Servizos Sociais Menu Close Servizo de Atención Temperá Sanidade Prevención Drogodependencia Onde acudir As substancias Enlaces de interese Escola de Familia Material audiovisual Preguntas frecuentes Habitos de vida saudable Alimentación Hidroterapia Actividade física Prev. accidentes domésticos Centro de Información ás Mulleres (CIM) Que é o CIM? Onde podo encontralo? Que ofrecemos Horario Plan de igualdade Enlaces de interese CIM Que son os malos tratos ou a violencia de xénero? Galería Close Servizo de Atención Temperá Sanidade Prevención Drogodependencia Onde acudir As substancias Enlaces de interese Escola de Familia Material audiovisual Preguntas frecuentes Habitos de vida saudable Alimentación Hidroterapia Actividade física Prev. accidentes domésticos Centro de Información ás Mulleres (CIM) Que é o CIM? Onde podo encontralo? Que ofrecemos Horario Plan de igualdade Enlaces de interese CIM Que son os malos tratos ou a violencia de xénero? Galería Preguntas frecuentes 1. ¿Cómo podemos clasificar as drogas? Non é aceptable a clasificación de legais ou ilegais porque xenera escasa percepción de risco nas consideradas legais (alcohol, tabaco). A clasificación máis aceptada hoxe basease nos efectos sobre o sistema nervioso central e como consecuencia sobre o cerebro e o resto do organismo. Así dividimos as substancias en : depresoras (atenúan o funcionamento do cerebro, ex: alcohol, benzodiacepinas, cannabis), estimulantes (aceleran o funcionamente do cerebro, ex: cocaína, anfetaminas), perturbadoras (alteran estados de conciencia e percepción da realidade, ex: drogas de síntese, derivados do cannabis, etc) Algunhas substancias comparten propiedades de estimulación/perturbación ou depresión/perturbación. 2. ¿Por qué nos enganchamos ás drogas? Porque o organismo se adapta a elas como consecuencia do seu consumo reiterado e establece unha relación de dependencia coa substancia. A medida que se establece a dependencia o consumo faise cada vez máis necesario para evitar a síndrome de abstinencia, á vez que se produce unha disminución progresiva dos efectos das drogas. Desta forma se produce a necesidade de ir aumentado a dose coa fin de alcanzar os efectos iniciais. A este fenómeno se lle chama tolerancia. 3. ¿Pódese controlar a cantidade que se consume? Non, porque os propios efectos das substancias alteran a nosa capacidade de exercer un control sobre o seu consumo, é dicir, alteran a nosa capacidade de análise da realidade e de toma de decisión sobre os consumos que realizamos. 4. ¿Qué efectos se producen cando falta a droga e hai dependencia? Se produce síndrome de abstinencia, que en moitos casos require de atención médica. Os síntomas máis habituais son: ansiedade, nerviosismo, alucinacións, sudoración, temblores, calafríos, dificultade para dormir, vómitos e outros. 5. ¿Todas as drogas están adulteradas? A maior parte sí, porque o obxectivo é acadar maior beneficio económico e coa mesma cantidade, conseguir máis doses. Estes adulterantes varían según a droga e poden producir danos difíciles de predecir. Algúns destes adulterantes son: talco, xiz, xeso, productores de limpeza, etc. 6. ¿A drogodependencia é unha enfermidade? Sí, porque afecta a aspectos físicos, psíquicos e sociológicos do individuo, é dicir, á saúde en xeral, pero ten un aspecto diferencial, a decisión sobre o seu consumo tanto no inicio como no mantemento e no posible tratamento é unha responsabilidade do individuo. 7. ¿Consumir varias substancias aumenta o perigo para a sáude? Sí, multiplica os riscos. É o que se chama policonsumo e é o máis habitual. De feito, é difícil atopar persoas que consuman unha única substancia, aínda que é frecuente que se consuma unha delas de forma principal (ex: alcohol, botellón). 8. ¿Cando se produce unha sobredose? Cando introducimos no organismo máis substancia do que é capaz de metabolizar. Pode producir coma ou morte. 9. ¿Por que é importante a educación na prevención? Educar aos individuos para que manteñan relacións responsables coas drogas, para que aprendan a afrontar a vida e as súas diferentes situacións sen recurrir a elas é un dos principais obxectivos da prevención. Para eso a formación en valores, hábitos, actitudes e habilidades persoais e sociais é de vital importancia e a educación é o medio axeitado para eso. 10. ¿En que campos se desenvolve a prevención? En catro ámbitos: familiar, escolar, laboral e comunitario. Actualmente existen programas de prevención para cada un destes ámbitos, aínda que os máis relevantes son: familiar e escolar. 11. ¿Hai que falar de drogas para evitar o consumo? As drogas existen en tódalas sociedades polo que é necesario que as persoas coñezan os seus riscos de forma clara. A información é necesaria pero non suficiente. Se non damos información axeitada, arriscámonos a que se busque información por outros medios que quizais non estean suficientemente preparados/informados (televisión, amigos, etc). 12. ¿Por que se consumen drogas? Non hai unha única causa, distintas variables interactúan dando como resultado un consumo. A estas variables se lles chama factores de risco. Os factores de risco son aquelas características da persoa, da substancia e do entorno que incrementan a posibilidade de que unha persoa consuma drogas ou que este consumo lle cause problemas . 13. ¿Cales son os factores de risco? Os factores de risco clasifícanse en tres grupos: factores de risco vinculados á substancia, ao individuo e ao ambiente. A interacción dos tres ofrece a posibilidade de ser ou non consumidor de drogas. 14. ¿Existen persoas máis vulnerables ao consumo de drogas? Hai algunhas características individuais que fan máis probable o inicio dun consumo cando este interactúa con factores de tipo social e os propios das substancias. A baixa autoestima, dificultade para tomar decisións, intolerancia á frustación, etc poden ser factores que inclinen ao individuo cara o consumo. 15. ¿Que síntomas poden axudar a detectar un abuso das drogas? Algúns dos síntomas que poden indicar a posibilidade dun consumo habitual de drogas son: empeoramento do aspecto físico e falta de coidado persoal (hixiene, roupa..), cambios no estilo de vida (perda de interese en actividades, tendencia ao illamento), cambios no estado de ánimo e nos ritmos de vixilia e sono, pasividade e indiferencia no seu entorno, aumento das necesidades económicas. En todo caso, como este tipo de signos hai que