Concello da Estrada

Uncategorized @gl

Información reunión – Campamento no Mar 2023

Novas Información reunión – Campamento no Mar 2023 Información que a empresa comunicou na reunión mantida cos pais/nais dos nenos/as participantes no Campamento no Mar 2023, que se vaia levar a cabo nas instalacións do Albergue Xuvenil A Devesa en Ribadeo. 1ª quenda: do 26 ao 30 de agosto, para rapaces/zas de idades entre os 8 e 12 anos. Descargar información 2ª quenda: do 30 de agosto ao 4 de setembro, para rapaces/zas de idades entre os 13 e 16 anos. Descargar información

Actividade para a prevención da dependencia – último cuadrimestre 2023

Novas Actividade para a prevención da dependencia – último cuadrimestre 2023 NOVAS SOLICITUDES Dende o Departamento de Servizos Sociais, informase que o prazo de inscrición para aquelas persoas interesadas en programa de Actividades de prevención da dependencia no último cuadrimestre de 2023 e que non participaran no cuadrimestre anterior permanecerá aberto dende o 21 ata o 31 de agosto (ambos incluidos) PERSOAS QUE ESTÁN PARTICIPANDO As persoas que xa participaran no primeiro cuadrimeste, só teñen que realizar o pago do último cuadrimestre (20€) REQUISITOS PARA PARTICIPAR Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade. (33% ou máis) As actividades que se están desenvolvendo son: Taller de Xerontoximnasia Taller de Memoria Taller de Pilates ÁMBITO URBANO As prazas ofertadas segundo a actividade son as seguintes: Xerontoximnasia 39 prazas libres Pilates 15 prazas libres Memoria 13 prazas libres ÁMBITO RURAL Os interesados poderán anotarse en aquelas parroquias nas que se están desenvolvendo a actividade. LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: Departamento de servizos sociais en horario de 9:00 a 14:00 Ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada Nº DE PERSOAS POR GRUPO No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas por grupo, atenderanse as solicitudes segundo a seguinte orde de prioridades: Persoas empadroadas no concello Orde de entrada das solicitudes DATA DE PAGO O pago para os participantes inscritos durante o 1º cuadrimestre como para as novas incorporacións será do 21 ata o 31 de agosto. Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9 a 14:00) ou chamando ó teléfono 986 573 265.

Parque eólico Monte Xesteiros (expediente IN661A 2010/5-4)

Novas Parque eólico Monte Xesteiros (expediente IN661A 2010/5-4) RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico), en concreto, das instalacións do parque eólico Monte Xesteiros, situado no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2010/5-4).   https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0310.html

Convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2023/2024  

Novas Convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2023/2024   Plazo de presentación dende o día 09/08/2023 ao 06/09/2023 (ambos incluidos). Lugar de presentación de solicitudes no departamento de Servizos Sociais, na sede electrónica do Concello de A Estrada ou no Rexistro xeral do Concello. Descargar bases ANEXO I_Solicitude ANEXO II_Declaración responsable ANEXO III_Declaración doutras axudas ANEXO IV.1_Certificado ANPA ANEXO IV.2_Certificado CEIP

Curso Capacitación Dixital realizado polo I.E.S. Antón Losada Diéguez

Novas Curso Capacitación Dixital realizado polo I.E.S. Antón Losada Diéguez Dende o 8 de agosto ó 1 de setembro (ambos días incluídos) estará aberto o prazo para anotarse no curso de “CAPACITACIÓN DIXITAL” para persoas maiores de 55 anos realizado polo I.E.S. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ OBSERVACIÓNS: curso de 30 horas impartido a partir do mes de setembro en horario de tarde (establecido polo I.E.S. Antón Losada Diéguez) 4 grupos de 15-16 persoas por grupo (grupos que distribúen no propio instituto) Lugar da actividade: I.E.S. Antón Losada Diéguez NOTA: as solicitudes deberán ser recollidas e presentadas únicamente de MANEIRA PRESENCIAL no departamento de Servizos Sociais.

Campionato FClass aire 100metros – “I Trofeo Concello da Estrada”

Novas Campeonato F Class aire 100 metros O próximo día domingo 6 de agosto tense previsto celebrar pola asociación de tiro AGARTO o segundo campionato AGARTO de carabina FClass aire 100metros , “I TROFEO CONCELLO DE A ESTRADA”. O lugar de celebracion será o antigo campo de futbol de TABEIROS/NIGOI, delimitado para este evento. O campionato dará comezo ás dez da mañá e se levará a cabo ó longo da mesma, estando en liza tres modalidades. Para esta competición, moi atractiva para o público, non é preciso ningunha instalación que altere o terreo xa que los brancos utilizados son chapas colgadas en péndulo que se montan e desmontan no mesmo día.

Actividade musicoterapia xerontolóxica

Ábrese o prazo de inscrición para actividade de Musicoterapia xerontolóxica. DATA DE INSCRICIÓN Dende o 3 ata o 18 de agosto (AMBOS INCLUIDOS) INICIO DA ACTIVIDADE 1ª quenda do 5 de setembro e ata o 19 de decembro 2º quenda do 9 de xaneiro ata o 18 de xuño REQUISITOS PARA PARTICIPAR Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 60 anos, ou ter menos de 60 e unha discapacidade igual ou superior ó 33% O criterio de selección de participantes estableceráse por Rexistro de entrada do Concello LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: Departamento de servizos sociais en horario de 9:00 a 14:00 Ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE: Certificado de discapacidade se fose o caso Descargar solicitude

Coida a túa pel

Novas Coida a túa pel No MOME o 27 de xullo ás 20:00 horas. Charla gratuíta impartida por Santi Nodar, farmacéutico de farmacia comunitaria.

Scroll ao inicio
Skip to content