Concello da Estrada

Uncategorized @gl

Punto de Información Catastral (PIC)

Menu Close Tesourería Anuncios Subvencións Unión Europea Proxectos financiados con fondos FEDER Fondos NextGenerationEU Información xeral Proxectos NextGenerationEU Outros Perfil do contratante Expedientes en marcha Expedientes en marcha tramitados pola Lei 9/2017 Expedientes rematados Contratos de obra Contratos de Servizos Contratos de Subministracións Outros contratos Algúns Contratos relacionados cos fondos FEDER Publicación de contratos celebrados Convocatorias e actas Actas Plenos-Actas Convocatorias Plenos Xunta de Goberno Local Atención ao cidadán Período medio de pago a provedores (PMP) Biblioteca administrativa Descarga de impresos Outra normativa Calendario do contribuinte Guía de tramitación A persoa A vivenda Comercio, Empresa e Outros O automóbil Ordenanzas e Regulamentos Facenda Persoal Servizos e acción social Outros Contratación de persoal Procesos selectivos en proceso Procesos selectivos finalizados Close Tesourería Anuncios Subvencións Unión Europea Proxectos financiados con fondos FEDER Fondos NextGenerationEU Información xeral Proxectos NextGenerationEU Outros Perfil do contratante Expedientes en marcha Expedientes en marcha tramitados pola Lei 9/2017 Expedientes rematados Contratos de obra Contratos de Servizos Contratos de Subministracións Outros contratos Algúns Contratos relacionados cos fondos FEDER Publicación de contratos celebrados Convocatorias e actas Actas Plenos-Actas Convocatorias Plenos Xunta de Goberno Local Atención ao cidadán Período medio de pago a provedores (PMP) Biblioteca administrativa Descarga de impresos Outra normativa Calendario do contribuinte Guía de tramitación A persoa A vivenda Comercio, Empresa e Outros O automóbil Ordenanzas e Regulamentos Facenda Persoal Servizos e acción social Outros Contratación de persoal Procesos selectivos en proceso Procesos selectivos finalizados Punto de Información Catastral (PIC) Está situado na 3ª planta do Concello. O horario de atención ó público é de luns a venres das 9:00 ás 14:00 horas – Servizo Gratuíto Os servizos electrónicos que poden prestarse no PIC: Servizo de consulta de datos catastrais non protexidos, certificación da referencia catastral e consulta de cartografía. Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polos titulares catastrais, os seus representantes ou persoas autorizadas por eles. Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral. Servizo de consulta para os titulares catastrais sobre información relativa ás solicitudes de axuda da última campaña da Política Agrícola Común (PAC) con relación ás parcelas rústicas da súa titularidade declaradas naquelas solicitudes. Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos por parte de titulares catastrais das parcelas lindeiras, titulares ou cotitulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería así como por parte de herdeiros e sucesores nos termos establecidos no artigo 53.1 c), d) e e) do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.       

Zonas azul y verde

Zonas azul y verde 16 Enero 2014 Solicitud de Petición de discos horarios PARA EMPRESAS Solicitud tarjeta aparcamiento ZONA VERDE

Actividade de piscina (primeira quenda 2023)

Actividade de piscina (primeira quenda 2023) 09 Decembro 2022 Facebook Twitter Dende o 12 ó 22 de decembro de 2022 (ambos incluídos) estará aberto o prazo para anotarse na “ACTIVIDADE DE PISCINA (primeira quenda 2023)” para persoas maiores de 50 anos.   Actividade: PISCINA (PRIMEIRA QUENDA 2023) Lugar para anotarse: Departamento de Servizos Sociais e Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas; e pola sede electrónica do Concello da Estrada Prazo para anotarse: do 12 ó 22 de decembro de 2022 (ambos incluídos) Período de actividade: do 16 de xaneiro de 2023 ó 31 de marzo de 2023 (ambos incluídos) O importe da actividade é de 15€ O criterio de selección de participantes será o seguinte: 1º Persoas empadroadas no Concello de A Estrada 2º Número de rexistro de entrada. Horarios Luns de 09:15h a 10:00h Luns de 16:30h a 17:15h Luns de 19:30h a 20:15h  Mércores de 09:15h a 10:00h Venres de 09:00h a 09:45h Venres de 09:45h a 10:30h Modelo de solicitude: Descargar pdf.

