza nunhas condicións de seguridade, fiabilidade, eficiencia e monitorización. Coa actuación contémplase un aforro enerxético do 66% con respecto á situación inicial. A actuación contempla un investimento de 8.541.809,58 € (IVE incluído) cun cofinanciamento do 80 % a través do Programa de subvencións a Proxectos Singulares de Entidades Locais que favorezan unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020. Proxecto acollido a línea de axudas a proxectos de Economía Baixa en Carbono, promovidos por Entidades Locais, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenrolo Rexional, (FEDER) e xestionada polo IDAE, co obxectivo de conseguir unha Economía máis limpa e sostible.

Programación Salmón

Programación Salmón 16 Mai 2023 Facebook Twitter SÁBADO 13 DE MAIO 08:00h: XLVI Concurso de pesca internacional do salmón nos coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde. 09:00h: VII Raid Hípico do Salmón (Campionato galego) / Praia fluvial de Liñares       MÉRCORES 17 DE MAIO 12:00h: Pregón do Día das Letras Galegas 12:30h: Actuación da Banda de Gaitas de Barbude 13:00h: Concerto de primavera da Banda de Música Municipal da Estrada – Alameda Municipal       VENRES 19 DE MAIO 12:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón 19:30h: Inauguración da exposición “TECEDEIRAS: arte e talento na sombra” (Colección Manuel Rodríguez Calviño) Sala Abanca 20:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón       SÁBADO 20 DE MAIO 09:00h: Rallymix da Sidra da Estrada / Parque pechado na Praia Fluvial de Liñares 10:00h: Apertura da mostra de artesanía na Alameda Municipal 12:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón12:00h: Rallymix da Sidra da Estrada / primeiras mangas na Praia Fluvial de Liñares 13:00h: Sesión vermú na zona dos viños con “Satisfayers rock band” 16:30h: Rafting do Salmón polo Ulla. 18:00h: exposición “TECEDEIRAS: arte e talento na sombra” (Colección Manuel Rodríguez Calviño) Sala Abanca 19:00h: Festival folclórico do Salmón con Tequexetéldere e o Grupo de Danzas La Esteva de Segovia – Teatro Principal 19:00h: Concerto de Noxo – Alameda Municipal 20:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón 22:00h: Salmón Rock – Alameda Municipal   Actividades de rúa do sábado tarde 17:00h: Nino & Mambrú – Calvo Sotelo18:00h: Ikigai – Praza do Concello19:00h: Somos Circo – Praza do Concello20:00h: Mute – Praza do Novo Mercado       DOMINGO 21 DE MAIO – XLIX Festa do Salmón (Programa 2023) 09:00h: Rallymix da Sidra da Estrada / Segundas mangas na Praia fluvial de Liñares 10:00h: Apertura da mostra de artesanía na Alameda Municipal 11:00h: exposición “TECEDEIRAS: arte e talento na sombra” (Colección Manuel Rodríguez Calviño) Sala Abanca12:00h: Pregón a cargo de Valentín García Gomez, e imposición dos Salmóns de Ouro a Juan Andrés Fernández Castro e a Asociación Maceira e Sidra da Estrada 13:00h: Degustación popular de Salmón – Praza do Mercado 13:30h: Concerto da BigBand Carlos Barruso – Praza do Mercado 19:00h: Concerto da Coral Polifónica Estradense – Teatro Principal       Postos da Mostra de artesanía MERAKIART: pendentes personalizados feitos a man. GALOHA: Camisas es camisetas con temática do mar SALITRE JOYAS: bisutería OFF CONNECTION: marca roupa surfeira NEFELIBATA: marca roupa étnica. MARÍA VIQUEIRA: Camisetas temática galega MARAIVA: produtos beleza naturais LA MADRINA DE CANDELA: bisutería RILLA RILLA: marca bolsos RECUNCHO DE CUCADAS: coiro MOURA: roupa trasicional e complementos DEICA CREACIÓNS: complementos temática galega MEL AIALMA: mel MIOCO DESEÑOS: libros tallados personalizados        

Trámites Administrativos

Trámites Administrativos Neste apartado poderás atopar toda a información relacionada cos trámites e xestións do Concello da Estrada, subvencións, contratacións, etc

Scroll ao inicio
Skip to content