Concello da Estrada

Uncategorized @gl

IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán

IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán A Fundación Cultural da Estrada, a través da Escola Municipal de Artes Escénicas, convoca o IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán co obxectivo de estimular a creación de nova dramaturxia galega. Poderán concorrer ao premio todas as persoas que o desexen con textos inéditos escritos en lingua galega. O prazo de recepción de orixinais pechará o 31 de outubro e a dotación económica será de 1.200 euros, ademais da publicación da obra gañadora. A organización escollerá un xurado de recoñecido prestixio presidido polo dramaturgo Santiago Cortegoso, que emitirá o seu fallo antes do 31 de decembro de 2023. Accede ás bases da convocatoria nas webs aestrada.gal e emae.aestrada.gal Descargar bases.  

Programación Cultural Outono 2023 – Estrada Escena Outono 2023

Programación Cultural Outono 2023 – Estrada Escena Outono 2023 SETEMBRO Sábado 30 (21.00 h) Deadpan, Ibuprofeno Teatro (estrea) OUTUBRO Venres 6 (21.00 h) 70+, LEO BASSI Sábado 14 (12.30h) Son no berce, A Cova das Letras Sábado 21 (20.30h) Concerto de outono, Coral Polifónica Estradense Venres 27 (21.00h) Cómico, Rafael Álvarez “EL BRUJO” NOVEMBRO Xoves 2 (20.30 h) Parladoiro con QUICO CADAVAL Venres 3 (21.00 h) The Great Greta, Greta Marí Venres 10 (21.00 h) Sta Inés, Cía La Feroz Domingo 12 (18.00h) Festival Lume na Lareira Venres 17 (21.00 h) As alumnas, Culturactiva Producións Sábado 18 (20.30 h) Concerto Sta Cecilia, Banda Cultural da Estrada Xoves 23 (20.30 h) Parladoiro literario con YOLANDA CASTAÑO Venres 24 (21.00h) Brokeback Sabucedo, Sal do Teatro Sábado 25 (20.30 h) Concerto Sta Cecilia, Banda Municipal da Estrada DECEMBRO Venres 1 (21.00h) Sal, Joan Strader Sábado 2 (12.30 h) Hugo, Náufragos Teatro Venres 15 (21.00 h) EL BÚHO en concerto Venres 22 (21.00 h) Concerto de Nadal, Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso Sábado 23 (20.30 h) Concerto Fin de Ano, Coral Polifónica Estradense + Coral Polifónica de Soutomaior Xoves 28 (21.00h) Tributo a Phill Collins, The Air Tonight Band Venres 29 (20.00 h) Os tres porquiños o musical, Educa Teatro XANEIRO Martes 2 (17.30h /19.30h) Cuento de navidad, Cía La Bicicleta Toda a programación detallada na app do Concello da Estrada Android:→ https://goo.gl/iY9ww9 iOS:→ https://goo.gl/fTnypG E lembra que tamén podes recibir toda a programación no teu whatsapp.Como??? -> http://app.aestrada.com/eventos/ficha/1582/gl

Actividade para a prevención da dependencia 2024

Actividade para a prevención da dependencia 2024 O Departamento de Servizos Sociais deste Concello, ten previsto dar continuidade ó Programa de Actividades dirixidas a persoas maiores de 50 anos, e persoas con discapacidade que non cumpran o requisito da idade. As actividades iniciaranse ao longo do ano 2024, coma se veñen desenvolvendo nos últimos anos. O prazo de inscrición para participar no programa de Actividades de Prevención da Dependencia 2024 permanecerá aberto dende o 25 de setembro ata o 20 de outubro (ambos incluidos) REQUISITOS PARA PARTICIPAR Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade. (33% ou máis) As actividades que se van a ofertar son Taller de Xerontoximnasia Taller de Memoria Taller de Pilates ÁMBITO URBANO Manteranse as actividades/horarios e grupos que se están desenvolvendo, Xerontoximnasia máximo 25 persoas por grupo Memoria máximo 10 persoas por grupo Pilates máximo 25 persoas por grupo As persoas interesadas en participar deberán anotarse antes do 20 de outubro ÁMBITO RURAL As parroquias que durante o ano 2023 tiveron actividade, durante o ano 2024 manterase a mesma actividade, (só se cambiará no caso de que o decida a maioría) e no mesmo horario. As persoas interesadas deberán anotarse antes do 20 de outubro. As parroquias que non tiveron actividade e queren formar grupo, poden facelo, con un mínimo de 8 persoas, e a actividade será a demandada pola maioría. Deberán formar grupos antes do 20 de outubro LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: Departamento de servizos sociais en horario de 9:00 a 14:00 Ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada Nº DE PERSOAS POR GRUPO Mínimo de 8 persoas por parroquia No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas por grupo, atenderanse as solicitudes segundo a seguinte orde de prioridades: Persoas empadroadas no concello Orde de entrada das solicitudes DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE: CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE SE FOSE O CASO Descargar solicitude Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9 a 14:00) ou chamando ó teléfono 986 573 265.

