Concello da Estrada

Cultura

Rei Romeu, Manuel

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Rei Romeu, Manuel Biografía Nace na Estrada en 1964 (Berres-Vilancosta). Cursou os dous últimos anos de EXB no colexio da Estrada e o bacharelato no IES desta localidade, onde volveu a traballar ao comezo da súa vida profesional. Militante nacionalista desde os dezasete anos. Formou  parte da organización estudantil ERGA, na que desenvolveu diferentes responsabilidades,  e participou no movemento estudantil dos anos oitenta  (a través dos CAF) que contribuíu a democratizar e transformar a Universidade galega. Cursou estudos de Filoloxía Galego-portuguesa na USC. Nos últimos cursos universitarios fica patente o seu interese pola crítica literaria galega, con aproximacións a figuras relevantes da nosa literatura como Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Castelao… Froito dun especial interese polo significado desta figura para Galiza, en 1991 (Eds. Do Cumio)  publica Arte e verdade : a obra literaria de D. Castelao, que aínda ha de ser durante tempo a única monografía sobre o conxunto da súa obra literaria. A partir deste momento, desenvolve un intenso labor de divulgación desta figura, clave do nacionalismo actual, acrecentado con publicacións que perseguen ese mesmo cometido: Castelao e Sempre en Galiza (Laiovento, 1996); Alfonso Daniel Castelao (A Nosa Terra, 1999); Castelao: desta terra, deste tempo (Consello da Xuventude, 2000). Participou tamén en obras colectivas como Literatura galega: da Idade Media ao século XIX; a Historia da literatura Galega da AS-PG; Historia da literatura galega do séc. XX (2001);En 2011 publica coa AELG  Volver a Castelao. Colaborou na realización de escolmas literarias e de varios estudos monográficos sobre  historia da literatura galega. Como concelleiro do BNG, participou  no cogoberno do Concello de Pontedeume, sendo o primeiro tenente de alcalde  entre os anos 1999 e   2007. Entre 2007 e 2011 foi Portavoz do BNG na oposición. Participa da dirección e actividades de entidades de base como a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, da Sociedade cultural Medulio de Ferrol e forma parte da Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística. Exerce como  profesor de Lingua galega e literatura no IES Concepción Arenal de Ferrol desde hai máis de trinta anos.  

Porto Iglesias, Xesús A.

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Porto Iglesias, Xesús A. Obra Barbude( Unha parroquia estradense do Val do Ulla)Autor: Porto Iglesias, Xesús A.Editorial: Concello da EstradaDescripción:Descrición da aldea estradense desde as súas orixes, a partir da consulta de libros e documentos e escoitando relatos dos vellos do lugar; a historia debúxase como algo global de toda a parroquia máis que unha aldea illada.

Porta Martínez, Paulo

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Porta Martínez, Paulo Biografía Naceu en Marín ( Pontevedra) no ano 1.961 e viviu na Estrada dende os sete anos.  Licenciouse en Belas artes pola Universidade de Valencia no 1.984. De 1.984 a 1.988 foi profesor de debuxo nos institutos de O Barco de Valdeorras, A Sardiñeira ( A Coruña) e Boiro, e dende 1.988 imparte Debuxo e Fotografía Dixital no Instituto de Bacharelato Arcebispo Xelmírez 1 de Santiago de Compostela. Entre outras actividades culturais, formou parte en 1.981-82 do grupo estradense de música galega “ Penadona”,  xunto con Xoseme Mosquera, Xan Herrera e Lois Torres; participou na creación do boletín de literatura galega “ Matacán” ( 84 -85) e presidiu a “ Asociación Cultural A Estrada”, baixo cuxa dirección se celebrou no 1.987 o “ I  Simposio de Literatura Galega Estradense”, adicado especialmente aos irmáns Valladares, Cabada Vázquez e  García Barros. A súa obra individual é case toda  froito dos seus diversos estudos en col da obra de guerra de artistas galegos coma Castelao ou Arturo Souto e dos seus traballos verbo da imaxe dixital. Así temos: 1937, CASTELAO E SOUTO EN VALENCIA (Ed. do castro, 1.985), ARTURO SOUTO ( Biografía) ( A Nosa Terra, 2.002), A GUERRA DE ARTURO SOUTO ( A Nosa Terra, 2.002), e TRATAMENTO DIXITAL DA IMAXE ( Ed. Fouce, 1.999), FOTOGRAFÍA E IMAXE DIXITAL ( Edicións Lea, 2.003). Como co-partícipe en edicións colectivas temos: “ Dúas teses para a valoración da evolución estética de Castelao” en CONGRESO CASTELAO ( Universidade de Santiago de Compostela, 1.989); “ A Guerra civil” na mostra antolóxica ARTURO SOUTO ( Fundación Barrié de la Maza, 1.997) e “ Arte en loita” no Congreso CASTELAO. CO PENSAMENTO EN GALIZA ( Concello de Pontevedra – ASPG – Universidade de Vigo, 2.001). Asimesmo temos que salientar que foi o editor da obra de homenaxe  póstuma a Xoseme Mosquera, DAME A TÚA MAN ( Ed. Fouce, 1.999). Tamén cómpre termos en conta o seu labor como  deseñador maquetador e ilustrador de diferentes obras. Así temos  que ilustrou as portadas de INSTITUTO XELMÍREZ. PASADO E PRESENTE ( 1.845-1.995) ( Deputación Provincial da Coruña, 1.997), COS PÉS NA TERRA de Xosé R. Freixeiro Mato  (Ed. Fouce, 1.999) e das I  XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA XOSÉ CALVIÑO ( Xunta de Galicia, 2.000).E deseñou e maquetou AXENDA ESCOLAR I.B. XELMÍREZ ( cursos 00 -01 e 01 – 02); actas do Congreso CASTELAO. CO PENSAMENTO EN GALIZA ( Concello de Pontevedra- ASPG – Universidade de Vigo, 2.001) e actas de Congreso LINGUAS NON NORMALIZADAS. PRESENTE E FUTURO ( Universidade de Vigo – ASPG, 2.002).

