Bonificacións fiscais nos impostos e taxas municipais
Trámites Menu Close Tesourería Subvencións Perfil do contratante Expedientes en marcha Expedientes en marcha previos Lei 9/2017 Expedientes en marcha tramitados pola Lei 9/2017 Expedientes rematados Contratos de obra Contratos de Servizos Contratos de Subministracións Outros contratos Algúns Contratos relacionados cos fondos FEDER Publicación de contratos celebrados Convocatorias e actas Actas Plenos-Actas Convocatorias Plenos Xunta de Goberno Local Atención ao cidadán Período medio de pago a provedores (PMP) Biblioteca administrativa Descarga de impresos Outra normativa Calendario do contribuinte Guía de tramitación A persoa A vivenda Comercio, Empresa e Outros O automóbil Ordenanzas Municipais Ensino Facenda Persoal Servizos e acción social Outros Contratación de persoal Procesos selectivos en proceso Procesos selectivos finalizados Close Tesourería Subvencións Perfil do contratante Expedientes en marcha Expedientes en marcha previos Lei 9/2017 Expedientes en marcha tramitados pola Lei 9/2017 Expedientes rematados Contratos de obra Contratos de Servizos Contratos de Subministracións Outros contratos Algúns Contratos relacionados cos fondos FEDER Publicación de contratos celebrados Convocatorias e actas Actas Plenos-Actas Convocatorias Plenos Xunta de Goberno Local Atención ao cidadán Período medio de pago a provedores (PMP) Biblioteca administrativa Descarga de impresos Outra normativa Calendario do contribuinte Guía de tramitación A persoa A vivenda Comercio, Empresa e Outros O automóbil Ordenanzas Municipais Ensino Facenda Persoal Servizos e acción social Outros Contratación de persoal Procesos selectivos en proceso Procesos selectivos finalizados Bonificacións fiscais nos impostos e taxas municipais Neste documento recóllense as posibilidades que as persoas con menores recursos económicos, as familias numerosas, os veciños de núcleos rurais, os discapacitados, os propietarios de vivendas de protección oficial, … teñen de pagar menos impostos e taxas ao Concello. ACTIVIDADE ECONÓMICA ImpostoActividadesEconómicasIAE NON terán que pagar o IAE : As persoas físicas (comerciantes, profesionais, artistas, etc.). As empresas ou sociedades civís cando a cifra de negocios no ano 2000 sexa inferior a 1 millón de euros. Aquelas empresas con cifra de negocios superior a 1 millón de euros se inician no 2003 a súa actividade. ACTIVIDADE ECONÓMICA ImpostoBensInmoblesIBI Bonificación do 90% durante un período máximo de 3 anos os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, sempre que non formen parte do seu inmobilizado. Debe solicitarse antes do comezo das obras, presentando os estatutos da sociedade e a certificación do administrador da sociedade ou fotocopia do último balance (para os efectos do imposto de sociedades), sobre a non inclusión no inmobilizado do inmoble obxecto de bonificación. BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS GarderiaInfantil Redución do 10% ao 100% nas cotas mensuais da Gardería Infantil segundo ingresos da unidade familiar. BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS Taxas porSumidoiros,Recollida de Lixoe Auga – Bonificación do 50 % ás persoas en situación de parados ou xubilados que acrediten as condicións seguintes: Non posuír a unidade familiar, ingresos superiores ao salario mínimo interprofesional, incluíndo no mesmo o subsidio por desemprego. Non ser propietario ou usufrutuario de bens rústicos ou urbanos (agás a propia vivenda se o seu valor catastral non supera os 24.040,48 euros ) nin titulares no exercicio de actividades suxeitas o IAE. As persoas en situación de paro, ademais das anteriores condicións, terán que levar desempregados cando menos seis meses dos doce anteriores ao devengo da taxa correspondente. – Bonificación do 95 % ás persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal. BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS Axuda noFogar Bonificación de ata ao 100 % segundo os ingresos e ao numero de membros da unidade familiar de convivencia. BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS Expedición deDocumentosAdministrativos Exención total ás persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal. BONIFICACIÓNS AOSDISCAPACITADOS ImpostoVehículos Exención do pagamento nos vehículos para persoas con mobilidade limitada e tamén os matriculados por persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% e que sexan para o seu uso exclusivo (aínda que non os conduza).Debe solicitarse antes do 1 de maio, achegando o certificado de minusvalía e a ficha técnica do vehículo ou, en caso de vehículos matriculados a nome de minusválidos, a acreditación ou compromiso de uso exclusivo. BONIFICACIÓNS ÁSFAMILIAS NUMEROSAS ImpostoBensInmoblesIBI Na vivenda que sexa a residencia habitual da familia numerosa e sempre e cando os seus ingresos per cápita sexan inferiores a 3.500 euros. Familia numerosa de 1ª. categoría : Bonificación do 50% Familia numerosa de 2ª. categoría : Bonificación do 70% Familia numerosa de honor : Bonificación do 90% Debe solicitarse no Concello antes do 1 de xuño, presentando o título de familia numerosa. – bonificación pendente de aprobación definitiva – BONIFICACIÓNS SFAMILIAS NUMEROSAS ConservatorioProfesionale Escola deMúsicaMunicipal Nas cotas do Conservatorio Profesional e Escola de Música Municipal : Familia numerosa de 1ª. categoría : Bonificación do 50% Familia numerosa de 2ª. categoría : Bonificación do 75% Familia numerosa de honor : Bonificación do 100% BONIFICACIÓNS ÁSFAMILIAS NUMEROSAS GarderíaInfantil Nas cotas da Gardería Infantil : Bonificación do 20 % OUTROS BENEFICIOS FISCAIS ImpostoBensInmoblesIBI Bonificación do 37,5 % por cento durante 3 anos na cota íntegra do IBI os inmobles de natureza urbana que segundo as vixentes Normas de Ordenación Subsidiarias de Planeamento Municipal : estean situados en zonas que sexan susceptibles de calificarse como solo urbano non consolidado. estean situados en zonas que sexan susceptibles de calificarse como solo apto para urbanizar. estean situados fóra das zonas delimitadas como solo urbano e solo apto para urbanizar. Están exentos do pagamento : os inmobles urbanos cun recibo inferior a 6 euros. os inmobles rústicos dun mesmo propietario e cunha cota agrupada inferior a 6 euros. – bonificación e exención pendentes de aprobación definitiva – OUTROS BENEFICIOS FISCAISImpostoVehículos Non terán que pagar os vehículos que teñan máis de 30 anos ou estean calificados como históricos. Debe solicitarse antes do 1 de maio, presentando no seu caso o documento de catalogación como vehículo histórico. PROTECCIÓN E DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE ImpostoBensInmoblesIBI Exención para as superficies de montes poboados con especies de crecemento lento para a produción de madeira, con densidade normal, sen necesidade de solicitude. Exención durante 15 anos para as superficies de montes repoboados ou con rexeneración de masas, con proxectos de ordenación ou planos técnicos aprobados pola administración forestal.Debe solicitarse, antes