Concilia Nadal 2022

Concilia Nadal 2022 12 Decembro 2022 Facebook Twitter Dende o día 13 e ata o 20 de decembro (ambos incluídos) estará aberto o prazo para anotarse no CONCILIA NADAL 2022. A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. DATAS E HORARIO: do 23 de decembro de 2022 ó 5 de xaneiro de 2023 (ambos incluidos). En horario de 8:30 a 14:30, de luns a venres. LUGAR DA ACTIVIDADE: NOVO MERCADO (No Espazo Concilia) PRAZAS: 15 rapaces/as. PRAZO DE INSCRICIÓN: do 13 ó 20 de decembro (ambos incluídos) COTA DE INSCRICIÓN: Familias empadroadas no Concello da Estrada: 23 euros. Familias non empadroados no termo municipal e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada (termo municipal): 38,5 euros. (sempre e cando queden prazas libres) PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais ou no Rexistro Xeral do Concello da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal). A documentación a presentar xunto coa solicitude segundo modelo, é a seguinte: D.N.I do pai, nai ou titor Vida laboral dos pais/titores Descargar modelo de solicitude. No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades: Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades. Orde de entrada das solicitudes. Rapaces e rapazas non empadroados no Concello da Estrada e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada.

Programación Salmón

Programación Salmón 16 Mai 2023 Facebook Twitter SÁBADO 13 DE MAIO 08:00h: XLVI Concurso de pesca internacional do salmón nos coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde. 09:00h: VII Raid Hípico do Salmón (Campionato galego) / Praia fluvial de Liñares       MÉRCORES 17 DE MAIO 12:00h: Pregón do Día das Letras Galegas 12:30h: Actuación da Banda de Gaitas de Barbude 13:00h: Concerto de primavera da Banda de Música Municipal da Estrada – Alameda Municipal       VENRES 19 DE MAIO 12:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón 19:30h: Inauguración da exposición “TECEDEIRAS: arte e talento na sombra” (Colección Manuel Rodríguez Calviño) Sala Abanca 20:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón       SÁBADO 20 DE MAIO 09:00h: Rallymix da Sidra da Estrada / Parque pechado na Praia Fluvial de Liñares 10:00h: Apertura da mostra de artesanía na Alameda Municipal 12:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón12:00h: Rallymix da Sidra da Estrada / primeiras mangas na Praia Fluvial de Liñares 13:00h: Sesión vermú na zona dos viños con “Satisfayers rock band” 16:30h: Rafting do Salmón polo Ulla. 18:00h: exposición “TECEDEIRAS: arte e talento na sombra” (Colección Manuel Rodríguez Calviño) Sala Abanca 19:00h: Festival folclórico do Salmón con Tequexetéldere e o Grupo de Danzas La Esteva de Segovia – Teatro Principal 19:00h: Concerto de Noxo – Alameda Municipal 20:00h: Xornada da Ruta degustación de Tapas de Salmón 22:00h: Salmón Rock – Alameda Municipal   Actividades de rúa do sábado tarde 17:00h: Nino & Mambrú – Calvo Sotelo18:00h: Ikigai – Praza do Concello19:00h: Somos Circo – Praza do Concello20:00h: Mute – Praza do Novo Mercado       DOMINGO 21 DE MAIO – XLIX Festa do Salmón (Programa 2023) 09:00h: Rallymix da Sidra da Estrada / Segundas mangas na Praia fluvial de Liñares 10:00h: Apertura da mostra de artesanía na Alameda Municipal 11:00h: exposición “TECEDEIRAS: arte e talento na sombra” (Colección Manuel Rodríguez Calviño) Sala Abanca12:00h: Pregón a cargo de Valentín García Gomez, e imposición dos Salmóns de Ouro a Juan Andrés Fernández Castro e a Asociación Maceira e Sidra da Estrada 13:00h: Degustación popular de Salmón – Praza do Mercado 13:30h: Concerto da BigBand Carlos Barruso – Praza do Mercado 19:00h: Concerto da Coral Polifónica Estradense – Teatro Principal       Postos da Mostra de artesanía MERAKIART: pendentes personalizados feitos a man. GALOHA: Camisas es camisetas con temática do mar SALITRE JOYAS: bisutería OFF CONNECTION: marca roupa surfeira NEFELIBATA: marca roupa étnica. MARÍA VIQUEIRA: Camisetas temática galega MARAIVA: produtos beleza naturais LA MADRINA DE CANDELA: bisutería RILLA RILLA: marca bolsos RECUNCHO DE CUCADAS: coiro MOURA: roupa trasicional e complementos DEICA CREACIÓNS: complementos temática galega MEL AIALMA: mel MIOCO DESEÑOS: libros tallados personalizados

Proxecto de renovación parcial da iluminación pública exterior municipal no concello da Estrada.

