Concello da Estrada

Uncategorized @gl

Premio Xornalístico – Manuel Reimóndez Portela (XXVIII Edición, 2023)

Premio Xornalístico – Manuel Reimóndez Portela (XXVIII Edición, 2023) BASES Convócase a XXVIII edición do Premio Xornalístico “Manuel Reimóndez Portela”. O Premio outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de cinco), publicados en lingua galega en calquera dos medios de comunicación escritos. A dotación económica do Premio será de 1.000 €. O Premio estará suxeito ás correspondentes obrigas tributarias. Ao Premio poderán presentarse traballos publicados ata o 31 de setembro de 2023. O prazo de recepción rematará o 1 de novembro de 2023. Os autores e autoras ou calquera lector poderá enviar un exemplar dos traballos no que conste a data de publicación, autor ou autora e o medio ao seguinte enderezo electrónico: pxornalisticoreimondezportela@gmail.com O xurado cualificador estará integrado por membros do Comité de Seguimento do Premio, actuando un deles como presidente ou presidenta e outro como secretario ou secretaria con voz pero sen voto. A resolución do xurado cualificador será inapelable e darase a coñecer no seu momento. O premio entregarase na data e lugar que oportunamente se anunciará. O xurado poderá declarar deserto o Premio. A organización do Premio resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados. A participación nesta convocatoria supón a aceptación das bases. Descargar bases.

Rafael Álvarez “EL BRUJO”

Rafael Álvarez “EL BRUJO” DÍA: Venres 27 de outubro HORA: 21.00 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Comedia, monólogo CATALOGACIÓN: ADULTOS LINGUA: Castelá DURACIÓN: 70 min ENTRADA: 10,00€ (venda anticipada de entradas en ataquilla.com, Concello da Estrada e Bar As Tres Portiñas) SINOPSE: Cómico é un monólogo aparentemente espontáneo no que o actor desvela todos os detalles da súa vida e do seu oficio como actor e dramaturgo no que destaca a variedade de recursos expresivos e a graza irónica e tenra do seu humor. El Brujo consegue coa xenialidade da palabra soa esa suspensión momentánea da realidade que só os grandes da escena son quen de provocar no espectador. Sen axudarse de grandes exércitos de focos, sen riquísimos vestuarios e sen abundancia de tramoia. Tan só coa maxia da súa voz. Un cómico e un espectáculo excepcionais!

Notificación de Interrupción programada da subministración

Notificación de Interrupción programada da subministración Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámoslles que o próximo día 28 de outubro de 2023, de 8:30 a 9:30 horas, vaise a proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo. Descargar información completa.  

Entrega da XXXV Edición do Premio de Novela “M. García Barros”

Entrega da XXXV Edición do Premio de Novela “M. García Barros” José López CamposAlcalde-Presidente do Excmo. Concello da Estrada Ten a honra de convidala/o a asistir á entrega da XXXV Edición do Premio de Novela “M. García Barros” a D. Fernando Castro Paredes pola obra “Entomoloxía para misioneiros”, que terá lugar o 20 de outubro de 2023 ás 20:00 h no Teatro Principal da Estrada. Todas/os asistentes serán agasalladas/os cun exemplar da obra

Concerto de Outono – Coral Polifónica Estradense

Concerto de Outono – Coral Polifónica Estradense DÍA: Sábado 21 de outubro HORA: 20.30 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Música coral CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS DURACIÓN: 75 min ENTRADA: Recollida de convites no Dpto. Cultura ou Teatro Principal SINOPSE: Como xa é habitual, A Coral Polifónica Estradense presentará o seu novo repertorio de cancións no xa tradicional concerto de outono na compaña da Coral Polifónica de Bergantiños (Carballo) e da Coral Polifónica San Blas de Budiño.

Unidade Móbil – Doazón Sangue

Unidade Móbil – Doazón Sangue O venres 27 de outubro das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 28 de outubro das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

Unidade Móbil 06 de inspección técnica de TURISMOS

Unidade Móbil 06 de inspección técnica de TURISMOS A unidade Móbil 06 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A ESTRADA nas seguintes datas e ubicacións:do 24/10/2023 ao 31/10/2023 Pavillón Polideportivo (A Estrada) O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañán e tarde todos os días, agás: 31/10/2023 que será horario só de mañá. Para solicitar cita previa: Por teléfono: 902 30 90 00 A través da nosa páxina web: www.sycitv.com – Cita previa  

SON NO BERCE – A Cova das Letras

SON NO BERCE – A Cova das Letras SON NO BERCE A Cova das Letras DÍA: Sábado 14 de outubro HORA: 12.30 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Teatro infantil CATALOGACIÓN: INFANTIL 0-3 LINGUA: Galego DURACIÓN: 25 min ENTRADA: De balde cativos / acompañantes 3.00€ (recollida de convites no Dpto. Cultura ou escolas infantís da vila / entrada reducida) SINOPSE: A actriz Cristina Collazo presenta un espectáculo para os máis cativos no que a música, a danza e a exploración con diferentes texturas e imaxes serán a base do xogo escénico, aínda que tamén a palabra xogará un papel fundamental. Un concerto sensorial que nos fará viaxar a través dos sentidos.

Cápsulas Outono Activo 2023

Cápsulas Outono Activo 2023 AEstradaDeporte,  presenta   as   cápsulas   outono   activo,   na   que   se presentan unha serie de actividades de carácter gratuito, abertas para toda a poboación, e que terán lugar nos meses de outubro e novembro. Este programa deportivo, ten como principal obxectivo mellorar a saúde da cidadanía mediante a práctica de exercicio físico, traballando multidisciplinarmente en eventos consistentes en exercicio físico saudable, acondicionamento físico e deportes adaptados @s participantes. Esta iniciativa fomenta o deporte e os hábitos non sedentarios, tendo en conta que calquera cantidade de actividade física é mellor que ningunha. As cápsulas ofertan actividades durante seis xornadas, sendo a primeira o martes día 24 de outubro e a derradeira o martes día 31 de novembro. Descargar información completa

Actuacións gratuítas polas afectacións nos nodos 4G e 5G

Actuacións gratuítas polas afectacións nos nodos 4G e 5G O 31 de outubro remata o prazo para que os usuarios de TDT soliciten as actuacións gratuítas polas afectacións nos nodos 4G e 5G A entidade Llega 700 pon a disposición da veciñanza o número 900 831 902 para proporcionar información sobre posibles afectacións e o 900 833 999 para a resolución de incidencias. A entidade Llega 700 informa de que o 31 de outubro, finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G. De acordo á Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT, é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil. Polo tanto, está a piques de finalizar o prazo habilitado de 6 meses, desde o aceso dunha ou varias das estacións que afectan o seu municipio, para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para os cidadáns. No futuro, na Estrada poderíanse acender novas estacións base de telefonía móbil, se así o considerasen necesario os operadores para mellorar este servizo, nese caso volveríase a atender de forma gratuíta as incidencias que se puideran producir, abríndose un novo prazo de seis meses desde a data de aceso. En caso de calquera dúbida ou de requirir información máis detallada ponse a disposición dos usuarios o teléfono gratuíto da Oficina Técnica de Concellos de LLEGA700, 900 831 902, onde se facilitará toda a información referente ás posibles afectacións ocasionadas por estacións base de telefonía móbil. Lembramos que para poder atender no centro de atención ao usuario e poder resolver as incidencias, as persoas interesadas terán que comunicarse ao teléfono gratuíto 900 833 999 ou na seguinte ligazón: https://www.chega700.es/contacto.php

Scroll ao inicio
Skip to content