Concello da Estrada

Uncategorized @gl

Programación semanal

Programación semanal Parladoiro Literario – Yolanda Castaño   DÍA: xoves 23 de novembro HORA: 20.30 h LUGAR: Escenario do Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Parladoiro CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS LINGUA: Galego DURACIÓN: 60 min ENTRADA: De balde (ata competar a capacidade da sala) SINOPSE: Yolanda Castaño, unha das grandes referentes da poesía galega contemporánea, visita o Teatro Principal para charlar sobre a súa traxectoria vital e literaria. O acto irá acompañado dunha sinatura do poemario Materia que este ano recibiu o Premio da Crítica ao mellor libro publicado en lingua galega durante o ano 2022. Brokeback Sabucedo  (paixón entre bestas) – Sal do Teatro DÍA: Venres 24 de novembro HORA: 21.00 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Drama CATALOGACIÓN: ADULTOS LINGUA: Galego DURACIÓN: 65 min ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Dpto. Cultura) SINOPSE: Brokeback Sabucedo é un espectáculo de temática LGTBIQ+, situado no ámbito rural de Galicia no marco da Rapa das Bestas de Sabucedo. Conta a historia de Roi e Rafa, dous amigos da infancia que se atopan na Rapa e entre os que comeza a abrollar toda unha xeira de sentimentos que estaban ocultos. Unha amizade que rematará convertida en paixón. Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade sexual, unha homenaxe á tradición galega e unha crítica á enerxía eólica. Concerto da Banda Municipal da Estrada DÍA: sábado 25 de novembro HORA: 20.30 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Música de banda CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS DURACIÓN: 60 min ENTRADA: De balde (ata competar a capacidade da sala) SINOPSE: Un ano máis, a Banda Municipal da Estrada ofrece o seu tradicional concerto na honra de Sta Cecilia. Un concerto no que a agrupación presentará ao público estradense o seu novo repertorio e os novos membros da agrupación.

O Teatro Principal exalta o emprego da lingua galega na entrega dos XXXII Premios San Martiño

O Teatro Principal exalta o emprego da lingua galega na entrega dos XXXII Premios San Martiño O Teatro Principal da Estrada acolleu este serán a entrega da trixésimo segunda edición do Premios San Martiño de normalización lingüística, promovidos polo Concello da Estrada.Na entrega de premios estiveron presentes Antonio Sanmartín Chao, propietario da Pastelería Mimela, Esther Estevez, presentadora do programa Dígocho Eu, e Xaquín Espiño, artesán de gaitas e dono do obradoiro de gaitas García de Riobó, en representación das agrupacións premiadas este ano. Deste xeito, o Concello da Estrada recoñeceu co premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós- Terra de Montes á Pastelería Mimela pola súa firme defensa do idioma tanto no municipio como na comarca, así como polo seu emprego de produtos naturais e locais, cun proceso de produción artesanal e sostible. O espazo da TVG Dígocho Eu, presentado pola verinense Esther Estévez, recibiu o galardón á normalización no ámbito galego por achegarlle á mocidade as pautas normativas do galego, dun xeito cercano, sendo un estímulo para a participación lingüística da xente máis nova e de toda a comunidade educativa galega. Finalmente, o premio á normalización a toda unha vida recoñeceu a enorme traxectoria do obradoiro de gaitas García de Riobó, unha estirpe de artesáns cuxa orixe se remonta a finais do século XVIII cando Joaquín García Rey lle deu vida. O negocio que este ano pon punto e final á súa andadura foi un elemento clave para a difusión da música, a cultura e a fala de Galicia.

Unidade Móbil – Doazón Sangue

Unidade Móbil – Doazón Sangue O venres 24 de novembro das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

Concerto da Banda Cultural da Estrada

Concerto da Banda Cultural da Estrada DÍA: sábado 18 de novembro HORA: 20.30 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Música de banda CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS DURACIÓN: 55 min ENTRADA: De balde (ata competar a capacidade da sala) SINOPSE: Un ano máis, a Banda Cultural da Estrada ofrece o seu tradicional concerto na honra de Sta Cecilia. Un concerto no que a agrupación presentará ao público estradense o seu novo repertorio.