Pérez Lapique, Patricia

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Pérez Lapique, Patricia Biografía Illas Canarias, 1965 Obra As columnas de Excelsio ExpósitoAutor: Pérez Lapique, PatriciaEditorial: Edicios do CastroDescripción:A novela semella ser unha especie de relato persoal que narra circunstancias polas que pode pasar a nosa mente, coma chegar a un inferno que pode levarnos incluso ao suicidio, visto aquí coma un dereito de exercer a liberdade.

Pereira Valcárcel, Manuel

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Pereira Valcárcel, Manuel Biografía A Estrada – Pontevedra, 1955 Participou nos libros colectivos Intifada (Santiago, 1989), Homenaxe a Miguel González Garcés (A Coruña, 1991), Comercial (Neda – A Coruña, 1998), Muller de doce sal, Homenaxe a Inés Canosa(vtp, Madrid, 2000),é 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enriquez (Vigo, 2001). Coordinou, xunto con Vicente Araguas, á edición de En transito. Antoloxia de poesía galega en Madrid(O Castro-Sada, 2001). Naceu en Ouzande ( A Estrada) no ano 1.955.  No  curso 66-67,  o anterior á entrada en funcionamento do Instituto da Estrada,  estudou primeiro de Bacharelato no Colexio Libre Adoptado Inmaculada Concepción. Completou o Ensino Medio en Zaragoza, e cursou Maxisterio en  Madrid, cidade na que segue  residindo, adicándose profesionalmente á docencia na Educación Primaria.   Practicamente toda a súa obra está inmiscida dentro  do ámbito lírico, e así  no ano 1.990 atopámonos perante  a súa primeira obra POEMAS DE CINZA ( Do autor, 1.990).  Tardará inda uns cantos anos   en volver  a publicar, feito que ocorrerá con TODO MORTE ( Río  Xuvia Edicións,  1.998), para continuar con ROSA ÍNTIMA ( Espiral Maior, 2.000), INVENTARIO DE FRAGMENTOS ( Libr. Follas Novas), 2.001) e LIBRO DAS VIAXES (  Litoral das Rías, 2.003).   Verbo de colaboracións súas  atopamos coa súa colaboración na obra ANTIFADA (Fundación Araguaney, 1.989 e 2.003). Asimesmo colaborou en HOMENAXE  A MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS ( Exma.Deputación da Coruña, 1.991). Tras varios anos volverá a aparecer unha  colaboración súa titulada “ Tres cantigas” na obra  COMERCIAL ( Río Xuvia Edicións, 1.998). A partir de aquí  pezas súas en obras colectivas xa van ser máis cotiás e así temos “ Dicir o teu nome” na obra “ MULLER DE DOCE SAL. HOMENAXE A INÉS CANOSA ( VTP, 2.001);  tamén na obra EN TRÁNSITO. POÉSIA GALEGA EN MADRID ( Ed. do Castro, 2.001),  obra que coordinou xunto con Vicente Araguas; “ Vel – ahí –vén” en 47 POETAS DE HOXE CANTAN A CURROS ENRÍQUEZ (Edicións Xerais de Galicia, 2.001);  “ Viaxe de regreso” en O TRAZO ABERTO ( Exma. Deputación Provincial de Pontevedra, 2.002 e, finalmente, unha selección da súa obra en 25 ANOS DE POÉSIA GALEGA 1.975 – 2.000 ( II) (  La Voz de Galicia, 2.002).   Tampouco a súa pluma lle fuxiu á narrativa, especialmente ao relato curto, como se pode observar en “ Día de Inverno”, inserido na obra 9º CONCURSO DE CUENTOS GALAICO – LEONESES ( Casa de Galicia de León, 1.992), co que gañou o certame na súa novena edición; “ Ao outro lado” en DEIXADE POIS QUE VOE O PAPORROIBO, QUE NOS CONTE CONTOS ( Edicións O Paporroibo, 1.999) e  “ sobremesa” na obra A TEMPO DE FAIOS ( Ed. do Castro, 2.001), co que acadou no accésit ao XXV Premio Modesto R. Figueiredo do ano 1.999).   