Unidade móbil – doazón sangue

Unidade móbil – doazón sangue O  venres 29 de setembro das 10:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 30 de setembro das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

Concesión subvención ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023 con destino ao financiamento do investimento “SINALIZACIÓN DIRECCIONAL NO RURAL”

Concesión subvención ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023 con destino ao financiamento do investimento “SINALIZACIÓN DIRECCIONAL NO RURAL” A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na súa sesión ordinaria do día 8 de abril de 2022 concedeu ao Concello da Estrada unha subvención por importe de 814.084.07 € con destino ao financiamento do investimento “SINALIZACIÓN DIRECCIONAL NO RURAL”

Festival O Son dos Arrieiros

Festival O Son dos Arrieiros Os vindeiros días 22 e 23 de setembro, terá lugar unha nova edición do Festival O Son dos Arrieiros, un festival que naceu na Estrada no ano 2022 coa intención de poñer en valor o talento dos artistas emerxentes galegos. Nesta edición participarán Carolina Rubirosa, Guezos, Rayo Tase, DJow, Hydn, Señora DJ, Playa Desmayo, Babykatze, Malandrómeda, Elba, Boyanka Kostova e Maefield. Os concertos todos enteiramente gratuítos terá lugar na praza da Feira e en outras rúas da nosa localidade.

Actividade de piscina para persoas maiores terceira quenda 2023

Actividade de piscina para persoas maiores terceira quenda 2023 O vindeiro luns 11 de setembro se abre o prazo para anotarse na actividade de piscina da 3º quenda, para maiores de 50 anos, ou menores de esa idade con discapacidade igual ou superior ao 33%. PRAZO DE INSCRIPCIÓN Dende o 11/09/2023 ata o 22/09/2023 (Ambos incluidos) REQUISITOS PARA PARTICIPAR Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos, ou menor de esta idade e ter unha discapacidade igual ou superior ao 33% O critrerio de selección de participantes establecerase por número de rexistro de entrada LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE Departamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada DATAS DA ACTIVIDADE Dende o 02/10/2023 ata o 29/12/2023 HORARIOS / GRUPOS Luns de 09:15h a 10:00h Luns de 16:30h a 17:15h Luns de 19:30h a 20:15h Mércores de 09:15h a 10:00h Venres de 09:00h a 09:45h Venres de 09:45h a 10:30h PREZO DA TERCEIRA QUENDA: 20 € Nº DE ALUMNOS POR SESIÓN Mínimo 7 alumnos/sesión e máximo 12 alumnos/sesión DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE Certificado de discapacidade se fose o caso Descargar solicitude  

Escolas deportivas

Escolas deportivas 18 Escolas Deportivas Municipais: Ciclismo Natación Ximnasia Padel Judo Kárate Patinaxe e Hockey Xadrez Tenis Tenis de Mesa Voleibol Bádminton Baloncesto Skate Balonmán Hípica (novidade) Tae Kwon Do (novidade) Esgrima (novidade) – Inscricións abertas dende o mércores 6 de setembro, nos contactos de cada escola ou o primeiro día da actividade. – Prezo: Cota xeral: 36 Euros / Trimestre (Ata 19 anos e maiores de 65). Cota adultos: 60 Euros / Trimestre – Bonificacións: (Non acumulables) 50% Familia Numerosa (acreditado). 50% Familia Monoparental (acreditado) 50% Segunda actividade para un mesmo alumno/a. Descargar polidíptico

35º Feira do Moble de Galicia

Novas 35º Feira do Moble de Galicia O certame acada a súa 35ª edición e nela ofrecerá un amplo escaparate de exposición e comercialización de mobles, complementos, artigos de  decoración e outros útiles e prestacións para o equipamento do fogar nun amplo espazo de exposición distribuído en 4 pavillóns. Un nutrido número de firmas chegadas de puntos tan diversos coma Valladolid, Toledo, Asturias, Alicante, Ponferrada, Madrid, Bizkaia, Ciudad Real ou Portugal presentarán, xunto a diferentes firmas galegas, tanto antigüidades coma as últimas novidades en materia de mobiliario, tapicería, decoración, menaxe ou complementos do fogar. O horario de apertura do recinto feiral abrangue de 11.00h a 20.00h da tarde, de maneira interrompida. A primeira xornada do día 14 a entrada será de balde. Con máis de tres décadas de traxectoria, esta cita estradense supón un escaparate de referencia para o sector do moble, a decoración e os artigos do fogar. Así, a Feira do Moble de Galicia está orientada tanto á satisfacción do público particular -que atopará un amplo abano de posibilidades para amoblar ou equipar o seu fogar- coma ao profesional, con atención neste último caso á ampliación de mercados e carteiras de clientes nun momento no que o auxe do sector inmobiliario está a realzar a comercialización de mobles e produtos afíns. Entre os sectores representados no  certame, xunto coas propostas de mobiliario o visitante atopará tamén decoración, descanso, tapicería, electrodomésticos, automatismos ou enerxías renovables, entre outras áreas de equipamento do fogar. Data: 14 ao 17 de setembro de 2023 Horarios: de 11 a 20 horas ininterrompido. Localización: 5 pavillóns do Recinto Feiral de A Estrada

Apúntate no novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas!

Novas Apúntate no novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas! A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE), logo de celebrar hai unhas semanas o seu 20 aniversario, abre o prazo de inscrición de alumnado para o novo curso 2023-2024. Os grupos ofertados serán catro: Grupo infantil (a partir dos 6 anos), Grupo Xuvenil (a partir dos 10 anos), Grupo Adultos (+18 anos) e Grupo Danza (a partir dos 40 anos). Todos os alumnos e alumnas interesadas deberán dirixirse ao departamento de Cultura do Concello da Estrada ou chamar ao teléfono 986573601. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. As clases darán comezo no mes de outubro e todo o novo alumnado disporá de dúas clases de cortesía antes de formalizar a súa matrícula. Máis info: http://www.emae.aestrada.gal/index.php  

Scroll ao inicio
Skip to content