As Alumnas – Culturactiva Producións

As Alumnas – Culturactiva Producións DÍA: venres 17 de novembro HORA: 21.00 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Teatro contemporáneo CATALOGACIÓN: ADULTOS LINGUA: Galego DURACIÓN: 75 min ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Dpto. Cultura do Concello da Estrada) SINOPSE: Paula Carballeira, Fina Calleja, Anabell Gago e Mónica Caamaño danse cita na parte creativa dun espectáculo que trata sobre a figura da docente galega María Barbeito, precursora da anovación pedagóxica durante a época franquista. A educación é o eixo fundamental da obra. As dúas protagonistas femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, enmarcados nas transformacións sociais do momento.

Convocatoria Premios Literarios

Convocatoria Premios Literarios  O Concello da Estrada vén de convocar parte dos seus premios literarios dos que xuntamos as bases de participación.O prazo de presentación de orixinais remata nas tres convocatorias o vindeiro 24 de febreiro de 2024.As bases dos distintos premios están dispoñibles nas seguintes ligazóns:  XXXVI PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCÍA BARROS IV PREMIO ALBERTE QUIÑOI DE ÁLBUM ILUSTRADO XXVIII PREMIO DE POESÍA AVELINA VALLADARES

XVI Encontro Folk Lume na Lareira

XVI Encontro Folk Lume na Lareira DÍA: domingo 12 de novembro HORA: 18.00 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Música tradicional CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS DURACIÓN: 135 min ENTRADA: 5,00€ (venda anticipada no Dpto. Cultura do Concello da Estrada, Cafetería Eureka, Mesón A Estrada) SINOPSE: Un ano máis, a gran cita do folk galego organizada polo músico Juan Ruibal ateigará de público o Teatro Principal da Estrada. Nesta edición, o festival contará coa presenza do cantante Antonio Barros, Cristo Cristini, As Lerchas, a agrupación Carballeira de Cercio de Lalín ou agrupación estradense Lume na Lareira, entre outros convidados.

Santa Inés – Cía La Feroz

Santa Inés – Cía La Feroz DÍA: venres 10 de novembro HORA: 21.00 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Teatro contemporáneo CATALOGACIÓN: ADULTOS LINGUA: Galego DURACIÓN: 55 min ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Dpto. Cultura do Concello da Estrada) SINOPSE: Inés Salvado e Lorena Conde, coa música de De Vacas, dan vida a Santa Inés. Un espectáculo que trata sobre a liberdade, a obediencia, a violencia, o inefable e a mística na contemporaneidade e quereflexiona sobre o que un mundo de lobos espera das mulleres -as cordeiras- e, o máis importante de todo: o que as mulleres esperan delas mesmas e do mundo.

The Great Greta – Greta Marí

The Great Greta – Greta Marí DÍA: venres 3 de novembro HORA: 21.00 h LUGAR: Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Danza, circo, Teatro CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS DURACIÓN: 55 min ENTRADA: 5,00€ (venda anticipada no Dpto. Cultura do Concello da Estrada) SINOPSE: The Great Greta é un espectáculo multidisciplinar que combina danza, humor e circo para levar á escena unha oda á xente rara, que sae dos estereotipos existentes na sociedade actual. As situacións absurdas, a música, os obxectos especialmente coidados da escenografía e unha protagonista peculiar, farán que as aventuras de The Great Greta sorprendan a toda clase de público.

Parladoiro con Quico Cadaval

Parladoiro con Quico Cadaval DÍA: Xoves 2 de novembro HORA: 20.30 h LUGAR: Escenario do Teatro Principal da Estrada XÉNERO: Parladoiro CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS LINGUA: Galego DURACIÓN: 60 min ENTRADA: Recollida de convites no Dpto. Cultura do Concello da Estrada SINOPSE: Iniciamos a sección dos Parladoiros dentro da programación de outono cun dos artistas máis senlleiros da escena galega. Un xenio dos escenarios e da narración oral que se achegará á nosa vila para diseccionar moitos aspectos da súa traxectoria artística. Un galego universal, polifacético e comprometido coma poucos coa realidade social e cultural do seu país.

Scroll ao inicio
Skip to content