Tamén é un asiduo colaborador en diferentes medios de prensa escrita, coma  “Encrucillada”, “ Luzes de Galiza”, “ Contrarretranca”, “ A Freita”,  “ Tabeirós Terra”,  “ O Correo Galego”…   Nas convocatorias dos anos 1.999 e  2.000 obtivo mencións de honor no Concurso  Xornalístico “ Manuel Reimóndez Portela”. Obra Día de inverno Autor: Pereira Valcárcel, Manuel Xénero: Narrativa Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica Descripción: Premio IX ed. Casa de Galicia en León. Días do final Autor: Pereira Valcárcel, Manuel Editorial: Editorial Galaxia Descripción: A morte aparece en primeiro plano indiscutible. O tempo como vencedor inexorable. Páxinas marcadas pola dor e o esgotamento, con palabras sutís que narran os derradeiros días da relación entre un pai e un fillo. Inventario de fragmentos Autor: Pereira Valcárcel, Manuel Xénero: Poesía Editorial: Libreria Follas Novas Colección: Libros da Frouma Páxinas: 120 Tamaño: 12,3 x 21,5 cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-85385-57-8 Descripción: Primeiro Premio Rosalía de Castro no XI Certame, correspondente ó ano 2001, promovido pola Casa de Galicia en Córdoba, na modalidade de lingua galega. Libro das viaxes Autor: Pereira Valcárcel, Manuel Xénero: Poesía Editorial: Litoral das Rias Colección: Hipocampo amigo Páxinas: 77 Tamaño: 15,0 x 21,5 cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-932093-6-8 olibrodasviaxes Poemas de cinza Autor: Pereira Valcárcel, Manuel Xénero: Poesía Editorial: Edición do autor Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica Rosa íntima Autor: Pereira Valcárcel, Manuel Xénero: Poesía Editorial: Espiral Maior Tamaño: 11,5 x 20,5 cms. Encuadernación: Rústica rosa intima Sobremesa Autor: Pereira Valcárcel, Manuel Xénero: Narración Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica Descripción: Accésit na edición do ano 1999 do concurso de narracións breves Modesto R. Figueiredo. Todo morte Autor: Pereira Valcárcel, Manuel Editorial: Edicios do Castro Descripción: 2ª edición do poemario. Todo morte Autor: Pereira Valcárcel, Manuel Xénero: Poesía Editorial: Edicións do Castro Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica Descripción:2ª edición do poemario.

Palmou Lorenzo, Jesús

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Palmóu Lorenzo, Jesús Obra As aparcerías agrarias(a súa evolución cara unha relación laboral)Autor: Palmou Lorenzo, JesúsEditorial: Fundación Alfredo Brañas. Edición en galego.Descripción:Tese de Doutaramento do letrado. Preténdese examinar o contrato de parcería desde a súa primeira regulación legal no Código Civil, ata a vixente Lei de Arrendamentos Rústicos, facendo fincapé naquelas modalidades territoriais que -como a galega- apenas experimentaron evolución, en contraste con outras(a canaria), que constitúen as antípodas deste suposto que tomamos como contraste. Las aparcerías agrarias (su evolución hacia una relación laboral)Autor: Palmou Lorenzo, JesúsEditorial: Fundación Alfredo Brañas e Editorial Reus, S.A. Edición en castelánDescripción:Tese de Doutaramento do letrado. Preténdese examinar o contrato de parcería desde a súa primeira regulación legal no Código Civil, ata a vixente Lei de Arrendamentos Rústicos, facendo fincapé naquelas modalidades territoriais que -como a galega- apenas experimentaron evolución, en contraste con outras(a canaria), que constitúen as antípodas deste suposto que tomamos como contraste.

