IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
Cultura Menu Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Arte: Galería virtual Mulleres valentes IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán Estrada Escena Primavera 2024 Redes Sociais Biblioteca municipal Conservatorio de música Fundación Cultural da Estrada Close Persoeiros das letras Escritores de hoxe Premios literarios Premio de Novela M. García Barros Premiados Novela Xornalístico Poesía IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Arte: Galería virtual Mulleres valentes IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán Estrada Escena Primavera 2024 Redes Sociais Biblioteca municipal Conservatorio de música Fundación Cultural da Estrada IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Bases Primeira Poderán optar ao IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia. O(s) autor(es) ou autora(s) garantirán a autoría e orixinalidade da obra presentada ao premio, así como que non é copia ou modificación de ningunha obra allea nin integral nin parcialmente. Segunda Poderán concorrer ao premio tanto unha soa persoa autora da parte textual e da gráfica coma dúas ou máis persoas coautoras da parte textual e/ou gráfica. Terceira As obras serán presentadas co texto en lingua galega, seguindo a normativa oficial establecida pola RAG/ILG. Cuarta As obras a concurso deberán cumprir tamén as seguintes condicións: – O texto do álbum poderá presentarse xa incorporado á parte gráfica ou tamén por separado dela. En caso de presentarse o texto por separado enviaranse cinco copias impresas deste e outro xogo doutras cinco copias a cor do conxunto de ilustracións. Tamén deberán achegarse indicacións precisas de onde debe figurar o texto en cada páxina ilustrada. En caso de presentarse o texto xa incorporado á parte gráfica deberán enviarse cinco copias impresas a cor do álbum. – As obras deberán ter unha extensión, sen incluír a cuberta e contracuberta e as gardas, dun mínimo de 24 páxinas e un máximo de 56 páxinas cun un tamaño de 240×210 mm en formato horizontal ou 170×240 mm en formato vertical. – Os álbums presentaranse con título e baixo pseudónimo. Nun sobre á parte e cerrado figurarán o nome completo, DNI, enderezo postal e electrónico e máis o teléfono do autor ou autora. Todos estos datos de cada un dos autores da obra. – O autor/a ou autores/as presentarán na plica unha declaración xurada conforme de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non estar incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente. Quinta O prazo de admisión de orixinais rematará o 24 de febreiro de 2024. Os álbums deberán enviarse ao seguinte enderezo: IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado Concello da Estrada Praza da Constitución, 1 36680 A Estrada (Pontevedra) Sexta Establécese un premio único de 4.000 euros para o gañador ou gañadora, suxeito ás retencións que, no seu caso, procedan. De seren dúas ou máis as persoas gañadoras, a contía do premio repartirase equitativamente entre todas elas. O premio poderá xestionarse por tramitación anticipada de gastos, co obxecto de iniciar a tramitación no exercicio 2023, e adxudicar (disposición de gastos) e recoñecer o importe da obriga con cargo aos orzamentos de 2024, en concreto, na aplicación orzamentaria 2024/01/330/48100. Sétima O álbum gañador será publicado pola Editorial Galaxia. Oitava O xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio vinculadas ao mundo da creación e/ou da crítica literaria ou artística e será designado polo Concello da Estrada (tres membros), a Secretaría Xeral de Política Lingüística (un membro) e a Editorial Galaxia (un membro). Actuará como secretario ou secretaria do xurado, un dos membros do xurado a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio outorgarase por maioría simple de votos, podendo ser declarado deserto se o xurado así o estima. A decisión do xurado será inapelable. Novena As presentes bases publicaranse na web municipal www.aestrada.gal, na app do Concello e nas súas redes sociais. O extracto da convocatoria desta subvención publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Posteriormente, a BDNS dará traslado do extracto desta ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación. Décima Os orixinais non premiados poderán ser retirados polos autores ou autoras nas dependencias do Concello da Estrada durante o prazo de 15 días que comezará a contar a partir do día no que se faga público o veredicto do xurado. Transcorrido este prazo, os orixinais serán destruídos. Para a retirada dos orixinais deberase pedir cita por correo-e ao seguinte enderezo cultura@aestrada.gal. Undécima A presentación ao premio implica por parte dos ou das concursantes a aceptación total destas bases. Descargar bases.