Proxecto de renovación parcial da iluminación pública exterior municipal no concello da Estrada. 24 Mai 2023 Facebook Twitter Proxecto de mellora e renovación da iluminación pública exterior no municipio, renovando os antigos puntos de luz con tecnoloxías de descarga por novas luminarias de alta eficiencia en tecnoloxía LED, ademais de renovación dos centros de mando, redes eléctricas, incorporación de sistema de telexestión etc. Actúase sobre unha rede de iluminación formada por 11.432 puntos de luz, a cal se moderniza nunhas condicións de seguridade, fiabilidade, eficiencia e monitorización. Coa actuación contémplase un aforro enerxético do 66% con respecto á situación inicial. A actuación contempla un investimento de 8.541.809,58 € (IVE incluído) cun cofinanciamento do 80 % a través do Programa de subvencións a Proxectos Singulares de Entidades Locais que favorezan unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020. Proxecto acollido a línea de axudas a proxectos de Economía Baixa en Carbono, promovidos por Entidades Locais, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenrolo Rexional, (FEDER) e xestionada polo IDAE, co obxectivo de conseguir unha Economía máis limpa e sostible.

A Estrada Escena Primavera 23 – Teatro Principal

A Estrada Escena Primavera 23 – Teatro Principal 01 Marzo 2023 Facebook Twitter MARZO Venres 03 (21.00h) Multiperspectiva, Paula Quintas Sábado 04 (20.00h) Pablo Meixe Xoves 09 (20.30h) Parladoiro musical con Silvia Penide Sábado 11 (20.30h) Los Chikis en concerto Venres 17 (21.00h) Vox pópuli, Malasombra Producións Sábado 18 (20.00h) José Corbacho Venres 24 (21.00h) Igloo en concerto Sábado 25 (18.00h) Festival de Acordeóns Música no Camiño ABRIL Sábado 1 (18.30h) Maxia en familia con Luis Boyano Xoves 13 (20.30h) Parladoiro literario con Marilar Aleixandre Sábado 15 (18.30h) La mejor obra de la historia, Spasmo Teatro Xoves 20 (20.30h) Parladoiro musical con Susana Seivane Venres 21 (21.00h) As que limpan, A Panadería Teatro Venres 28 (21.30h) Pol 3.14 en concerto Sábado 29 (20.00h) Tabú, Colectivo Glovo MAIO Venres 05 (21.00h) Luis Piedrahita Sábado 06 (12.30h) Leonardo e os biosbardos, A Xanela do Maxín Xoves 11 (20.30h) Parladoiro con Inma López Venres 12 (21.00h) Maestrísimos, Yllana Sábado 13 (12.00h) Triscus Beliscus Domingo 21 (19.00h) Coral Polifónica Estradense

Concello da Estrada convoca as axudas municipais á creación de empresas 2023

Concello da Estrada convoca as axudas municipais á creación de empresas 2023 03 Marzo 2023 Facebook Twitter Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-). Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias 1.—Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada. 2.—Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente. 3.—Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar. 4.—Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada. 5.—Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. O importe máximo destas axudas é de 2 000 € por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra: LUNS 6- VENRES 17 DE MARZO.  http://emprego.aestrada.gal/index.php/services/6559-deputacion-de-pontevedra-convoca-setima-edicion-dos-cursos-de-espanol-para-persoas-inmigrantes-para-a-preparacion-do-dele-a2 ANEXOS PARA A SOLICITUDE: ANEXO I ANEXO II ANEXO III ANEXO IV ANEXO V Podes realizar a solicitude de maneira presencial no REXISTRO DO CONCELLO DA ESTRADA ou a través da nosa sede electrónica: Preme aquí: https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0; clica en INSTANCIA XERAL: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=x72gMo55SS0vZ*G*iFhy8Mvx2N6qFikthrsfRN5X7ICvuprCiDCfSg9aFiePrdS0PdUEP4IcvaZbU0GYhIoTJJtcFqjCa7EDFUnsfBhqSV6EQSGznY2gLCRguCjyvL5ooAJE8Akt2eli-tph75Gk8Bh0qabMfmA8rMu2QZIKOOa9wlX7DgBykcyipC1HBbEwqY7x8tiZ8CTfpXV8N5hy*w; TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA; cubre a instancia e sube os anexos como documentación complementaria. Recomendación: Usa google Chrome.  Se precisas axuda ou máis información contacta co departamento de emprego do Concello da Estrada chamando ao 986 677 740

Scroll ao inicio
Skip to content