Pai Soárez de Tabeirós

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Pai Soárez de Tabeirós Biografía Segundo os últimos estudos, moi especialmente os  desenrolados pola  profesora Dª Mercedes Brea López, foi  natural  das terras de Tabeirós e é  asimesmo, xunto   co seu  irmán Pero Velho, posiblemente dos máis antigos trobadores galegos ( primeiras décadas do século  XIII), dado que outros  trobadores máis antigos corresponden a trobadores situados  fóra  da Xeografía galega e portuguesa. Pertenceu á pequena nobleza galega e formou parte da que posiblemente sexa a “ primeira corte poética galega” da que temos noticia, a de Dº.  Rodrigo Gómez de Trastámara, Conde de Traba.   Consérvanse deste trobador quince Cantigas das cales dez son “ Cantigas de Amor”, tres “ cantigas de amigo” e dúas “ tençó”, unha  que mantén co seu irmán Pero Velho e outra con Martín Soarez.  A maior parte delas figuran no Cancioneiro de Ajuda.

Otero Rodríguez, Fátima Antía

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Otero Rodríguez, Fátima Antía Biografía A Estrada Obra O son da xordeiraAutor: Otero Rodríguez, Fatima AntiaXénero: PoesiaEditorial: Espiral Maior EdiciónsColección: PoesíaPrezo: 10 Euros.Páxinas: 70Encuadernación: Rústica.ISBN: 84-95625-72-5

Otero Fernández, David

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Otero Fernández, David Biografía Santiago de Compostela, 1946 Obra A vida de Eladio Rodríguez González Autor: Otero Fernández, David Editorial: Editorial Galaxia Descripción: Presenta de xeito claro, ameno e completo a biografía do intelectual homenaxeado co día das letras galegas do ano 2001, dende a súa infancia en terras do Ribeiro, onde naceu no ano 1864, ata a súa morte na Coruña en 1949. Chano Autor: Otero Fernández, David Xénero: Literatura infantil -xuvenil Editorial: Editorial Galaxia Colección: Arbore Páxinas: 116 Tamaño: 11,5 x 20,5 cm Encuadernación: Rústica ISBN: 84-7154-781-1 Descripción: CHANO é un rapaz con cuadrilla, con can Simbad incluído, que voa por cen espacios en mil tempos tan certos como incertos. Chano quere ser actor completo e non ten claro como selo. Faise preguntas e busca respostas cos seus amigos polo barrio adiante. Xuntos debuxan aventuras xigantes e ananas, gustan das carreiras e das ringleiras e abren os ollos por ver. Os dias transcorren novidosos; algúns tristes, outros bos e tamén regulares. Chano, tratando de explica-la realidade, fabrica un fermoso cadro a toda color para que poida velo quen queira. Chano e a súa cuadrilla, co can Simbad incluído, aínda que semellan disfrazarse, non ocultan nada, non precisan efectos especiais. Ti mesmo, se queres acompañalos, non precisas cinto de seguridade. Non te preocupes, todo irá ben Cousas para facer, dicir e pensar Autor: Otero Fernández, David Xénero: Poesia Editorial: Editorial Galaxia Colección: Tartaruga Prezo: 10 Euros. Páxinas: 24 Tamaño: 16 x 19 cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-7154-565-9 Descripción: Conxunto de poemas agrupados en tres partes. A primeira, «Para facer», contén oito textos sobre as diferentes partes do corpo e xogos de imitar e moverse. A segunda, «Para dicir», componse de catro, tematicamente referidos a obxectos cotiáns como a pelota ou a elementos da natureza (a auga, a nube e o sol). Na terceira, «Para pensar», figura un poema máis extenso sobre a nova escola galega, que terá de estar chea de vida e cor. Todos eles, en verso breve e con ritmo moi marcado, tenden á oralidade e á expresión corporal propia das primeiras idades, con estructuras repetitivas e sonoras que aportan unha grande musicalidade. O Albendar dos animais Autor: Otero Fernández, David Xénero: Poesia Editorial: Editorial Galaxia Colección: Tartaruga Prezo: 10 Euros. Páxinas: 20 Tamaño: 16 x 19 cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-7154-566-7 Descripción: Conxunto de nove poemas protagonizados por animais comúns ao espacio cotián do imaxinario infantil (a pomba, a gaivota, o paxariño, o pardal, o cabalo, a pulga, o rato e o gato ou a bolboreta). A proximidade aos primeiros lectores maniféstase asemade na sinxeleza compositiva, na linguaxe coloquial e no verso breve, desde unha concepción fundamentalmente rítmica. A sonoridade, a musicalidade en moitas ocasións onomatopeica ou froito da aliteración, constitúe o eixo duns poemas que teñen no xogo verbal propio da oralidade unha das súas principais virtudes. O Ciridonio Autor: Otero Fernández, David Editorial: Edicións Fervenza Descripción: Adaptación teatral, do texto orixinal do mesmo título de Manuel García Barros, do seu libro Contiños da terra. Para iso esta o futuro Autor: Otero Fernández, David Xénero: Poesia Editorial: Edicións Fervenza Colección: O Cartafol de Vilancosta – Collectione Páxinas: 43 Tamaño: 16,5 x 21,0 cms Encuadernación: Rústica ISBN: 84-932977-1-2 Descripción: Cuberta e ilustracións: Manuel Fragoso Por se che pasa Autor: Otero Fernández, David Xénero: Literatura infantil -xuvenil Editorial: Editorial Galaxia Colección: Tartaruga Páxinas: 24 Tamaño: 16 x 19 cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-7154-650-7 Descripción: Un grande tractorista dirixiuse a unha aldea co seu tractor. Os nenos, que estaban de vacacións, saíronlle ao encontro e no quinteiro pedíronlle, por encargo dos seus pais, que fose traballar ás súas casas. Para decidir a cál iría, preguntoulles cómo enfriaban o leite. Na neveira, con auga, botándolle galletas e mollando nel pan torrado con manteiga salgada… Esta última foi a resposta que máis lle gustou, polo que xa soubo ónde traballar: na casa da nena á que se lle ocorrera. Nela, antes de empezar o traballo, almorzaron os dous para celebralo. Historia sinxela e de texto mínimo cun elemento lúdico curioso: os nomes do señor, da aldea ou da rapaza ten que os decidir o lector escollendo entre as longas series de nomes propios que aparecen nas correspondentes páxinas. Que facer coas palabras Autor: Otero Fernández, David Editorial: Editorial Galaxia Colección: Ágora Prezo: 0.00 Euros. / 0 Ptas. Páxinas: 84 Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-7154-799-6 Ramón de Liripio. (Un colo no que contar) Autor: Otero Fernández, David Editorial: Fundación Cultural da Estrada Descripción:Percorrido pola vida desta peculiar figura, onde aparecen contos e anécdotas deste personaxe tan entrañable e coñecido.

Nuñez Gestoso, Manuel

Cultura Menu Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Close Persoeiros das letras Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía Escritores de hoxe Arte: Galería virtual Mulleres valentes Biblioteca municipal Redes Sociais Enlaces externos Núñez Gestos, Manuel Biografía Nació en Santa Cristina de Vinseiro ( A Estrada) en el año 1.920. Comenzó sus estudios de bachillerato en el Instituto de A Estrada, pasando luego a la Normal de Pontevedra, donde cursó Magisterio. Siendo maestro nacional, sintió la llamada del sacerdocio, ingresando en el Seminario Diocesano de Tui. Una vez ordenado sacerdote, fue nombrado profesor de Matemáticas de dicho Seminario, ejerciendo la docencia  a lo largo de 37 años, hasta su jubilación. Tiene publicados dos ensayos, un titulado AS FAMILIAS DA AVIFAUNA GALEGA (Imprenta Gráficas Lomba, 1.985) y otro, un tratado de apoloxética, titulado VERDADES DA NOSA FE (Artes Gráficas Dayro, 1.998). Muchos poemas suyos fueron insertados en diversas publicaciones.  También hace falta destacar que dos obras suyas en nuestro idioma aún permanecen  en el anonimato: LEMBRAMZAS DO CORPIÑO y HISTORIA DE SANTA CRISTINA DE VINSEIRO.

Scroll al inicio
Ir al contenido